Tenet (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tenet
Ficha técnica
Título orixinalTenet
DirectorChristopher Nolan
Produtor
GuiónChristopher Nolan
Intérpretes
MúsicaLudwig Göransson
FotografíaHoyte van Hoytema
MontaxeJennifer Lame
Estudio
DistribuidoraWarner Bros. Pictures
Estrea 26 de agosto de 2020
3 de setembro de 2020
Duración150 minutos[1]
OrixeReino Unido Reino Unido[2]
Estados Unidos de América Estados Unidos[2]
XéneroSuspense e acción
Orzamento200 millóns de dólares[3]
Recadación363,1 millóns de dólares[4][5]
Na rede
https://www.warnerbros.com/movies/tenet
IMDB: tt6723592 Filmaffinity: 257249 Allocine: 251315 Rottentomatoes: m/tenet Mojo: wbevent2019b Allmovie: v718407 Metacritic: movie/tenet
Facebook: tenetfilm Twitter: TENETFilm Instagram: tenetfilm Editar o valor em Wikidata

Tenet é un filme británico-estadounidense de 2020 escrito e dirixido por Christopher Nolan, que el mesmo produciu xunto con Emma Thomas. Está protagonizado por John David Washington, Robert Pattinson, Elizabeth Debicki, Dimple Kapadia, Michael Caine e Kenneth Branagh. O filme conta a historia dun axente secreto que aprende como manipular o fluxo do tempo para previr un ataque do futuro que ameaza con aniquilar o mundo presente.

Nolan dedicou máis de cinco anos a escribir o guión despois de cavilar sobre as ideas centrais de Tenet durante máis dunha década. A preprodución comezou a finais de 2018, co proceso de selección de elenco realizada en 2019. A fotografía principal durou seis meses dende maio até novembro, en Dinamarca, Estonia, a India, Italia, Noruega, o Reino Unido e os Estados Unidos. O fotógrafo Hoyte van Hoytema rodou en 70 mm e IMAX. As escenas de manipulación do tempo foron rodadas tanto cara a adienta como cara a atrás. Usáronse máis de cen buques e miles de extras.

A estrea foi posposta tres veces por mor da pandemia de COVID-19, mais finalmente estreouse no Reino Unido o 26 de agosto de 2020, e nos Estados Unidos o 3 de setemro de 2020 en IMAX, 35 mm e 70 mm. Foi un dos primeiros filmes de Hollywood en estrearse masivamente nos cinemas despois do confinamento da pandemia, e recadou 363 millóns de dólares en todo o mundo, converténdose no quinto filme con maior recadación de 2020. Porén, a recadación foi considerada un fracaso debido ó seu elevado orzamento de produción e comercialización e á escasa distribución nos cinemas durante a pandemia. O filme recibiu valoracións positivas, con eloxios ás secuencias de acción, efectos visuais, banda sonora, fotografía e interpretacións, mentres que a historia e a edición de son recibiron peores críticas. O filme recibiu dous nomeamentos ós Premios Óscar, ó mellor deseño de produción e mellores efectos visuais na 93ª edición dos premios.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Tenet". British Board of Film Classification. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2020. Consultado o 23 de novembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 "Tenet". British Film Institute. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2020. Consultado o 23 de novembro de 2020. 
  3. Rubin, Rebecca (30 de agosto de 2020). "Box Office: Christopher Nolan's 'Tenet' Enjoys Surprisingly Strong Debut Overseas". Variety. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2020. Consultado o 30 de agosto de 2020. 
  4. "Tenet". Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2020. Consultado o 23 de xaneiro de 2021. 
  5. "Tenet". Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2020. Consultado o 23 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Mottram, James (2020). The Secrets of Tenet: Inside Christopher Nolan's Quantum Cold War. Insight Editions. ISBN 978-1-64722-060-0. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]