Queens of the Stone Age

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
QotSA en directo
OrixePalm Desert (California), Estados Unidos
Período1996 - presente
Xénero(s)stoner rock
Selo(s) discográfico(s)Matador, Interscope, Man's Ruin, Loosegroove
MembrosJosh Homme
Troy Van Leeuwen
Dean Fertita
Michael Shuman
Jon Theodore
Antigos membrosMark Lanegan
Brendon McNichol
Dave Catching
John McBain
Dan Druff
Nick Oliveri
Van "The Kid" Conner
Mike Johnson
Dave Grohl
Gene Trautmann
Nick Lucero
Alfredo Hernandez
Matt Cameron
Natasha Shneider
Alain Johannes
Joey Castillo
Artistas relacionadosKyuss, Screaming Trees, The Desert Sessions, Eagles of Death Metal, Mondo Generator, Mini Mansions, Them Crooked Vultures, Blast, Iggy Pop
Na rede
http://www.qotsa.com
IMDB: nm1692949 Facebook: QOTSA Twitter: qotsa Instagram: queensofthestoneage MySpace: queensofthestoneage Youtube: UCAqa6dDmCH4XwipdfxoMo4Q Vimeo: qotsa TikTok: qotsa Souncloud: qotsa Spotify: 4pejUc4iciQfgdX6OKulQn iTunes: 857919 Last fm: Queens+of+the+Stone+Age Musicbrainz: 7dc8f5bd-9d0b-4087-9f73-dc164950bbd8 Songkick: 479466 Discogs: 56168 Allmusic: mn0000376422 Deezer: 1177 Genius: Queens-of-the-stone-age Editar o valor em Wikidata

Queens of the Stone Age (ás veces escrito como QotSA) é unha banda de stoner rock estadounidense formada despois da disolución de Kyuss en Palm Desert (California) no ano 1997. O único membro que permanece dende a súa fundación é o seu líder Josh Homme (voces, guitarra), e na actualidade conta tamén con Troy Van Leeuwen (guitarra, steel guitar), Michael Shuman (baixo) e Dean Fertita (teclado, guitarra, percusión, coros) e Jon Theodore (batería, percusión).

Queens of the Stone Age desenvolveu un estilo de heavy rock orientado cara aos riffs de guitarra. O seu son foi incorporando diferentes influencias e estilos, e tamén traballou con artistas como o membro de ZZ Top Billy Gibbons e o colaborador habitual Mark Lanegan.

Biografía[editar | editar a fonte]

Orixes[editar | editar a fonte]

Queens of the Stone Age formouse a partir das cinzas da banda californiana Kyuss, un nome influente da escena heavy metal que axudou a constituír unha especie de subxénero, que foi chamado stoner rock. Kyuss disolveuse en 1995 e o líder e guitarrista Josh Homme mudouse para Seattle.

En Seattle, Josh ingresou en Screaming Trees como segundo guitarrista durante a xira do álbum Dust, lanzado en 1996,[1] tendo inclusive participado no festival Lollapalooza, tocando ao lado de bandas como Soundgarden e Metallica. Josh decidiu entón formar unha nova banda, Gamma Ray. En 1996 a banda publicou o EP Gamma Ray, que tiña os temas "Born to Hula" e "If Only Everything" (que despois aparecería no disco devestrea de QotSA como "If Only"). O EP contaba con Matt Cameron de Soundgarden e Pearl Jam, Van Conner de Screaming Trees e co percusionista Victor Indrizzo.[2]

En 1997 a banda cambiou o seu nome debido a que o grupo alemán Gamma Ray ameazou con denuncialos. Josh atopou tempo suficiente para traballar nun proxecto propio. Foi o inicio da serie "Desert Sessions", sesións experimentais de estudio onde Josh traballou con músicos como Mike Johnson (Dinosaur Jr), Mark Lanegan (Screaming Trees), Peter Buck (R.E.M.) e Ben Shepherd (Soundgarden). As gravacións foron feitas nun estudio caseiro localizado nun deserto no interior do estado de California (terra natal de Josh Homme). Foron seis álbums extraídos das Desert Sessions, sen ningún obxectivo comercial, pero que acabaron sendo lanzados pola discográfica independente Man's Ruin Records.

