O cabaleiro escuro
| O cabaleiro escuro | |
|---|---|
| Título orixinal | The Dark Knight |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Christopher Nolan |
| Produtor | Christopher Nolan Charles Roven Emma Thomas |
| Guión | Libreto: Jonathan Nolan e Christopher Nolan. Argumento: David S. Goyer e Christopher Nolan. Cómic: Bob Kane. |
| Baseado en | {{{baseado}}} |
| Intérpretes | Christian Bale Michael Caine Heath Ledger Gary Oldman Aaron Eckhart Maggie Gyllenhaal Morgan Freeman |
| Música | Hans Zimmer James Newton Howard |
| Fotografía | Wally Pfister |
| Montaxe | Lee Smith |
| Estudio | {{{estudio}}} |
| Distribuidor | Warner Bros |
| Ano | |
| Duración | 152 minutos |
| País | |
| Xénero | Acción, Thriller |
| Orzamento | $185.000.000 |
| Filme anterior | Batman empeza |
| Filme seguinte | The Dark Knight Rises |
| Ficha en IMDb | |
O cabaleiro escuro (na versión orixinal The Dark Knight) é un filme norteamericano de 2008 dirixido por Christopher Nolan, secuela do filme Batman empeza (2005) e baseado como aquel en Batman, personaxe de banda deseñada de DC Comics. O argumento do filme céntrase na loita de Batman contra o malévolo Joker e nas súas relacións co tenente de policía James Gordon, o fiscal de distrito Harvey Dent e Rachel Dawes. Para a realización do filme, Nolan baseouse nas dúas primeiras aparicións do Joker nos cómics e en Batman: The Long Halloween. O cabaleiro escuro filmouse principalmente en Chicago pero tamén se incluíron outras localizacións dos Estados Unidos, Reino Unido e Hong Kong. A duración oficial do filme é de 147 minutos, o que a fai a máis longa adaptación cinematográfica de Batman xamais realizada. O filme converteuse nun éxito recadando en todo o mundo máis de 997 millóns de dólares.
Heath Ledger, o actor que encarnou ao Joker morreu dunha sobredose de pastillas para durmir o 2 de xaneiro de 2008, logo de rematar o seu traballo. A estrea mundial do filme realizouse o 14 de xullo en Nova York. O 16 de xullo estreouse en Australia e deseguido nos Estados Unidos o 18 de xullo e no Reino Unido o 24 de xullo. Nos cinemas galegos estreouse o 13 de agosto e en galego na TVG o 22 de marzo de 2012.[1]
Foi candidata aos Premios Goya á mellor película europea en 2008.
Índice |
Argumento [editar]
Batman (Christian Bale) regresa para continuar a súa guerra contra o crime. Coa axuda do tenente Jim Gordon (Gary Oldman) e do Fiscal do Distrito Harvey Dent (Aaron Eckhart), Batman proponse destruír o crime organizado na cidade de Gotham. O triunvirato demostra a súa eficacia, pero, de repente, aparece o Joker (Heath Ledger), un novo criminal que desencadea o caos e ten aterrados ós cidadáns.
Personaxes [editar]
- Christian Bale como Bruce Wayne / Batman
- Heath Ledger como Joker
- Aaron Eckhart como Harvey Dent
- Michael Caine como Alfred Pennyworth
- Maggie Gyllenhaal como Rachel Dawes
- Gary Oldman acomo James Gordon
- Morgan Freeman como Lucius Fox
- Chin Han como Lau
- Eric Roberts como Sal Maroni
- Colin McFarlane como Gillian B. Loeb
Premios [editar]
- 2008: 2 Oscar: Mellor actor secundario (Heath Ledger), montaxe de son. 8 nomeamentos.
- 2008: Globo de Ouro: Mellor actor secundario (Heath Ledger).
- 2008: BAFTA: Mellor actor secundario (Heath Ledger). 9 nomeamentos.
- 2008: Festival de Toronto: Mellor actor secundario.
- 2008: Premios Goya: Nomeado á mellor Película Europea.
Notas [editar]
- ↑ "O cabaleiro escuro na TVG". Radio Fusión. 22 de marzo de 2012. http://radiofusion.eu/manager.php?p=FichaNova&ID=13113. Consultado o 9 de marzo de 2013.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina oficial (en inglés)
- Ficha na IMDb (en inglés)
- All Rovi (en inglés)