Onda sísmica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sismógrafo, aparello empregado para medir as ondas

As ondas sísmicas son un tipo de ondas mecánicas lonxitudinais ou transversais que constitúen a propagación temporal de perturbacións no campo de esforzos, xerando vibracións ou movementos polo medio que atravesan. Son as causantes dos terremotos, debido á brusca liberación da enerxía de ditas ondas acumulada nas rochas sometidas a esforzo, cando as ondas colisionan con elas. A ciencia que se ocupa do estudo de este tipo de ondas chámase sismoloxía. O sismógrafo, inventado por John Milne, é o aparello que rexistra ditas ondas.

Tipos de ondas[editar | editar a fonte]

Ondas P[editar | editar a fonte]

Onda P

Son tamén chamadas ondas primarias, lonxitudinais ou de compresión, e débese a que ao seu paso as partículas só vibran na mesma dirección que o raio sísmico. Polo tanto, o solo comprímese e dilátase tamén na mesma dirección que a onda. Neste sentido semellan ás ondas sonoras. Son as ondas que se propagan con maior velocidade, case o dobre de rápido que as ondas S, e as primeiras en detectarse polos sismógrafos. Desprázanse en calquera tipo de medio, tanto sólido coma fluído, xa que dependen da comprensibilidade do medio. A velocidade de propagación das ondas P ten a seguinte ecuación:

v_p= \sqrt{ \frac {K+\frac{4}{3}\mu} {\rho}}
Onda P en medio sólido e líquido

onde:

  • K é o módulo de incompresibilidade
  • ρ é a densidade do material a través do cal se propaga a onda.
  • μ é o módulo de corte ou rixidez.
Medio Vcde (m/s)
Aire 330
Auga 1.450
Granito 5.000

Ondas S[editar | editar a fonte]

Ondas P, S e superficiais

Son tamén chamadas ondas secundarias, transversais ou de cizalla, é isto débese a que, ao seu paso, fan vibrar as partículas oscilando nun plano perpendicular á dirección de propagación das ondas. A súa velocidade de propagación é menor ca das ondas P, e dependen para desprazarse da elasticidade do medio, polo que non se desprazarán en medios fluídos. Esta característica das ondas S será vital para coñecer a estrutura interna de calquera planeta. A ecuación que determina a velocidade das ondas S é a seguinte:

v_s=\sqrt{\frac{\mu}{\rho}}

onde:

  • ρ é a densidade do material a través do cal se propaga a onda.
  • μ é o módulo de corte ou rixidez.

Ondas superficiais[editar | editar a fonte]

As ondas superficiais, ou de superficie son varios tipos de ondas que son as verdadeiras responsables das catástrofes naturais, é dicir, dos danos na superficie da codia terrestre. Polo tanto, non se empregan para o estudo do interior da Terra.

Love[editar | editar a fonte]

Foron descubertas polo científico e investigador inglés A. Love no ano 1911. O seu movemento descríbese horizontalmente ou en zigzag sobre a superficie terrestre, nun movemento parecido á reptación dunha serpe. Son lixeiramente máis lentas cas ondas P e as ondas S.

Rayleing[editar | editar a fonte]

O nome destas ondas provén do investigador británico John William Strutt, coñecido coma Lord Rayleigh, barón da familia dos Rayleigh, no ano 1885. O seu movemento e parecido ao dunha onda mariña, producindo un movemento elíptico. Tamén son chamadas ground roll.

Estudo das ondas[editar | editar a fonte]

O estudo das ondas sísmicas pode ter innumerables vantaxes para predicir terremotos, danos, ou simplemente para o estudo do interior da Terra.

Método sísmico[editar | editar a fonte]

Mediante o estudo das ondas sísmicas e as súas propiedades podemos determinar a composición dos materias que forman o interior da Terra, xa que determinadas ondas só atravesan medios sólidos e outras atravesan ambos. As ondas S e P permítenos determinar o tipo de capas do que está feito o noso planeta e ata que profundidade.