Cinderella (filme de 1950)
| Cinderella | |
|---|---|
| Título orixinal | Cinderella |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Clyde Geronimi Hamilton Luske Wilfred Jackson |
| Produtor | Walt Disney |
| Guión | Ken Anderson Perce Pearce Homer Brightman Winston Hibler Bill Peet Erdman Penner Harry Reeves Joe Rinaldi Ted Sears |
| Baseado en | Cinderella de Charles Perrault |
| Intérpretes | Ilene Woods Eleanor Audley Verna Felton Rhoda Williams James MacDonald Luis Van Rooten Don Barclay Mike Douglas Lucille Bliss |
| Música | Paul J. Smith Oliver Wallace |
| Fotografía | |
| Montaxe | Donald Halliday |
| Estudio | Walt Disney Productions |
| Distribuidor | RKO Radio Pictures |
| Ano | 1950 |
| Duración | 72 minutos |
| País | |
| Xénero | Animación, Infantil |
| Orzamento | $3.000.000 |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Cinderella ou A Cincenta é un clásico filme de animación, baseado no relato de Charles Perrault. É o duodécimo filme producido por Walt Disney Pictures, estreado o 15 de febreiro de 1950, e distribuído por RKO Radio Pictures nos cines dos Estados Unidos. Cancións do filme inclúen "A Dream Is a Wish Your Heart Makes", "Bibbidi-Bobbidi-Boo", "So This Is Love", "Sing Sweet Nightingale", "The Work Song", e "Cinderella." Os cancións fose escrita e composta por Mack David, Al Hoffman, e Jerry Livingston. O filme é dirixido por Clyde Geromini, Wilfred Jackson, e Hamilton Lusk.
Índice |
Argumento
Cincenta é unha fermosa moza que, despois da morte do seu pai é forzada a facer de serva da súa madrasta e das súas fillas que a explotan, mentres elas desbalden a fortuna do seu falecido pai. Un día, chega un convite para unha gran festa que ía ofrecer o príncipe, e Cincenta ve unha oportunidade para se poder sentir como as outras rapazas da súa idade. Coa máxica axuda da súa fada madriña consegue ir ao baile e cae namorada do príncipe, mais ás doce da medianoite vese na obriga de voltar a casa deixando o príncipe. Este que tamén se namorou da bélida Cincenta realiza unha pescuda para a atopar grazas ao zapatiño de cristal que deixou esquecido na súa pronta fuxida, indo por todo o reino probándollo ás raparigas casadeiras. Após descubrir que o zapatiño pertencía a Cincenta, xa que ás outras mozas non lles serviu, ambos os dous casan e rematan felices para sempre.
Personaxes
- Betty Lou Gerson como Narrador
- Ilene Woods como Cinderella
- Eleanor Audley como Lady Tremaine
- Luis Van Rooten como Grand Duque e o Rei
- Jimmy MacDonald como Jaq, Gus e Bruno
- William Phipps (Mike Douglas, cantando) como Príncipe Encantador
- Lucille Bliss como Anastasia Tremaine
- Rhoda Williams como Drizella Tremaine
- Verna Felton como Fada madriña
- Don Barclay como Footman
- June Foray como Lucifer
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)