Sam Mendes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mendes, 2013

Samuel Alexander Mendes, nado en Reading (Berkshire) o 1 de agosto de 1965 é un director de cinema e teatro británico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade de Cambridge. Como director de escena, é moi coñecido pola súa produción en 1998 de Cabaret. Como director de cinema destaca pola súa ópera prima American Beauty (1999), a cal o fixo acredor a un premio da Academia por Mellor Director.

Sam Mendes casou coa actriz inglesa Kate Winslet o 24 de maio de 2003. O seu primeiro fillo naceu en 2003. Tamén ten unha fillastra, Mia Hiney Threapleton, froito do primeiro matrimonio de Winslet co asistente de dirección inglés Jim Threapleton. O 15 de marzo de 2010 o matrimonio anunciou a súa separación.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]