Robert F. Kennedy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Robert F. Kennedy.

Robert Francis "Bobby" Kennedy, nado en Brookline (Massachusetts) o 20 de novembro de 1925 e asasinado nos Os Ánxeles (California) o 6 de xuño de 1968, foi unha personalidade do Dereito estadounidense, e o irmán máis novo do Presidente John F. Kennedy. Foi designado polo seu irmán coma Fiscal Xeral para a súa administración.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Robert Kennedy era o séptimo fillo de Joseph P. Kennedy e Rose Kennedy. Asistiu e graduouse na Universidade Harvard en 1948, tras servir durante pouco tempo na Armada. Recibiu a súa graduación en dereito polo Colexio Legal da Universidade de Virxinia en 1951 e posteriormente encargouse de asesorar (con bastante éxito) ó seu irmán John para o comezo da súa campaña ó senado en 1952.

O presidente Kennedy premiou ó seu irmán nomeándoo Fiscal Xeral dos Estados Unidos. Durante a administración Kennedy, "Bobby" foi asesor do presidente. Un dos problemas aos que tivo que enfrontarse foi a Invasión da Baía de Cochinos en Cuba no ano 1961 así coma a Crise dos mísiles de Cuba 18 meses máis tarde. Tamén se enfrontou coa escalada militar en Vietnam e cós movementos en defensa dos dereitos civís. É recordado sobre todo polos seus traballos nos dereitos civís. Tralo asesinato do presidente Kennedy en 1963, Robert permaneceu coma fiscal xeral aínda que as súas relacións có seguinte presidente Lyndon B. Johnson non foron boas.

Trala morte de JFK, Robert pensou que podía obter a vicepresidencia no goberno de Johnson. Sen embargo, despois de que Johnson confirmara que non contaba con él para o cargo, abandonou o gabinete do presidente. Iniciou a campaña para conseguir unha cadeira no senado coma representante por Nova York. Foi elixido en novembro de 1964, derrotando ó seu opoñente republicano, Kenneth Keating.

Candidatura á presidencia e asesinato[editar | editar a fonte]

Tumba no cemiterio de Arlington.

Nun principio, Kennedy negou as especulacións que afirmaban que ía intentar ser o candidato demócrata ás eleccións á presidencia de 1968, enfrontándose ó seu compañeiro de partido, o presidente Johnson. Johnson obtivo unha vitoria débil nas primarias de New Hampshire contra o senador Eugene McCarthy, un candidato anti-guerra; pouco despois, Kennedy anunciou a súa candidatura o 16 de marzo. Dúas semanas despois, Johnson declarou nunha intervención televisada que non ía presentarse á reelección.

O 5 de xuño de 1968, Kennedy realizou un discurso de agradecemento ós seus electores no Hotel Ambassador dos Ánxeles. Mentres se dirixía por un andar cheo de xente cara as cociñas do hotel, Sirhan Sirhan, un home de 22 anos residente nos Ánxeles e con ascendentes palestinos, apareceu disparando cun revólver do calibre 22 contra a multitude que enchía o andar. Diversas persoas resultaron feridas, entre elas o senador Kennedy ao que disparou a queimarroupa. Sirhan confesou o seu crime por ser contrario ao apoio político a Israel do senador condenárono a cadea perpetua.

Robert F. Kennedy faleceu a primeira hora da maña do día 6 de xuño de 1968 aos 42 anos. Está enterrado preto do seu irmán John no cemiterio de Arlington.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Robert F. Kennedy