Tim Burton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tim Burton na 64ª Mostra del Cinema de Venecia.

Timothy William Burton, nado en Burbank (California) o 25 de agosto de 1958, é un director de cine. Trátase un dos cineastas máis famosos dos últimos tempos. As súas cintas, dunha delirante fantasía escura e empáticos personaxes, convertérono nun director de culto (sobre todo entre a mocidade escura e demais tribos urbanas). No 2006 recibiu unha nominación para os Oscar por Corpse Bride.

O director estadounidense recibiu o 5 de setembro de 2007 de mans de Johnny Depp (o seu actor fetiche) o León de Ouro pola súa traxectoria na 64ª edición do Festival Internacional de Cine de Venecia. Burton presentou en Venecia a versión en 3D do seu clásico de animación The Nightmare Before Christmas, e non, como se agardaba, o seu novo traballo, o musical Sweeney Todd, que conta unha vez máis con Depp como protagonista. Só deixou ver ós espectadores os minutos iniciais deste filme. A película, baseada nun musical de Broadway conta tamén coa actuación de Helena Bonham Carter e Sacha Baron Cohen.

Vida[editar | editar a fonte]

Burton é o primeiro dos dous fillos de Bill Burton e Jean Erickson. O seu ano de nacemento é decotío confundido con 1960, notablemente nos seus propios libros The Melancholy Death of Oyster Boy e no libro de deseños de The Nightmare Before Christmas. Burton describiu a súa infancia como excéntrica, absorta e altamente imaxinativa. Sendo neno e crecendo en Burbank, representou un asasinato con hacha co seu irmán para asustar ós veciños, o que provocou que chamaran á policía. Repetiu a broma de novo con resultados similares. Encontraba a vida familiar e a escola difíciles, e ás veces escapaba da realidade da vida cotiá vendo películas de horror ou de baixo presuposto, ás que máis tarde rendería tributo na súa biografía de Ed Wood. Outra figura do cine de importancia para a infancia de Burton é Vincent Price, que influiría fortemente coa súa filmografía na futura carreira do director. Tamén estivo inspirado nas películas de animación en "stop-motion" de Ray Harryhausen.

Despois do paso polo instituto gañou unha bolsa de Disney para asistir ó Instituto de Arte de California en Valencia (California), onde estudou animación durante tres anos. O seu primeiro traballo como animador foi traballar como pintor de celas da primeira adaptación de O Señor dos Aneis de Ralph Bakshi. Burton foi contratado despois polos Estudios de Animación Walt Disney como un aprendiz de animación. O seu traballo era debuxar para The Fox and the Hound, pero quedou insatisfeito coa dirección artística da película. Despois comentou na decisión de Disney de rexeitar os seus deseños porque facían ver ós personaxes, en contra dos desexos de Disney, "como animais mortos na estrada". Burton non foi feliz durante o seu período en Disney, no que escribiu e debuxou o poema e as ilustracións que serían a base para o famoso The Nightmare Before Christmas.

Obra[editar | editar a fonte]

En 1982 Burton fixo a súa primeira curtametraxe, Vincent, unha animación en stop-motion de seis minutos acerca dun neno que fantasea con ser o seu ídolo (e o de Burton) Vincent Price, con Price narrando a historia. O poema lido na historia estaba escrito en rimas que renden unha clara homenaxe a Edgar Allan Poe.

A súa segunda curta foi Frankenweenie, protagonizado por Barret Oliver, Daniel Stern e Shelley Duvall (un admirador do traballo de Burton). Filmado en branco e negro e inspirado en Frankenstein de James Whale, Frankenweenie conta a historia dun neno que reanima ó seu can Sparky, que fora atropelado por un automóbil. Aínda que a curta foi aclamada en festivais, Disney estaba preocupada porque fora demasiado forte para os nenos e, sen saber que facer con ela, decidiu arquivala (se ben sería lanzada en VHS en 1992).

Desde entón foi clara a inclinación de Tim Burton polo gótico, o fantástico e o romántico. Sen negar as súas influencias (maioritariamente do escritor e ilustrador Edward Gorey) creou unha estética moi persoal nos seus filmes e nos seus traballos literarios. Nestes conta historias en ton infantil pero con personaxes que adoitan estar impedidos, fenómenos, seres excluídos da sociedade ou personaxes populares que non se senten en concordancia co seu status. Na súa filmografía tamén se fai evidente esta característica fundamental no status de culto de Burton.

