Bambi
| Bambi | |
|---|---|
| Título orixinal | Bambi |
| Ficha técnica | |
| Director | David Hand James Algar Samuel Armstrong Graham Heid Bill Roberts Paul Satterfield Norman Wright |
| Produtor | Walt Disney |
| Guión | Perce Pearce Larry Morey Vernon Stallings Melvin Shaw Carl Fallberg Chuck Couch Ralph Wright |
| Baseado en | Bambi, ein Leben im Walde de Felix Salten |
| Intérpretes | Bobby Stewart Donnie Dunagan Hardie Albright John Sutherland Paula Winslowe Peter Behn Tim Davis Sam Edwards Will Wright Cammie King Ann Gillis Fred Shields Stan Alexander Sterling Holloway |
| Música | Frank Churchill Edward H. Plumb |
| Fotografía | |
| Montaxe | |
| Estudio | Walt Disney Productions |
| Distribuidor | RKO Radio Pictures |
| Ano | 1942 |
| Duración | 70 minutos |
| País | |
| Xénero | Animación, Infantil |
| Orzamento | $858.000 |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Bambi é un clásico filme de animación en Technicolor, baseado no relato Bambi, unha vida no bosque (Bambi, ein Leben im Walde no orixinal alemán), publicado en 1923 polo autor austríaco Felix Salten. É o quinto filme de animación producido por Walt Disney Pictures, estreado o 13 de agosto de 1942, e distribuído por RKO Radio Pictures nos salas de cinema dos Estados Unidos.
Os personaxes principais son Bambi, un cervo de cola branca, os seus pais (o Gran Príncipe do bosque e súa nai), os seus amigos Tambor (un coello de fociño rosado) e Flor (unha mofeta), e a súa amiga de infancia e futura compañeirao, Faline. Para este filme, Disney decidiu cambiar a especie de Bambi dun corzo da historia na historia orixinal xa que é un animal que non vive en América para un cervo de cola branca que é máis familiar para americanos. Este filme foi premiado con tres Oscar, nas categorías de Mellor Son, Mellor Canción para Love Is a Song interpretada por Donald Novis e Mellor Banda Sonora.
Índice |
Argumento
Bambi é a historia dun veado contada desde a súa percepción dos acontecementos. Cos seus amigos, como Tambor o coello ou Flor a mofeta, irá descubrindo sabias leccións ao respecto do amor e mais da vida. O perigo vén representado polo ser humano, que Bambi vai comprendendo a través de duras experiencias como a perda da nai, que cae abatida polo cazadores.
Comentarios e anécdotas
A produción do filme xurde como evasión lúdica perante os tempos aciagos que se estaban a vivir en Norteamérica. En Bambi, as referencias á guerra son basicamente insinuacións, mais cómpre lembrar que daquela a compañía Disney colaboraba co goberno e o exército estadounidenses, prestándolles os estudios e ofrecéndolles axuda técnica para a publicación de propaganda militar e máis a concienciación social mediante os seus propios guións.
Bambi, ao igual que os cinco primeiros filmes da Disney, non recadou grandes sumas de diñeiro (sacando Brancaneves e os sete ananiños), porén foi gañando adeptos e seguidores ó longo do tempo.
A versión animada da historia omite a varios personaxes do libro, tales como Gobo, Karus o Rono e mesmo pasa por alto certas incursións e encontros co Home. Por outra banda, os carismáticos personaxes de Flor e Tambor son invencións da Disney.
Na versión arxentina (1943) Narciso Ibáñez Serrador encargouse da dobraxe de Tambor. Supuxo o seu debut profesional con tan só oito anos.
Bambi é o filme da Disney con máis diálogos da época (aproximadamente 70)[Cómpre referencia].
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)