Álbum de estrea[editar | editar a fonte]

Pouco despois, Josh reencontrou a Nick Oliveri, tamén ex-integrante de Kyuss e xuntos decidiron montar outra banda, Queens of the Stone Age. Coa axuda do batería Alfredo Hernandez, retornaron á rexión do deserto para traballar no son do novo grupo. A pesar de que o son de Queens Of The Stone Age lembra ao de Kyuss, queda ben claro que Queens of the Stone Age trae unha proposta diferente, cunha sonoridade máis variada.

O primeiro disco foi financiado pola propia banda e acabou sendo lanzado en setembro de 1998 pola discográfica Loosegroove, de propiedade de Stone Gossard, guitarrista de Pearl Jam. O álbum tivo unha repercusión impresionante e axudou a fixar o nome de Queens of the Stone Age como unha das grandes promesas do rock actual. A banda estivo en xira durante case dous anos, tocando xunto con grandes nomes como Bad Religion, Rage Against the Machine, The Smashing Pumpkins, Hole e Ween.

Rated R[editar | editar a fonte]

En xuño de 2000, Screaming Trees anuncia a súa fin, deixando a Josh exclusivamente dedicado a Queens of the Stone Age, que, de volta ao deserto de California, traballaría no seu segundo álbum que contaria con varias participacións especiais. No mesmo mes é lanzado Rated R, desta vez pola Interscope Records, unha grande discográfica. O disco, que ten participacións de Mark Lanegan e Barrett Martin (Screaming Trees), Rob Ralford (ex-Judas Priest) e Pete Stahl entre outros, é recibido con entusiasmo pola crítica, pero non consegue grandes cifras nas súas vendas. Para o segundo disco, a banda tivo dous baterías, Gene Troutman e Nicky Lucero.

Songs for the Deaf[editar | editar a fonte]

Nick Oliveri coa banda no 2003

No ano 2002 a banda xa estaba no estudo preparando o seu terceiro disco. Mark Lanegan xa é un integrante definitivo do grupo, o segundo vocalista, mentres que na batería, a banda conta coa participación do ilustre Dave Grohl. Co disco listo, Queens of the Stone Age comeza unha nova xira, con Lanegan e Grohl. Songs for the Deaf é lanzado en agosto e o éxito entre público e crítica é case unánime.

En 2004, a banda pasa por complicacións. Despois de que Dave Ghrol retornase a Foo Fighters (e lanzar un disco que posúe latentes influencias de seu período en Queens), Joey Castillo asume as baquetas do grupo. Pero Josh decidiu expulsar a Nick Oliveri, alegando estar canso do comportamento irresponsable do seu compañeiro. Mark Lanegan decide aproveitar e deixar a banda tamén. É lanzado o EP "Stone Age Complication" nunha tentativa de calmar as cousa, mentres Josh Homme tenta reorganizar a banda para gravar o cuarto disco. A actual formación da banda é Josh Homme, Alain Johannes (multi-instrumentista que xa colaborou nas Desert Sessions e con Chris Cornell), Troy Van Leeuwen (guitarrista, ex-A Perfect Circle) e Joey Castillo.

Lullabies to Paralyze[editar | editar a fonte]

Ese é o equipo que gravou o cuarto disco de Queens, Lullabies to Paralyze. Sen Nick Oliveri, moitos fans acaban achando que a banda perdeu boa parte da súa forza, e o disco acaba recibindo unha crítica menos entusiasmada que o seu antecesor.

En 2005, en medio de noticias dunha posible volta de Oliveri, Queens lanza o seu primeiro rexistro en directo, Over the Year and Through the Woods, álbum cun concerto gravado en Londres acompañado dun DVD con máis de tres horas de material tirado do arquivo da banda.