Aínda que ó traballo de Burton aínda lle faltaba difusión, empezou a atraer a atención da industria cinematográfica. O actor e produtor Griffin Dune propúxolle dirixir After Hours (1985), unha comedia acerca dun procesador de palabras aburrido que sobrevive unha noite tola no SoHo, proxecto que deixara de lado Martin Scorsese. Porén, cando o financiamento para A Última Tentación de Cristo fallou, Burton devolveulle o proxecto a Scorsese por respecto.

Non moito despois o actor Paul Rubens viu Frankenweenie e escolleu a Burton para dirixir a versión cinematográfica do seu popular personaxe Pee-wee Herman, que gañou popularidade co espectáculo no Roxy, un especial para a canle HBO. A película, Pee-Wee's Big Adventure (1985), foi feita cun presuposto de 7 millóns de dólares, e gañou máis de 40 millóns de dólares en taquilla. Burton, un fanático do grupo musical ecléctico Oingo Boingo, pediulle ó guitarrista e vocalista Danny Elfman que compuxese a música para a película. Desde entón, Elfman creou a música de tódalas películas de Burton agás dúas, Ed Wood e Sweeney Todd.

Despois de dirixir episodios para as revitalizadas series de televisión Alfred Hitchcock Presents e Faerie Tale Theatre de Shelley Duval, Burton dirixiu o seu seguinte gran proxecto. Beetlejuice (1988) é unha comedia supernatural acerca dunha parella nova forzada a soportar coa vida despois da morte, así como cunha familia de iuppies pretenciosos que invadiron a súa atesourada casa en Nova Inglaterra. Protagonizada por Alec Baldwin e Geena Davis, e con a Michael Keaton como a famosa e repulsiva pantasma Beetlejuice, a película gañou cerca de 80 millóns de dólares, cun presuposto relativamente baixo. A película tamén gañou o Oscar á Mellor Maquillaxe.

Batman[editar | editar a fonte]

A habilidade de Burton para producir éxitos con baixos presupostos impresionou ós executivos, e recibiu a súa primeira película de gran presuposto, Batman, en 1989. A realización da mega-produción, ambientada en Londres, estivo pragada de problemas. Burton repetidamente discutiu cos produtores da película, Jon Peters e Peter Guber, pero a debacle máis notoria involucrou ó reparto. Burton quería incluír a Michael Keaton polo seu papel anterior como Beetlejuice, malia o físico de Keaton, a súa inexperiencia con películas de acción, e a súa reputación como actor cómico. Aínda que Burton finalmente logrou o seu propósito, o furor sobre o reparto provocou gran animosidade entre os fanáticos, mesmo provocando o descenso do valor comercial das accións de Warner Brothers. Burton considerara ridículo elixir a alguén musculoso como Batman, insistindo en que o Xusticeiro Alado debería ser un home ordinario (aínda que incriblemente rico) vestido nun elaborado disfrace de morcego para asustar ós criminais. Burton escolleu a Jack Nicholson como O Joker (Tim Curry era a segunda opción) nun movemento que axudou a calmar os temores dos fans, así como para atraer audiencias maduras non tan interesadas nas películas de superheroes. Ó estrearse a película en xuño de 1989, foi respaldada pola campaña de mercadotecnia e mercancía máis grande da historia do cine ata ese momento, converténdose no éxito de taquilla máis grande da historia, recadando máis de 250 millóns de dólares nos Estados Unidos e 400 a nivel mundial. A película resultou ser unha gran influencia para futuras películas de superheroes, que tomaron parte do brillo e do heroísmo americano de Superman para personaxes máis estraños e con máis profundidade emocional. O estilo gótico estilizado de Gotham City terminou sendo adoptado para a imaxe da cidade nas tiras cómicas.

