Snow White and the Seven Dwarfs
| Snow White and the Seven Dwarfs | |
|---|---|
| Título orixinal | Snow White and the Seven Dwarfs |
Escena do tráiler |
|
| Ficha técnica | |
| Director | David Hand William Cottrell Wilfred Jackson Larry Morey Perce Pearce Ben Sharpsteen |
| Produtor | Walt Disney |
| Guión | Ted Sears Richard Creedon Otto Englander Dick Rickard Earl Hurd Merrill De Maris Dorothy Ann Blank Webb Smith |
| Baseado en | Brancaneves dos Irmáns Grimm |
| Intérpretes | Adriana Caselotti Lucille La Verne Harry Stockwell Pinto Colvig Roy Atwell |
| Música | Frank Churchill Paul Smith Leigh Harline |
| Fotografía | |
| Montaxe | |
| Estudio | Walt Disney Productions |
| Distribuidor | RKO Radio Pictures |
| Ano | 1937 |
| Duración | 83 minutos |
| País | |
| Xénero | Animación, Infantil |
| Orzamento | $1.488.423 |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Snow White and the Seven Dwarfs (en galego: Brancaneves e os sete ananos) é o primeiro filme de animación producido por Walt Disney Pictures, estreado o 21 de decembro de 1937, e distribuído por RKO Radio Pictures, co que a empresa Disney tiña asinado un acordo de distribución, dende o 8 de febreiro de 1938 nos cines dos Estados Unidos. O guión do filme baséase na famoso conto de fadas Brancaneves dos irmáns Grimm. Como no conto orixinal, unha malvada raíña, ao ter envexa da beleza da princesa, ordena o seu asasinato; porén, a princesa consegue escapar e atopar refuxio no bosque con sete ananos.
Índice |
Argumento
Snow White and the Seven Dwarfs é a historia dunha bela princesa chamada Brancaneves. A raíña do lugar, aínda que é bela, segundo o seu espello máxico non o é tanto como a princesa Brancaneves. A súa envexa e maldade fan que queira asasinar a princesa Brancaneves. Esta consegue fuxir, e dá coa cabana dos sete ananos, traballadores dunha mina, que deciden protexela.
Tempo despois, a raíña descobre que Brancaneves continúa con vida, e entón disfrázase para matala cunha mazá envelenada, que lle causa un sono profundo a Brancaneves. Finalmente, Brancaneves é salvada polo príncipe, que a esperta cun bico de amor.
Voces
- Adriana Caselotti como Brancaneves
- Lucille La Verne como a Raíña
- Pinto Colvig como Grumpy
- Roy Atwell como Doc
- Billy Gilbert como Sneezy
- Scotty Mattraw como Bashful
- Otis Harlan como Feliz
- Eddie Collins como Dopey
- Harry Stockwell como o Príncipe
- Moroni Olsen como o espello máxico
- Stuart Buchanan como Huntsman
- Marion Darlington como as aves
Galardóns e nomeamentos
Comentarios e anécdotas
O guión do filme foi adaptado por Dorothy Ann Blank, Richard Creedon, Merrill De Maris, Otto England, Earl Hurd, Dick Rickard, Ted Sears e Webb Smith. David Hand serviu como supervisor-xefe, e William Cottrell, Wilfred Jackson Larry Morey, Perca Pearce e Ben Sharpsteen foron responsables da dirección das secuencias.
O filme foi o maior éxito do ano 1938 e, tendo en conta a inflación, unha das longametraxes que máis billetes vendeu en toda a historia do cine.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)