No outono do 2005 a banda telonea a Nine Inch Nails na xira norteamericana de With Teeth xunto con Autolux (na primeira metade da xira) e Death from Above 1979 (na segunda). O guitarrista de NIN Aaron North tocou coma convidado con Queens nos temas "Born to Hula", "Regular John", "Avon", "Monsters in the Parasol" e "Long, Slow Goodbye" nos concertos celebrados no Wiltern LG dos Ánxeles os días 19 e 20 de decembro. Ese día 20 tamén tocou con eles John Garcia, sendo a primeira vez que tocaba con Homme dende 1997. A banda tocaría tres temas de Kyuss nese concerto: "Thumb", "Hurricane" e "Supa Scoopa and Mighty Scoop".

Era Vulgaris[editar | editar a fonte]

Josh Homme, líder dos Queens

O 14 de febreiro de 2007 anunciouse a través da páxina da banda que o novo álbum titularíase Era Vulgaris e sería lanzado no mes de xuño. Ese mesmo mes de febreiro apareceron vídeos amosando a Homme, Castillo, Van Leeuwen e Johannes no estudio.[3] Varias páxinas anunciaron que o álbum incluiría a varios vocalistas convidados, incluíndo a Trent Reznor de Nine Inch Nails, Julian Casablancas de The Strokes, Mark Lanegan, Billy Gibbons de ZZ Top e o falecido humorista Erma Bombeck.

Era Vulgaris rematouse a principios de abril do 2007 e editouse o 12 de xuño nos Estados Unidos. Os temas "Sick, Sick, Sick" e "3's & 7's" lanzáronse coma sinxelos a principios dese mes.[4]

O baixista Michael Shuman (Wires On Fire, Jubilee e Mini Mansions) e o teclista Dean Fertita (The Waxwings, The Dead Weather) fixéronse cargo durante a xira do traballo de Alain Johannes e Natasha Shneider respectivamente.[4][5] En xullo do 2007 Van Leeuwen anunciou que a banda estaba compoñendo material novo,[6] e posteriormente Homme suxeríu que poderían editalo como un EP. Despois dunha entrevista con Homme, o xornal The Globe and Mail publicou que ese EP "podería conter unhas 10 caras-B gravadas durante as sesións do Era Vulgaris". Poreén, debido á falta de vontade da discográfica de lanzar máis material d banda neses intres, o EP non chegou a ver a luz.

Queens comezou unha xira por Norteamérica no 2007 chamada Duluth Tour, debido ao feito de que a realizarían en pequebas cidades onde nunca tocaran, coma Duluth, Minnesota. A xira estendeuse a outras zonas, como o Reino Unido, onde a banda realizou máis concertos que en xiras previas por ese país. Entre finais de marzo e principios de abril do 2008 o grupo tocou en Australia, na xira do festival V. Durante os primeiros días de maio a banda completaría a parte canadense da xira. Coa morte de Natasha Shneider debido a un cancro o día 2 de xullo dese ano, qotsa.com foi actualizada cunha mensaxe de Homme na memoria de Natasha, substituíndo á habitual portada da páxina.

O día 16 de agosto do 2008 Queens of the Stone Age realizou un concerto en homenaxe a Natasha Shneider no Henry Fonda Theatre nos Ánxeles. No escenario uníuselles o seu marido Alain Johannes, Jack Black e Kyle Gass, Matt Cameron, Brody Dalle, Jesse Hughes, Chris Goss e PJ Harvey, tocando varios temas, tanto da banda como versión doutros artistas. A recadación do concerto destinouse a sufragar os gastos ocasionados pola enfermidade de Natasha.

Os días 22 e 23 de agosto Queens of the Stone Age tocou os seus derradeiros concertos da xira de promoción de Era Vulgaris no festival de Reading e Leeds, e Josh Homme anunciou nunha entrevista á BBC que volverían ao estudio para traballar no seu novo disco.[7]

Problemas de saúde de Homme[editar | editar a fonte]

A banda en 2007

Nun número de setembro da revista NME, Josh Homme afirmou que estaba traballando nos novos discos de Queens of the Stone Age e das Desert Sessions, ademais de estar preparando unha remasterización do primeiro álbum do grupo, Queens of the Stone Age, para principios do 2009. Porén, estes plans atrasáronse indefinidamente. Homme tamén dixo que o novo álbum dos Queens soaría como "unha orxia do deserto na escuridade".

