Diane Keaton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diane Keaton
Diane Keaton by Firooz Zahedi.jpg
Nacemento Diane Hall
5 de xaneiro de 1946 (68 anos)
Os Ánxeles, California
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Profesión actriz
Parella(s) Woody Allen[1]
Warren Beatty[1]
Al Pacino[1]

Diane Hall, nada nos Ánxeles (California) o 5 de xaneiro de 1946, é unha actriz estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a estudar interpretación tras graduarse en Nova York tras rematar o instituto. Pasou tempo actuando e cantando en clubs nocturnos ata que en 1968 participou na primeira produción do musical Hair en Broadway. Tras nove meses nesta obra logrou o papel en Play It Again, Sam, de Woody Allen.

Ao pouco tempo debutou no cinema con Lovers and Other Strangers e tamén participou en series de televisión. En 1972 interpretou a Kay Adams en The Godfather, papel que repetiría nos outros filmes da saga. Durante a década de 1970 continuou a súa colaboración con Woody Allen, grazas ao que logrou en 1977 o oscar á mellor actriz por Annie Hall. A súa carreira no cinema continuou con éxito nos anos oitenta e nos noventa.

Ademais de actriz, Keaton é tamén produtora, fotógrafa e axente inmobiliaria. Dirixiu tamén a película Unstrung Heroes en 1995.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme
1970 Lovers and Other Strangers
1972 The Godfather
1972 Play It Again, Sam
1973 O durmiñón
1974 The Godfather Part II
1975 Love and Death
1976 I Will... I Will... For Now
1976 Harry and Walter Go to New York
1977 Annie Hall
1977 Looking for Mr. Goodbar
1978 Interiors
1979 Manhattan
1981 The Wizard of Malta
1981 Reds
1982 Shoot the Moon
1984 The Little Drummer Girl
1984 Mrs. Soffel
1986 Crimes of the Heart
1987 Radio Days
1987 Baby Boom
1988 The Good Mother
1989 The Lemon Sisters
1990 The Godfather Part III
1991 Father of the Bride
1993 Manhattan Murder Mystery
1995 Father of the Bride Part II
1996 The First Wives Club
1996 Marvin’s Room
1997 The Only Thrill
1999 The Other Sister
2000 Hanging Up
2001 Town & Country
2001 Plan B
2003 Something’s Gotta Give
2005 Terminal Impact
2005 The Family Stone
2007 Somther
2007 Because I Said So
2007 Mama’s Boy
2008 Mad Money
2010 Morning Glory
2012 Darling Companion
2013 The Big Wedding

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Diane Keaton Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]