A Clockwork Orange (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A laranxa mecánica é un filme de Stanley Kubrick (Reino Unido) (1971) baseado na novela de A Clockwork Orange de Anthony Burgess.

A narración conta a historia de Alex, un mozo violento cuxas únicas distraccións son a violación, a ultraviolencia e Ludwig van Beethoven. As violentas imaxes da película e unha desgraciada serie de actos vandálicos fixeron que Kubrick presionara á distribuidora para que retirase a película dos cines británicos. As ameazas que recibiu fixeron que o director se recluíse aínda máis na súa mansión de Londres, xa que trala súa anterior película (Dr. Strangelove) deixara para sempre os EUA e marchase a vivir ó Reino Unido.

No momento de emisión nos cines, o filme de Kubrick, que tentaba ser un canto en contra da violencia, foi interpretado de xeito contrario, o director deprimiuse e, inda por riba, moitos mozos ingleses copiaron desagradables hábitos do film.

Premios[editar | editar a fonte]

Obtivo 4 nominacións ós Oscar, entre as que destaca a nominación á mellor película. Ademais:

Nominacións[editar | editar a fonte]

  • 7 ós premios BAFTA.
  • 1 ós premios DGA.
  • 3 globos de ouro.
  • 1 WGA.

Premios[editar | editar a fonte]

  • 1 Hugo.
  • 1 Silver Ribbon (Sindicato italiano de xornalistas sobre o cine).
  • 1 KCFCC. (Críticos de Kansas)
  • 1 NYFCC. (Críticos de Nova York)