Todos os membros da banda puxéronse a traballar en proxectos paralelos durante o período de inactividade. Troy Van Leeuwen toca a guitarra na súa nova banda, Sweethead. Joey Castillo tocou con Eagles of Death Metal na súa xira Heart On. O baixista Michael Shuman tocou o baixo e cantou na banda Mini Mansions, mentres que Dean Fertita converteuse no guitarrista e teclista do proxecto paralelo de Jack White, The Dead Weather. Josh Homme formou o supergrupo Them Crooked Vultures con Dave Grohl dos Foo Fighters e John Paul Jones de Led Zeppelin.[8] A banda editou o seu álbum de estrea, Them Crooked Vultures, o 16 de novembro do 2009.

Segundo o guitarrista Troy Van Leeuwen, a banda tiña plans para volver a unirse no verán do 2010. Nunha entrevista, Josh Homme revelou que o grupo relanzaría o seu primeiro álbum e que faría unha xira de promoción, tocando só temas do mesmo. O 12 de marzo a súa páxina en Internet foi actualizada para engadir unha xira en Alemaña para finais de agosto, as súas primeiras actuacións dende o 2008. Máis recentemente editáronse unha edición de 2 CDs do álbum Rated R. A edición conta co CD orixinal e outro con 6 caras-B e gravacións ao vivo da actuación en Reading no ano 2000.

No ano 2010 Homme sufriu complicacións durante unha operación nun xeonllo, ao pararse o seu corazón durante un breve período de tempo debido a unha falta de osíxeno; os médicos tiveron que usar un desfibrilador para revivilo. Tras este episodio estivo prostrado en cama durante catro meses e deprimíuse, chegando a pensar en abandonar completamente a súa carreira musical.[9] Homme falou desa experiencia nunha entrevista no podcast WTF de Marc Maron, explicando que contraíra unha infección por SARM que o seu sistema inmunolóxico non puido combater debido ao estrés. Dende entón Homme dixo que a experiencia contribuíu en gran medida á composición e gravación de ...Like Clockwork.[10]

Tras a recuperación de Homme Queens of the Stone Age publicou unha versión remasterizada do seu álbum de estrea a principios de 2011, e interpretou o álbum integramente nunha xira promocional.[11] A banda actuou en Conan o 14 de abril,[12] e posteriormente tocou no festival australiano Soundwave. Ao longo do verán de 2011 Queens of the Stone Age tocou en varios festivais europeos, incluído o Glastonbury Festival. A banda tamén tocou no Pearl Jam's 20th Anniversary Festival en East Troy, Wisconsin. os días 3 e 4 de setembro de 2011, nos que serían os derradeiros concertos do batería Joey Castillo co grupo.

...Like Clockwork[editar | editar a fonte]

A banda xa tiña plans para gravar a continuación de Era Vulgaris en 2008,[13] pero as gravacións non comezarían ata o mes de agosto de 2012.[11] Segundo Homme, o álbum estaría rematado para finais dese ano. Josh explicou á BBC Radio 1, "Imos tomar o noso último descanso que durará un mes, volver e facer Glastonbury, despois iremos inmediatamente ao estudio. O noso disco estará feito cara finais de ano. Temos cancións suficientes".[14]

En novembro de 2011 o colaborador habitual Alain Johannes falou do seu traballo de estudio coa banda, comentando que iniciaran as gravacións e que o discto tiña moi boa pinta.[15] O 20 de agosto de 2012 a banda actualizou o seu estado de Facebook dicindo que estaban "gravando" o seu novo álbum. No mes de setembro dese ano revelouse que Homme e o produtor Dave Sardy compuxeran e gravaran unhacanción titulada "Nobody To Love", que aparece nos créditos finais do filme End of Watch.[16]

