Tic

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un tic é un movemento involuntario ou unha vocalización espasmódica,repetitivo e estereotipada, sen ritmo, que pode afectar calquera grupo muscular e se acentúan co estrés. Os tics motores ou vocais divídense en simples e complexos:

  • Simples, compóñense de contraccións repetidas e rápidas de grupos musculares funcionalmente similares, os tics vocais simples máis correntes son tusir, aclarar a gorxa, rosmar etc.
  • Complexos, parecen ser máis intencionados e rituais como os movementos para acicalarse, cheirar, saltar, tocar, ecopraxia e copropraxia. Os tics vocais complexos consisten en repetir frases e palabras fóra do contexto, coprolalia, palilalia e ecolalia.

Clasificación[editar | editar a fonte]

  • Transtorno de tics transitorios da infancia.
  • Transtorno de tics crónicos.
  • Transtorno de Guilles de la Tourette.