Steve Carell
Steven John "Steve" Carell, nado o 16 de agosto de 1962[1] en Concord, Massachusetts, é un actor, humorista e produtor de televisión estadounidense.
Traxectoria [editar]
Carell fíxose famoso polos seus papeis no noticieiro satírico The Daily Show with Jon Stewart, no que entreentre 1999 e 2004 facía de correspondente, e na serie The Office (2005-) polo que en 2006 tivo un Globo de Ouro ao mellor actor de serie cómica, ademais tamén apareceu en numerosos filmes de Hollywood como Anchorman, The 40-Year-Old Virgin que foi o 25º filme que máis recadou en 2005 [2] facéndoo coñecido internacionalmente, Little Miss Sunshine, Evan Almighty, Dan in Real Life, Get Smart ou Date Night; tamén lle deu voz a personaxes de filmes animados, incluíndo Over the Hedge, Horton Hears a Who! ou Despicable Me.
Notas [editar]
- ↑ Holloway, Diane (2005-08-16). "Steve Carell's 42, a 'Virgin' and the worst boss ever". Austin-American Statesman. http://web.archive.org/web/20070811043113/www.austin360.com/tv/content/movies/television/2005/08/16tvcolumn.html. Consultado o 15 de novembro de 2010.
- ↑ Box Office Mojo