En novembro de 2012 Homme informou de que Joey Castillo deixara a banda e que as baterías no novo traballo serían interpretadas por Dave Grohl, que xa se encargara delas en Songs for the Deaf.[17] Homme tamén confirmou que o álbum sería editado antes da súa actuación no Download Festival en xuño de 2013. Ademais de Grohl, tamén colaboraría no disco, incluídos os os anigos baixistas Nick Oliveri[18] e Johannes,[19] e o vocalista Mark Lanegan.[20]

Varias colaboracións de distintos músicos tamén foron anunciadas para ...Like Clockwork, entre elas a de Trent Reznor, líder de Nine Inch Nails,[21] Jake Shears, líder de Scissor Sisters,[22] Brody Dalle[19] e Elton John.[23]

A principios de 2013, Homme e outros colaboradores de Queens, como Alain Johannes e Chris Goss, gravaron para a banda sonora do documental de Dave Grohl Sound City. Goss, Johannes e Homme apareceron cada un en tres temas. Josh destaca nunca colaboración con Grohl e Trent Reznor chamada "Mantra", e tamén aparece no filme nunha entrevista. Goss e Johannes foron membros do supergrupo Sound City Players, tocando cancións de Masters of Reality, Eleven e The Desert Sessions, ademais de aparecer en cancións da banda sonora. O antigo baixista de Kyuss, Scott Reeder, tamén aparece nun tema do disco.[24]

En marzo de 2013 Queens of the Stone Age anunciou que o novo álbum, titulado ...Like Clockwork, sería lanzado en xuño dese ano a través do selo Matador Records.[25][26] A discográfica publicou unha nota de prensa o 26 de marzo revelando máis detalles do disco, incluídos a aparición de máis músicos invitados: Alex Turner de Arctic Monkeys e James Lavelle de UNKLE. Ademais da colaboración de Grohl, o disco conta coa aparición do antigo batería Castillo, e do novo batería da banda Jon Theodore (ex-The Mars Volta, One Day as a Lion).[27][28] Queens of the Stone Age estreou unha nova canción, "My God Is The Sun", no festival Lollapalooza Brasil o 30 de marzo,[29] unha actuación na cal Theodore fixo a súa estrea ao vivo. A versión de estudio do tema estreouse no programa de Zane Lowe da BBC Radio 1 o día 8 de abril.

...Like Clockwork publicouse o día 3 de xuño de 2013 no Reino Unido e o 4 nos Estados Unidos a través de Matador Records. Autoproducido pola banda é o primeiro álbum de Queens of the Stone Age en contar coa colaboración plena do baixista Michael Shuman e o teclista e guitarrista Dean Fertita. O álbum estreouse no número 1 nos Estados Unidos, sendo o primeiro álbum do grupo en conseguilo.[30]

A xira de promoción de ...Like Clockwork culminou cunha festa de Halloween en The Forum, nos Ánxeles, con invitados como The Kills, JD McPherson e a banda de Nick Oliveri Uncontrollable.[31] A actuación da banda contou cunha aparición de Oliveri que tocou durante os bises temas como "Auto Pilot" e "Quick and to the Pointless", que non foran interpretados nunha década.[32]

Villains[editar | editar a fonte]

En Wembley en novembro de 2017

En xaneiro de 2014 Homme dixo á revista Rolling Stone que a banda comezaría a gravar un novo álbum cando rematase a de ...Like Clockwork.[33] No mes de xuño Homme realizou un concerto acústico en solitario no festival Meltdown de James Lavelle con invitados como Troy Van Leeuwen e Mark Lanegan. Durante esta actuación Homme tocou unha nova canción chamada "Villains of Circumstance", que foi interpretada novamente noutro acústico en 2016.[34] A banda dixo en febreiro de 2015, cando se anunciou a súa participación no Rock in Rio de 2015 en Río de Xaneiro no mes de setembro, que estaban a piques de gravar un novo traballo.[35] A pesar diso, en marzo de 2016 Michael Shuman revelou que QotSA estaba tomándose un descanso.[36]

