House Un-American Activities Committee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O House Committee on Un-American Activities (HUAC), en galego Comité da Cámara sobre Actividades Non Americanas, foi un comité de investigación do Congreso dos Estados Unidos de América. Creouse en 1938 para descubrir cidadáns estadounidenses con ligazóns co Nazismo, pero foi máis coñecido polo seu labor de investigación de supostas deslealtades de actividades subversivas por parte de cidadáns privados. As investigacións anticomunistas do comité adoitan ser confundidas coas do senador Joseph McCarthy.

Precursores[editar | editar a fonte]

  • O Comité Overman (1918-1919) creouse para investigar sentimentos proxermánicos na industria licoreira, pero tras finalizar a Primeira Guerra Mundial tamén investigou actividades bolxeviques.
  • O Comité Fish investigou persoas e organizacións sospeitosas de levar a cabo actividades comunistas no país.
  • O Comité McCormack-Dickstein (1934-1937) investigou propaganda nazi.
  • O Comité Dies (1938-1944) creouse para investigar actividades subversivas por parte de cidadáns privados, empregados públicos e organizacións sospeitosas de ter ligazóns comunistas ou fascistas.[1][2]

Comité permanente[editar | editar a fonte]

O House Committee on Un-American Activities converteuse en comité permanente en 1945, presidido polo congresista Edward J. Hart, de Nova Jersey.[3]

En 1947 o comité estivo nove días escoitando sospeitosos de propaganda comunista dentro da industria do cinema de Hollywood. Finalmente, tras negarse a responder a certas cuestións os chamados "Hollywood Ten" foron incluídos nunha lista negra pola industria. Máis de trescentos artistas, especialmente guionistas, foron boicoteados polos estudios. Algúns, como Charles Chaplin ou Orson Welles abandonaron os Estados Unidos para conseguir traballo. Algúns xefes dos estudios informaron ao comité que filmes rodados durante a guerra como Mission to Moscow e The North Star podían ser considerados propaganda pro-soviética, pero eran valiosos no contexto do apoio aos aliados e foron feitos, como Mission to Moscow, por petición da Casa Branca. Como resposta ás investigacións do comité moitos estudios produciron filmes de propaganda anti-soviética, como The Red Danube, I Married a Communist ou I Was a Communist for the FBI. O único estudio grande que non o fixo foi Universal-International Pictures.

O prestixio do comité comezou a minguar a finais da década de 1950. En 1959 o expresidente Harry S. Truman definiuno como "a cousa máis non americano do país na actualidade."[4] Segundo avanzaba a década seguinte convertiuse no obxectivo de moitas sátiras políticas e dunha nova xeración de activistas políticos.

Nun intento de reconverterse, en 1969 cambiou o seu nome polo de "House Committee on Internal Security", pero finalmente foi abolido en 1975.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Finkelman, Paul (10 de outubro de 2006). Encyclopedia of American Civil Liberties. CRC Press. p. 780. ISBN 978-0-415-94342-0. http://books.google.com/books?id=YoI14vYA8r0C&pg=PA780. Consultado o 25 de maio de 2011.
  2. "House Un-American Activities Committee". Eleanor Roosevelt National Historic Site. National Park Service. Arquivado do orixinal o 2010-05-29. http://web.archive.org/web/20100529011543/http://www.nps.gov/archive/elro/glossary/huac.htm. Consultado o 25 de maio de 2011.
  3. Goodman, Walter (1968). The Committee. Nova York: Farrar, Straus and Giroux.
  4. Whitfield, Stephen J. (1996). The Culture of the Cold War. The Johns Hopkins University Press.
  5. Frum, David (2000). How We Got Here: The '70s. Nova York: Basic Books. ISBN 0-465-04195-7.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]