Batman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batman


Cosplayer de Batman

Editorial DC Comics
Primeira aparición Detective Comics #27 (maio de 1939)
Creado por Bob Kane e Bill Finger
Datos vitais
Nome real Bruce Wayne
Nacionalidade estadounidense
Afiliacións Justice League of America
Compañeiros Robin
Outros alias The Dark Knight (O señor da noite), The Caped Crusader (O cruzado da capa), The World's Greatest Detective (O maior detective do mundo)
Parentes Thomas Wayne (pai, falecido), Martha Wayne (nai, falecida), Dick Grayson (Robin I / Nightwing, fillo adoptivo), Jason Todd (Robin II, fillo adoptivo, falecido), Philip Wayne (tío, falecido), Catwoman (esposa nunha vida anterior), Helena Wayne the Huntress (filla nunha vida anterior)
Poderes Ningún, pero é un magnífico detective. Está en moi boa forma física, ten grandes coñecementos de artes marciais e emprega numerosos aparellos de tecnoloxía punteira.

Batman (en galego, O home morcego) é un superheroe de banda deseñada, que apareceu por primeira vez na historia O estraño caso do sindicato químico da revista Detective Comics #27 en maio de 1939. Foi creado polo artista Bob Kane e o escritor Bill Finger, aínda que só Kane recibiu crédito oficial. Ao principio Batman non era máis que un dos personaxes que aparecían en Detective Comics, pero co tempo converteuse en protagonista de cómics e filmes, compartindo o éxito con outro personaxe de DC Comics, Superman. Tempo despois, outro personaxe comezou a acompañar a Batman nas súas aventuras, Robin, rapaz cunha personalidade alegre e aberta que contrastaba co escuro carácter de Batman. Varios personaxes ocuparon o rol de Robin ao longo das series de Batman: Dick Grayson, Jason Todd e na actualidade, Tim Drake.

Batman tivo varias adaptacións tanto para a radio como para o cine e a televisión, tanto animadas, como o Batman de 1969, como non. As dúas primeiras adaptacións para o cinema, Batman e Batman volve foron dirixidas por Tim Burton en 1989 e 1992 respectivamente, a última adaptación para o cinema dirixiuna Christopher Nolan no ano 2005 co título de Batman empeza e O cabaleiro escuro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.