Matt Damon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Matt Damon
Matt Damon 2013.jpg
Damon no 2013.
Nacemento Matthew Paige Damon
8 de outubro de 1970 (44 anos)
Cambridge, Massachusetts, Estados Unidos de América Estados Unidos
Profesión Actor, guionista e produtor (1988–presente)
Cónxuxe(s) Luciana Bozán Barroso (2005-presente)
Fillo(s) Alexia (fillastra)
Isabella (nada no 2006)
Gia (nada o 2008)
Stella (nada no 2010)
Ficha na IMDb

Matthew Paige "Matt" Damon, nado en Cambridge (Massachusetts) o 8 de outubro de 1970, é un actor, guionista e produtor de cine estadounidense. Foi gañador do Óscar ó mellor guión orixinal por Good Will Hunting e nomeado ó Óscar ó mellor actor polo mesmo filme.

Comezos[editar | editar a fonte]

Matt Damon é fillo de Kent Telfer Damon, un axente inmobiliario e corredor de accións, e Nancy Carlsson-Paige, mestra de educación infantil e na Universidade de Lesley.

Estudou na Cambridge Rindge and Latin School na súa cidade natal, onde fixo amizade cun veciño e tamén alumno desta escola, Ben Affleck, que comparten o mesmo soño de se converter en actor de cine. Finalmente, xuntos protagonizaron e escribiron o guión para o filme Good Will Hunting. Formouse en 1988 e comezou a estudar na Universidade de Harvard, pero non rematou os estudos porque comezou cos seus primeiros traballos como actor.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa carreira iniciouse tralo éxito do filme Good Will Hunting (1997), cun guión que escribiu co seu amigo Ben Affleck. Ámbolos dous gañaron o Óscar ó mellor guión orixinal e o Globo de Ouro ó mellor guión polo seu traballo. Por outra banda, Damon obtivo múltiples nomeamentos ó mellor actor, incluíndo o Premio da Academia.

Brad Pitt, George Clooney, Damon, Andy García, Julia Roberts (o reparto de Ocean's Eleven), co director Steven Soderbergh en decembro de 2001.

Dende entón, protagonizou filmes de grande éxito comercial, como Saving Private Ryan (1998), The Bourne Identity (2002), The Bourne Supremacy (2004), The Bourne Ultimatum (2007), Syriana (2005), The Good Shepherd (2006), e Infiltrados (2006).

Tamén acadou un nomeamento ós Globos de Ouro por interpretar ó personaxe principal en The Talented Mr. Ripley (1999) e foi nomeado a un Premio da Academia por mellor actor secundario en Invictus (2009). É considerado como un dos corenta mellores actores de cine de tódolos tempos.

O 25 de xullo de 2007, Damon recibiu unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood e foi nomeado como o home máis sexy vivo pola revista People. Damon está moi involucrado no traballo humanitario, incluíndo proxectos como ONE Campaign, H2O Africa Foundation, e Water.org.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Damon coa súa muller Luciana Bozán Barroso no Festival Internacional de Cine de Venecia no 2009.

Damon estivo saíndo con Minnie Driver, a súa compañeira en Good Will Hunting. Despois diso, tivo unha relación de dous anos coa actriz Winona Ryder. Dende o ano 2001 ó 2003, saiu con Odessa Whitmire, a ex-asistente persoal de Billy Bob Thornton e Ben Affleck.

Damon está casado coa arxentina Luciana Bozán Barroso, a quen coñeceu en Miami mentres participaba no filme Stuck on You. A parella ten tres fillas; Isabella, Gia Zavala Damon e Stella Zavala Damon. Luciana Barroso tiña outra filla chamada Alexia do seu primeiro casamento, que tamén foi adoptada por el. Dende o ano 2010, a familia vive en Manhattan.

