Roger Ebert

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ebert, con lentes, á dereita da imaxe.

Roger Joseph Ebert, nado o 18 de xuño de 1942 en Urbana (Illinois) é un crítico cinematográfico norteamericano recoñecido a nivel mundial. En 1975 converteuse no primeiro crítico de cinema en gañar o premio Pulitzer, outorgado pola Universidade de Columbia. Desde 1967 os seus comentarios semanais son publicados polo Chicago Sun-Times, e grazas a que a súa columna está sindicada pode ser lido en máis de douscentos xornais estadounidenses.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]