Goofy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Goofy e mais Minnie

Goofy é un personaxe de animación, un can da raza Bloodhound de debuxos animados creado polos Estudios Walt Disney coma compañeiro de Mickey Mouse. O seu nome orixinal era Dippy Dawg mais mudouse despois ao de Goofy Goof. Apareceu por vez primeira co nome Dippy Dawg en 1933, na revista "Mickey Mouse Magazine" . Tamén apareceu como corepresentante na curtametraxe "Mickey´s Revue" dirixida por Wilfred Jackson.

É un antiheroe bo mais inxenuo, que vive no seu mundo e protagoniza gags de humor blanco, basados en caídas, malentendidos e bromas infantís. Tamén acostuma dar consellos morais aos nenos e aparece coma bo pai, co seu fillo Max Goof. Sería unha ficcionalización do home familiar de clase media americano. Apareceu en diversas películas de animación e incluso coma personaxe dun videoxogo. Ás veces transfórmase nun superheroe, Supergoofy, sen que quede claro se esta identidade é froito ou non da súa fantasía.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Goofy