Edward Scissorhands[editar | editar a fonte]

En 1990 Burton co-escribiu (con Caroline Thompson) e dirixiu Edward Scissorhands, volvendo a traballar con Winona Ryder, despois de coincidiren en Beetlejuice. Johnny Depp, un ídolo da adolescencia a finais dos anos oitenta polo seu traballo na serie de televisión 21 Jump Street, foi elixido para o papel de Edward, a creación dun inventor excéntrico e anticuado interpretado por Vincent Price, na que sería a súa última aparición na pantalla antes de morrer. Edward parecía humano, pero debido á repentina morte do seu creador, quedou con tesoiras en lugar de mans. Situada nos suburbios (a película filmouse en Florida), a película é considerada a autobiografía de Burton en canto á súa infancia nos suburbios de Burbank. Price algunha vez dixo que "Tim é Edward". Johnny Depp escribiu un comentario similar no prólogo do libro de Mark Salisbury, Burton on Burton, referíndose ó seu primeiro encontro con Burton para o filme. Edward é considerada como a mellor película de Burton por fanáticos e críticos.

Esta película presenta unha estética moi característica de Tim Burton: composicións visuais levadas ó límite, tanto nos cadros como nas cores, os deseños dos lugares, os personaxes e os obxectos. A película representa a súa clara visión do romanticismo máis inocente: o dun mozo que non coñece o amor, e é tal o sentimento exercido que resulta emotivo e entrañable.

Batman volve[editar | editar a fonte]

Malia que Warner Brothers rexeitara facer a máis persoal Scissorhands aínda despois do éxito de Batman, Burton finalmente accedeu a dirixir a secuela coa condición de ter control creativo total (de aí a escuridade que a caracteriza). O resultado foi Batman volve que tiña a Michael Keaton regresando como o Cabaleiro da Noite, e un novo conxunto de viláns: Danny DeVito (como O Pingüón), Michelle Pfeiffer (como Catwoman), e Christopher Walken. Máis escura e persoal que a súa predecesora, houbo queixas de que a película era moi forte para a infancia. As audiencias estaban máis incómodas coa sexualidade explícita, personificada polo suxestivo e fetichista estilo do disfrace de Catwoman. Un crítico mencionou, "demasiados viláns arruinaron a Batman", facendo énfase na decisión de Burton de enfocar a historia máis nos malos que en Batman (aínda que isto tamén pasara no filme anterior). A película tamén polarizou ós fanáticos, algúns encantados coa escuridade e rareza, mentres que outros dicían que non era fiel ós elementos básicos da fonte. A pesar dalgunhas destas controversias, Tim Burton fíxolle moitos cambios ó Pingüín; o mesmo elemento aplicaríase á tira cómica e á televisión. Converteu ó home ordinario nun fenómeno da natureza que parecía un pingüín con mans como aletas. Ademais, o alongado nariz do Pingüín foi cambiado por Burton para parecer un pico. Batman volve recadou 160 millóns de dólares que, malia ser un éxito, foi moito menos do que se esperaba.

Burton empezou a facer o traballo preliminar para a terceira entrega. Val Kilmer foi escollido para o papel principal (despois de que Michael Keaton rexeitara o personaxe debido a que Burton deixou o proxecto), Chris O'Donnell foi escollido para o papel de Robin, Jim Carrey como The Riddler (despois de que Robin Williams rexeitara o papel), Tommy Lee Jones como Dúas Caras, e Nicole Kidman foi elixida como o interese romántico de Batman, a Dra. Chase Meridian. Warner Brothers prescindiu de Burton despois de decatarse de que o ton da película era similar a Batman volve. Burton deixou a franquía de Batman, se ben regresou como produtor para Batman Forever dirixida por Joel Schumacher en 1995. Desta película dixo que tiña un título "como unha tatuaxe que che fas cando estás drogado".

The Nightmare Before Christmas[editar | editar a fonte]

Despois, Burton escribiu e produciu The Nightmare Before Christmas (1993), que non dirixiu por conflitos de axenda con Batman Returns. Orixinalmente ía ser un libro para nenos con rimas. A película foi dirixida por Henry Selick e escrita por Michael McDowell e Carolina Thompson, baseado na historia, mundo e personaxes orixinais de Burton. O deseño das escenografías, os personaxes e a historia fixeron desta película unha pequena obra mestra non comprendida pola crítica. Porén, a historia do rei do país do Halloween que desexa converterse nun benévolo Papá Noel foi ben recibida polo público, converténdose nunha película de culto. Desde entón os produtos alusivos á cinta véndense por millóns, desde carteiras ata xoguetes. Burton colaborou con Selick de novo para Jim e o Pexego Xigante (1996), película que Burton co-produciu. A película axudou a xerar un renovado interese na animación stop-motion.