Damon é seareiro declarado dos Boston Red Sox. Despois de que o equipo gañase a World Series do 2007 relatou o lanzamento do DVD conmemorativo do evento.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Matt Damon promocionando o The Bourne Ultimatum (2007)
Damon nunha gala en San Francisco, en outubro de 2008.
Filme e televisión
Ano Título Personaxe Notas
1988 Mystic Pizza Steamer
1988 The Good Mother Extra
1989 Field of Dreams Extra en Fenway Park
1992 School Ties Charlie Dillon
1993 Xerónimo 2º Lt. Britton Davis
1996 Glory Daze Edgar Pudwhacker
1996 Courage Under Fire ESpecialista Ilario
1997 Good Will Hunting Will Hunting
1997 The Rainmaker Rudy Baylor
1997 Chasing Amy Shawn Oran
1998 Rounders Mike McDermott
1998 Saving Private Ryan James Francis Ryan
1999 The Talented Mr. Ripley Tom Ripley
1999 Dogma Loki
2000 Finding Forrester Steven Sanderson
2000 All the Pretty Horses John Grady Cole
2000 The Legend of Bagger Vance Rannulph Junuh
2000 Titan A.E. Cale Tucker Voz
2001 The Majestic Luke Trimble Voz
2001 Ocean's Eleven Linus Caldwell
2001 Jay and Silent Bob Strike Back El mesmo
2002 Confessions of a Dangerous Mind Matt, solteiro #2
2002 The Bourne Identity Jason Bourne
2002 Spirit: Stallion of the Cimarron Spirit Voz
2002 Gerry Gerry Tamén co-guionista
2002 The Third Wheel Kevin
2003 Stuck on You Bob Tenor
2004 Howard Zinn: You Can't Be Neutral on a Moving Train Narrador Voz
2004 Ocean's Twelve Linus Caldwell
2004 The Bourne Supremacy Jason Bourne
2004 Jersey Girl Relacións públicas/Executivo número 2
2004 EuroTrip Donny
2005 Syriana Bryan Woodman
2005 The Brothers Grimm Wilhelm Grimm
2006 The Good Shepherd Edward Wilson
2006 Infiltrados Sarxento do estado maior Colin Sullivan
2007 Ocean's Thirteen Linus Caldwell
2007 The Bourne Ultimatum Jason Bourne
2007 Youth Without Youth Ted Jones
2007 Arthur El mesmo Voz
2008 Che: Part Two Fr. Schwarz
2009 Gake no ue no Ponyo Koichi Voz (versión en inglés)
2009 The Informant! Mark Whitacre
2009 Invictus Francois Pienaar
2009 The People Speak El mesmo Tamén como produtor
2010 Green Zone Suboficial Xefe Roy Miller
2010 30 Rock Carol Serie de televisión
(episodios: "I Do Do",
"The Fabian Strategy"
e "Live Show")
2010 Inside Job Narrador
2010 Hereafter George Lonegan
2010 True Grit La Boeuf
2011 The Adjustment Bureau David Norris
2011 Margaret Aaron Caije
2011 Contagion Thomas Emhoff
2011 Happy Feet 2 Krill #2
2011 We Bought a Zoo Benjamin Mee

Premios[editar | editar a fonte]

Matt Damon na 66 edición da Mostra de Venecia no 2009.
A estrela de Matt Damon no Paseo da Fama de Hollywood.
Premios Óscar
Ano Categoría Filme Resultado
2009 Mellor actor de reparto Invictus Nomeado
1997 Mellor actor Good Will Hunting Nomeado
1997 Mellor guión orixinal Good Will Hunting Gañador
Premios Globo de Ouro
Ano Categoría Filme Resultado
2009 Mellor actor - Comedia ou musical The Informant! Nomeado
2009 Mellor actor de reparto Invictus Nomeado
1999 Mellor actor - Drama The Talented Mr. Ripley Nomeado
1997 Mellor actor - Drama Good Will Hunting Nomeado
1997 Mellor guión Good Will Hunting Gañador
Premios do Sindicato de Actores
Ano Categoría Filme Resultado
2009 Mellor actor de reparto Invictus Nomeado
2006 Mellor reparto The Departed Nomeado
1998 Mellor reparto Saving Private Ryan Nomeado
1997 Mellor reparto Good Will Hunting Nomeado
1997 Mellor actor Good Will Hunting Nomeado

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]