Robert Redford
| Charles Robert Redford, Jr. | |
|---|---|
Robert Redford, 2005. |
|
| Nacemento | 18 de agosto de 1936 Santa Monica, California, Estados Unidos |
| Profesión | Actor (1959 - ) |
| Cónxuxe(s) | Lola van Wagenen (1958–1985) Sibylle Szaggars (2009-) |
| Ficha na IMDb | |
Charles Robert Redford, nado en Santa Monica, California o 18 de agosto de 1936, é un actor e director estadounidense gañador dos premios Óscar e Globo de Ouro. Por outra banda, é un dos iniciadores do Festival Sundance.
Índice |
Biografía e carreira [editar]
Naceu no distrito de Santa Mónica, en Los Angeles, California, como Charles Robert Redford, Jr.. Marta, a súa nai, era ama de casa, e o seu pai leiteiro, de relixión católica de orixe irlandés.
Criado no barrio hispano do oeste de Los Angeles. Nos anos 1950 o seu pai traballou como contable na Standard Oil e trasladáronse a un suburbio de clase media no val de San Fernando. Á súa nai diagnosticóuselle un cancro e Redford atravesaba entón unha época de rebeldía; pero gustáballe contar historias e debuxar. Unha excursión ao parque nacional de Yosemite imprimiulle un intenso amor pola natureza, que influiría en moitas das súas películas.
En 1958 casou con Lola e ao ano seguinte naceu o seu fillo Scott, que faleceu poucos meses despois por morte súbita. Nese mesmo ano uno dos seus profesores conseguiulle o seu primeiro papel en Broadway. En 1960 comezou a traballar na televisión, na serie Playhouse 90, e a continuación en Perry Mason, Alfred Hitchcock presenta e A dimensión descoñecida. Por mor diso, o seu pai chegoulle a dicir: «Por que non buscas un traballo de verdade?»
En 1960 Redford e a súa esposa tiveron unha filla, Shawna, e en 1962 novamente un fillo, David Jones. Neses anos compraron unha parcela en Utah, onde construíron unha vivenda. A súa filla Amy nacería en 1970.
Debut no cinema [editar]
No ano 1962 Redford conseguiu o seu primeiro papel nunha longametraxe de cinema, War Hunt, de Denis Sanders. A continuación volveu actuar en Broadway, na obra Descalzos polo parque, dirixida por Mike Nichols, quen impuxo a participación de Redford, a quen vira na televisión. Esta obra de teatro converteulle en estrela de Broadway e foi o trampolín perfecto cara a Hollywood, onde foi contratado en 1964.
No seu catro primeiras películas fixo papeis secundarios e non lle proporcionaron un éxito digno de mención. Estas películas foron A rebelde (protagonizada por Natalie Wood), The Chase de Arthur Penn, Situation Hopeless ... But Not Serious e This Property Is Condemned.
Filmografía [editar]
Actor [editar]
| Ano | Título | Papel | Notas |
|---|---|---|---|
| 1960 | Tall Story | Xogador de baloncesto | |
| 1962 | The Twilight Zone | Death | 1 episodio: "Nothing in the Dark" |
| 1962 | War Hunt | Soldado Roy Loomis | |
| 1965 | Inside Daisy Clover | Wade Lewis | |
| 1965 | Situation Hopeless ... But Not Serious | Capitán Hank Wilson | |
| 1966 | This Property Is Condemned | Owen Legate | |
| 1966 | The Chase | Charlie 'Bubber' Reeves | |
| 1967 | Barefoot in the Park | Paul Bratter | |
| 1967 | Clambake | Azu | |
| 1969 | Butch Cassidy and the Sundance Kid | The Sundance Kid | |
| 1969 | Tell Them Willie Boy Is Here | Shériff Christopher 'Coop' Cooper | |
| 1969 | Downhill Racer | David Chappellet | |
| 1970 | Little Fauss and Big Halsy | Halsy Knox | |
| 1972 | As aventuras de Jeremiah Johnson | Jeremiah Johnson | |
| 1972 | The Candidate | Bill McKay | |
| 1972 | The Hot Rock | John Archibald Dortmunder | |
| 1973 | O golpe | Johnny Hooker | |
| 1973 | The Way We Were | Hubbell Gardiner | |
| 1974 | The Great Gatsby | Jay Gatsby | |
| 1975 | Three Days of the Condor | Joseph Turner/The Condor | |
| 1975 | The Great Waldo Pepper | Waldo Pepper | |
| 1976 | All the President's Men | Bob Woodward | |
| 1977 | A Bridge Too Far | Maior Julian Cook | |
| 1979 | The Electric Horseman | Norman 'Sonny' Steele | |
| 1980 | Brubaker | Henry Brubaker | |
| 1984 | The Natural | Roy Hobbs | |
| 1985 | Out of Africa | Denys Finch Hatton | |
| 1986 | Legal Eagles | Tom Logan | |
| 1990 | Havana | Jack Weil | |
| 1992 | Sneakers | Martin "Marty" Bishop | |
| 1992 | Incident at Oglala | Narrador | |
| 1993 | Indecent Proposal | John Gage | |
| 1993 | La Classe américaine | Steven | |
| 1996 | Up Close & Personal | Warren Justice | |
| 1998 | The Horse Whisperer | Tom Booker | Tamén produtor e director |
| 2001 | The Last Castle | Eugene Irwin | |
| 2001 | Spy Game | Nathan D. Muir | |
| 2004 | The Clearing | Wayne Hayes | |
| 2005 | An Unfinished Life | Einar Gilkyson | |
| 2007 | Lions for Lambs | Dr. Stephen Malley | Tamén produtor e director |
| 2012 | The Company You Keep | Jim Grant/Jason Sinai | Tamén produtor e director |
| TBD | All Is Lost |
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Robert Redford na IMDb (en inglés).
- Festival de cine independiente de Sundance (en inglés)
- Instituto Sundance (en inglés)