Unha escena borrada de The Nightmare Before Christmas representaba a un grupo de vampiros xogando ó hockey nun lago conxelado coa cabeza decapitada do produtor, Tim Burton. A cabeza foi substituída cunha cabaza de Halloween.

Ed Wood[editar | editar a fonte]

Burton nunca negou a influencia da ciencia ficción nas súas cintas, sobre todo a que proviña do cine camp, películas de baixo presuposto dos anos 50: cintas de monstros, vampiros e outras atrocidades que se volveron de culto cos anos.

A súa seguinte película, Ed Wood (1994), foi de moita menor escala, retratando a vida de Edward D. Wood Jr., un director coñecido como "o peor director da historia". Protagonizada por Johnny Depp, a película é unha homenaxe ó director de películas de horror e ciencia ficción de baixo presuposto que Burton vía de neno, e manexa ó seu cómico protagonista e ó seu grupo de personaxes estranos con sorprendente amabilidade e sensibilidade. As películas de Wood eran acartonadas, con malas actuacións e torpes personaxes que chocaban contra os decorados tirándoos. A súa temática era a ciencia ficción, o terror e o travestismo, pero el consideraba que era un director equiparable a Orson Welles. Esta é en si a esencia do film de Burton. A incapacidade de Ed Wood para realizar os seus desexos de ser un gran director de cine. Foi filmada en branco e negro, cun elenco envidiable, que inclúe a actores como Martin Landau, Bill Murray, Jeffrey Jones ou Lisa Marie. Esta cinta é considerada por moitos como do mellor que fixo o cineasta, cun toque kitsch, rendindo homenaxe de paso, ó actor húngaro Béla Lugosi, que fixera o primeiro Drácula (1931) e que nos seus últimos anos actuou en varias películas de Wood.

Debido ós encontros creativos durante a realización de The Nightmare Before Christmas, Danny Elfman non quixo musicalizar Ed Wood, e a tarefa recaeu en Howard Shore. Aínda que foi un fracaso comercial ó estrenarse, Ed Wood foi ben recibida polos críticos, gañou unha sólida base de fanáticos, e reviviu o interese nas películas de Ed Wood.

Mars Attacks![editar | editar a fonte]

Inmerso na iconografía kitsch dos anos 50, o seguinte proxecto de Burton foi Mars Attacks! (1996), para o que se reuniu con Elfman. Baseada nunha serie de cartas de ciencia ficción, a cinta era un híbrido das películas fantásticas dos anos 50 e as de desastre total dos 70 (intelixentes cacofonías de sátira e desastre idiota). Por coincidencia resultou ser unha parodia non intencionada do éxito de taquilla Independence Day, filmada ó mesmo tempo e estrenada cinco meses antes. Aínda que a película contaba cun amplo elenco de estrelas, incluíndo a Jack Nicholson, Pierce Brosnan, Michael J. Fox, Sarah Jessica Parker, Natalie Portman, Jack Black, Danny DeVito, Tom Jones, Glenn Close ou Christina Applegate entre outros, foi despreciada polos críticos e case ignorada pola audiencia norteamericana. Porén, a recreación dunha mala película dos 50 foi recibida con éxito no extranxeiro, e logrou facerse cunha base de fanáticos mercede á emmisión por televisión e o DVD.

The Melancholy Death of Oyster Boy: and Other Stories[editar | editar a fonte]

O seu libro A Melancólica Morte do Neno Ostra: e Outras Historias foi publicado en 1996. A colección de versos sobre nenos mutantes como Neno Ostra, Nena Misto, Neno Mancha (que tivo a súa propia serie de caricaturas en formato Flash en Atomfilms.com), a Nena que se converteu nunha Cama, e outras invencións fantásticas. O libro foi publicado pola compañía Faber and Faber, que tamén publicou o deseño orixinal de Sleepy Hollow en 1999.

Sleepy Hollow[editar | editar a fonte]

Sleepy Hollow foi estrenada en 1999. Resultou un regreso ó Burton orixinal, cun escenario moi natural, sets únicos e outra excelente actuación de Johnny Depp como Ichabod Crane, agora un detective cun interés na ciencia forense en lugar dun mestre de escola na historia orixinal de Washington Irving. Burton rendiulle homenaxe á compañía inglesa Hammer Film Productions, pois era un entusiasta fanático das súas antigas películas de terror.

