Blu-ray Disc

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Blu-ray")

Blu-ray (tamén coñecido por BD ou Blu-ray Disc) é un formato de disco óptico de nova xeración de 12 cm de diámetro (igual que o CD e o DVD) para vídeo de alta definición e almacenaxe de datos de alta densidade. Compite por converterse no estándar de medios ópticos sucesor do DVD. O seu rival é o HD-DVD. O disco Blu-Ray fai uso dun láser de cor violeta de 405 nanómetros, a diferenza do DVD, que usa un láser de cor vermella de 650 nanómetros. Isto permite gravar máis información nun disco do mesmo tamaño. Blu-ray obtén o seu nome da cor azul do raio láser ("blue ray" en inglés significa "raio azul"). A letra "e" da palabra orixinal "blue" foi eliminada debido a que, nalgúns países, non se pode rexistrar como un nome comercial unha palabra común. Este raio azul mostra unha lonxitude de onda curta de 405 nm e, xunto con outras técnicas, permite almacenar substancialmente máis datos que un DVD ou un CD. Blu-ray e HD-DVD comparten as mesmas dimensións e aspecto externo. Blu-ray foi desenvolvido en común por un grupo de compañías tecnolóxicas chamado Asociación de Disco Blu-ray (BDA en inglés), liderado por Sony (e pola Playstation 3), e Philips.

O Blu-ray é elaborado pola Blu-ray Disc Association ou BDA (Asociación de Discos Blu-Ray), presidida polas seguintes empresas (por orde alfabética): 20th Century Fox, Apple Computer Inc., Buena Vista Home Entertainment, Dell Inc., Hewlett-Packard Company, Hitachi LTD., LG Electronics Inc., Matsushita Electric Industrial Co. Ltd. (Panasonic), Mitsubishi Electric Corporation, Pioneer Corporation, Royal Philips Electronics, Samsung Electronics Co. Ltd., Sharp Corporation, Sony Corporation, TDK Corporation, Thomson e Warner Home Video.

Espérase que este formato sexa lanzado ó mercado o día 23 de maio de 2006.

Capacidade de almacenaxe e velocidade[editar | editar a fonte]

Unha capa de disco Blu-ray pode conter ó redor de 25 GB ou cerca de 6 horas de video de alta definición, máis audio, e o disco de dobre capa pode conter aproximadamente 50 GB. A velocidade de transferencia de datos é de 36 Mbit/s (54 Mbit/s para BD-ROM), pero prototipos a 2x de velocidade con 72 Mbit/s de velocidade de transferencia están en desenvolvementoo. O BD-RE (formato reescribible) estándar xa está dispoñible, así como os formatos BD-R (gravable) e o BD-ROM, como parte da versión 2.0 das especificacións do Blu-ray. O 19 de maio de 2005, TDK anunciou un prototipo de disco Blu-ray de catro capas de 100 GB. Outros discos Blu-ray con capacidades de 200 GB (oito capas) están tamén en desenvolvemento.

O disco Blu-Ray pode soportar ata 25GB de espazo a modo de capa simple. En modo de capa dobre, este espazo duplícase. Tales capacidades permitirán almacenar video en alta definición (5 horas nun disco dunha capa ou "single-layered"). Soporta os formatos de compresión MPEG-2, MPEG-4 e VC-1.

Tecnoloxía[editar | editar a fonte]

O tamaño do "punto" mínimo no que un láser pode ser enfocado está limitado pola difracción, e depende da lonxitude de onda do feixe de luz e da apertura numérica da lente utilizada para enfocalo. No caso do láser azul-violeta utilizado nos discos Blu-ray, a lonxitude de onda é menor que respecto a tecnoloxías anteriores, aumentando por tanto a apertura numérica (0.85, comparado con 0.6 para DVD). Con isto, e grazas a un sistema de lentes duais e a unha cuberta protectora máis delgada, o raio láser pódese enfocar de forma moito máis precisa na superficie do disco. Dito doutra forma, os puntos de información lexibles no disco son moito máis pequenos e, polo tanto, o mesmo espazo pode conter moita máis información. Por último, ademais das melloras na tecnoloxía óptica, os discos Blu-ray incorporan un sistema mellorado de codificación de datos que permite empaquetar aínda máis información.

Outra característica importante dos discos Blu-ray é a súa resistencia ás raiaduras e á suciedade debido a súa morfoloxía. Os discos teñen unha capa de substrato, baixo o nome comercial de Durabis, de 1,1 mm por unha cara e 1 mm pola outra, para permitir a creación de máis capas de datos e o uso dunha soa cara. Inicialmente, pensouse en crealos como cartuchos, semellantes a disquetes de ordenador, pero desbotouse a idea cando TDK descubriu un substrato que permitía evitar as raias así como facilitar a lectura con elas (aínda que agora serían moitísimo menos frecuentes) ou con suciedade. Isto provéeos dunha característica novidosa que ha ser moi agradecida polos usuarios, fartos en moitos casos de CDs e DVDs raiados, e supón unha avantaxe adicional fronte ó formato competidor HD-DVD.

Os discos BD veñen en diferentes formatos:

  • BD-ROM: Un disco que é de só lectura .
  • BD-R: Disco gravable.
  • BD-RE: Disco regravable.

Diferenzas entre o Blu-ray Disc, o HD DVD e o DVD[editar | editar a fonte]

Blu-ray Disc HD DVD DVD
Capacidade 23.3/25/27GB(Capa sinxela) - 46.6/50/54GB(Capa Dobre) 15GB (Capa sinxela) 30GB - (Dobre capa) 4.7GB (Capa sinxela) 8.5GB (Dobre capa)
Lonxitude de Onda do Raio Láser 405 nm 405 nm 650nm
Taxa de Transferencia 54.0Mbps 36.55Mbps 11.1Mbps
Formatos Soportados MPEG-2, MPEG-4 AVC, VC-1 MPEG-2, VC-1 (Baseado en WMV),H.264/MPEG-4 AVC
Resistencia a raiaduras e suciedades Si Non Non

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • A letra "e" foi elimiñada do nome de forma intencionada para permitir o rexistro da marca, xa que o termo "blue ray" é usado comunmente e non puede ser rexistrado.
  • O disco Blu-ray Disc baseado nun substrato de papel é moito máis coidadoso co medio ambiente e máis seguro á hora de destruílo que os discos tradicionais. Esta capa superficial á que se adhiren os materiais normalmente está feita de policarbonato plástico, que é o que estes discos reemprazan por papel. O resultado é un disco no que o papel representa o 52% do seu peso total, segundo afirma Sony.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]