Georgius Agricola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Georgius Agricola.jpg

Georgius Agricola ou Georg Pawer (Glauchau, 24 de marzo de 1494? Chemnitz, 21 de novembro] de 1555) é considerado o pai da xeoloxía moderna.

Os seus estudos sistemáticos, da terra e das súas rochas, minerais e fósiles, contribuíron enormemente para a minería, metalurxia, mineraloxía, xeoloxía estrutural e paleontoloxía. Nacido na Saxonia, Agricola estudou na Universidade de Leipzig.

En 1522 comezou a estudar medicina, primeiro en Leipzig e despois en Boloña e Padua en Italia onde se graduou en 1526. Nunca foi gran amante da medicina, dedicando os seus estudos á xeoloxía e á mineraloxía. Comezou a exercer a medicina en Joachimsthal en 1527, que era un importante centro mineiro de prata. O seu traballo integra a observación e a documentación de toda a tecnoloxía mineira da época.

En 1531 deixou a Bohemia (hoxe Jachymov, na República Checa) e retornou a Saxonia para asumir o cargo de médico en Chemnitz, onde permaneceu até a súa morte. En Chemnitz exerceu varias funcións públicas, entre elas a de burgomestre (prefecto). É desa cidade que el enviou ao prelo unha longa serie de traballos, iniciada xa na súa estada en St. Joachimsthal. Da lista de publicacións constan desde un libelo político contra os [Turquía|turcos]] (que venceran Viena en 1529) até títulos de metroloxía, filosofía, mineraloxía, xeoloxía de mina e económica, minería, zooloxía, medicina e historia. Dúas obras publicadas nese período levaron a Agrícola a ser considerado o Pai da Mineraloxía: De ortu et causis subterraneorum libri V (Xénese dos materiais no interior da Terra, en cinco libros) e De Natura Fossilium ("Os fósiles naturais"), libro que trata dos fósiles, na época considerados como restos mortais de monstros pre-diluvianos. Ambos os libros son de 1546. De Re Metallica ("Da natureza dos metais"), considerado un clásico da mineraloxía, foi publicado un ano despois da súa morte. Na composición desa obra, a gran tarefa de Agrícola consistiu, alén de compilar observacións propias, en tratar e organizar un vasto conxunto de coñecementos e prácticas en franco desenvolvemento, para as cales sequera había terminoloxía latina apropiada. Acabou creando diversos neoloxismos en latín, que tentaban traducir expresións alemás dos mineiros da Erzgebige. [1] [1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ALKMIM, Fernando Flecha. Obra-prima renascentista. Memória Hoje. Rio de Janeiro: Instituto Ciência Hoje, 2009.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]