Un grupo de regulares de Burton apareceu como personaxes secundarios (Michael Gough, Ian McDiarmid, Jeffrey Jones e Christopher Walken, entre outros) e Christina Ricci foi elixida para o papel de Katrina Van Tassel. Ben recibida pola crítica, con mención especial á musicalización gótica de Elfman e cunha fotografía impecable obra de Emmanuel Lubezki, gañou un Oscar por Mellor Dirección de Arte, así como dous BAFTAs por Mellor Deseño de Vestiario e Mellor Deseño de Produción. Un éxito na taquilla, Sleepy Hollow foi un punto de inflexión para Burton. Acompañado dun cambio na súa vida personal (separouse de Lisa Marie), Burton cambiou radicalmente de estilo no seu seguinte proxecto, deixando os bosques encantados e coloridos extraños para dirixir Planet of the Apes que, como Burton ten comentado, non era un "remake" do film orixinal.

Planet of the Apes[editar | editar a fonte]

Planet of the Apes (2001) foi un éxito comercial, recaudando 68 millóns de dólares na fin de semana de estreno. A principal crítica foi o aire comercial co que se dotou a varios aspectos da cinta, fuxindo do ton escuro, cerebral e nihilista da versión de 1968. A película foi unha significativa separación do estilo usual de Burton, e houbo moitos debates sobre se en realidade era un film de Burton ou era un simple encargo de dirección. Houbo noticias sobre varios choques entre Burton e o estudio durante a rodaxe, chegando ó extremo de que un día Tim deixou o set e parou a filmación. Tamén houbo rumores sobre cambios de último minuto na película. Malia o éxito comercial, e que o final suxería claramente a posibilidade dunha secuela, non parece haber intencións por parte do estudio nin de Burton de continuar a saga.

Big Fish[editar | editar a fonte]

Big Fish (2003) contou coas actuacións de Helena Bonham Carter, Ewan McGregor, Jessica Lange, Albert Finney, Steve Buscemi e Alison Lohman. Na película, un encargo dos estudios Disney, Tim intenta devolver algo á sociedade americana, pois segundo di "a nosa cultura é pouca por que o noso país, é un país de inmigrantes". É tamén unha película intensa en canto á relación Pai/Fillo. Recibiu unha nominación ós premios Globos de Ouro.

Charlie e a fábrica de chocolate[editar | editar a fonte]

Charlie foi un éxito en taquilla, que recaudando máis de 207 millóns de dólares tan só nos Estados Unidos. A imaxe, voz e maneiras de Depp como Willy Wonka, o dono da fábrica, foron comparadas coa estrela do pop Michael Jackson e coa estrela de rock alternativo Marilyn Manson, aínda que o actor argumenta que a súa principal inspiración viu de antigas estrelas infantís de televisión.

Corpse Bride[editar | editar a fonte]

Corpse Bride é unha película máis adulta, que se pretendeu comparar con The Nightmare Before Christmas. A historia está baseada nun conto da tradición Rusa-Xudea Ortodoxa, na que un mozo, mentras practica cos seus votos de matrimonio no bosque antes de pedirlle matrimonio á súa prometida, comprométese co cadáver dunha moza que agardaba polo seu verdadeiro amor. Aa película está adaptada e conta con abundantes toques de humor. Conta ademais co gran compositor de bandas sonoras Danny Elfman.

Proxectos Futuros[editar | editar a fonte]

O 13 de xuño de 2006 anunciou que posporía o seu traballo en Believe It or Not para concentrarse na adaptación do musical de Stephen Sondheim, Sweeney Todd (musical), se ben o 19 de xuño de 2007 Burton anunciou que deixaba o proxecto.

O 5 de febreiro de 2007, Burton empezou a produción principal de Sweeney Todd, a partir dun guión de John Logan. A película é protagonizada por Johnny Depp como Sweeney Todd, o barbeiro asasino. Helena Bonham Carter fai o papel da Sra. Lovett, Alan Rickman do Xuíz Turpin, Sacha Baron Cohen como Adolfo Pirelli, e Timothy Spall no papel de Beatle Bamford. A produción, de Dreamworks e Warner Bros., estrenarase en Decembro de 2007.

Nunha entrevista en febreiro de 2006 desacreditou os rumores sobre as posibilidades de facer Beetlejuice 2, Edward Scissorhands 2, e The Nightmare Before Christmas 2. Porén, na mesma entrevista expresou interese en facer unha película sobre Edgar Allan Poe. Finalmente esa película animada será dirixida por Michael Sporn, e sairá no 2008 co título de Poe.

Alice in Her Wonderland é outro plan para Burton cara o 2009. Sería outra película en stop-motion, animada cadro por cadro.

Vida personal[editar | editar a fonte]

En 1989 Burton casou coa artista alemá Lena Gieseke, divorciándose pouco despois da filmación de Batman Returns. Burton foi parella de Lisa Marie entre 1992 e 2001. Actualmente, sae desde 2001 con Helena Bonham Carter, coa que ten un fillo, Billy-Ray Burton, nacido en octubre del 2003, sendo o seu padriño Johnny Depp. Bonham Carter apareceu en tódalas películas de Burton desde o 2001. Decíase que a parella vivía en Londres en casas separadas, conectadas por un túnel. Pero ó ser Boham Carter preguntada sobre o tema en Friday Night with Jonathan Ross, revelou que viven en dúas casas conectadas por un corredor, e que duermen en habitacións diferentes porque Burton ronca.

Nunha ocasión Bonham Carter comentou que cre que a razón para o estilo e visión únicos de dirección do seu compañeiro é que Tim sofre do Síndrome de Asperger, unha pouco habitual forma de autismo. Dixo que isto axudou a inspirar a súa cretividade, e que non é un defecto, senón unha gran vantaxe.[1]

Burton actualmente non ten ningún tipo de relación co seu irmán Daniel. O seu pai, Bill, un antigo xogador de ligas menores de béisbol, morreu en outubro de 2000, e a súa nai, Jean, en marzo de 2002.

O 8 de Agosto de 2007 fíxose público que a parella espera un segundo fillo, que nacería a finais dese mesmo ano.

Marcas características[editar | editar a fonte]

  • Hai moitas curvas elegantes traballadas nos deseños de moitas cousas vistas en pantalla. Os extremos das liñas adoitan converterse en espirais, sendo o máis coñecido o outeiro do deseño de The Nightmare Before Christmas.
  • Adoita usar o pseudónimo de Edward.
  • O seu estilo e temas visuais están influenciados polas películas góticas de horror dos anos 20 e 30, especialmente as de James Whale e F. W. Murnau, xunto coas películas do expresionismo alemán. As ilustracións de Edward Gorey e Frederick Roland Emett son outras influencias. O gusto polos cadáveres de Burton semella ter influencias do artista Edward Burra.
  • Colaborou co actor Johnny Depp nas películas Edward Scissorhands, Ed Wood (película), Sleepy Hollow, Charlie and the Chocolate Factory, Corpse Bride e en Sweeney Todd: The Demon Barber of Fleet Street. Burton quería incluír a Depp na película Mars Attacks!, no rol que finalmente interpretaría Michael J. Fox.
  • Acostuma incluír cans mortos, pallasos, mosaicos a cadros brancos e negros, árbores torcidas, cabazas de halloween, espantallos, serpes a raias, ou bolboretas.
  • Moitas películas, como Batman Returns, The Nightmare Before Christmas, Corpse Bride ou Edward Scissorhands están ambientadas no Nadal, durante o inverno ou no intercambio de regalos.
  • As súas películas adoitan contar con escenas nas que os personaxes aparecen sentados á mesa.
  • As súas películas teñen subtítulos góticos.
  • Personaliza o logo da produtora ó principio das películas.
  • Os créditos de entrada usualmente son en travelling. Tamén tenden a ir sobre, a través ou dentro de algo.
  • As súas personaxes principais tenden a ser parias sociais, e son usualmente tímidos, cunha complexión pálida e encerellado cabelo negro crecho, similar ó seu.
  • A moitos dos seus personaxes teñen relacións turbulentas cos seus pais, a miúdo como medios para explicar o seu comportamento errático. Sleepy Hollow, Charlie and the Chocolate Factory, e Eduard Scissorhands son claros exemplos.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Como director[editar | editar a fonte]

Como animador[editar | editar a fonte]

Como produtor[editar | editar a fonte]

Cameos e outros traballos[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Videos musicales[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Tim Burton en IMDB (en inglés)