Durante este período os membros da banda traballaron en distintos proxectos. Josh Homme e Dean Fertita colaboraron no álbum de Iggy Pop de 2016 Post Pop Depression e na súa respectiva xira, mentres que Troy van Leeuwen uniuse ao supergrupo Gone Is Gone con plans para editar un EP e un álbum de estudio.[37] En maio de 2016 Van Leeuwen anunuciou plans para gravar o sétimo traballo de Queens of the Stone Age "nalgún momento deste ano".[38]

En xaneiro de 2017 Troy Sanders, de Mastodon e Gone Is Gone, dixo que Queens of the Stone Age publicaría un novo disco nese mesmo ano.[39] Tras isto a banda publicou varias fotografías nas redes sociais no estudio[40] e anunciou que tocaría no Fuji Rock Festival en xullo, sendo a súa primeira actuación no Xapón dende o ano 2003. O grupo actualizou as súas contas nas redes sociais cun novo logotipo e as palabras "Coming Twentyfive" o 6 de abril de 2017, e anunciou unha xira por Australia e Nova Zelandia que comezaría en xullo.

O 14 de xuño de 2017 Queens of the Stone Age anunciou o seu novo álbum Villains, que sería lanzado o 25 de agosto. O trailer de avance tomou a forma dun sketch cómico coa banda realizando un test poligráfico con Liam Lynch xunto coa aparición do produtor do álbum Mark Ronson, e contando cun fragmento da canción "Feet Don't Fail Me". O primeiro sinxelo, "The Way You Used to Do", apareceu no día seguinte xunto co anuncio dunha xira mundial.[41][42] O segundo sinxelo, “The Evil Has Landed”, lanzouse o 10 de agosto.[43]

O 24 de outubro de 2017, como parte da xira de Villains, a banda foi cabeza de cartel no Madison Square Garden por vez primeira, despois de ter sido abreconcertos alí para Nine Inch Nails en 2005, e para Red Hot Chili Peppers en 2003. Tres conxuntos de entradas gratuítas agacháronse en tres estacións ao longo da liña Q do metro de Nova York.

Presente[editar | editar a fonte]

Nunha entrevista con eonmusic en xuño de 2019 Billy Gibbons, de ZZ Top, anunciou que colaborara nun novo álbum de Queens of the Stone Age que sería anunciado por Homme nese mesmo ano. Gibbons tamén confirmou que Dave Grohl estaba implicado nas sesións de gravación.[44] Gibbons despois confirmou ter colaborado nos volumes 11 e 12 de The Desert Sessions, mentres que Grohl negou os rumores, dicindo que el e Homme só pasaran tempo xuntos "montando en moto e comendo gofres".[45]

En outubro de 2019 a banda anunciou reedicións en vinilo de Rated R, Songs for the Deaf, Lullabies to Paralyze, e Era Vulgaris.

Membros[editar | editar a fonte]

Membros actuais[editar | editar a fonte]

Antigos membros[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Queens of the Stone Age 1998 Loosegroove Records
Rated R 2000 Interscope Records
Songs for the Deaf 2002 Interscope Records
Lullabies to Paralyze 2005 Interscope Records
Era Vulgaris 2007 Interscope Records
...Like Clockwork 2013 Matador Records
Villains 2017 Matador Records
In Times New Roman... 2023 Matador Records

EPs[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Gamma Ray 1996 Man's Ruin Records
Kyuss/Queens of the Stone Age 1997 Man's Ruin Records
The Split CD 1998 Man's Ruin Records
Stone Age Complication 2004 Interscope Records

Álbums ao vivo[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Over the Years and Through the Woods 2005 Interscope Records
iTunes Festival: London 2013 – EP 2013 Matador Records
...Like Cologne 2013 autoeditado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "QOTSA Reviews | 1998/xx/xx - Rough Edge.com: Queens of the Stone Age Review". www.thefade.net. Consultado o 2019-11-01. 
  2. "Gamma Ray discography". www.thefade.net. Consultado o 2019-11-01. 
  3. "QOTSA Rocks Hard, Fast On 'Era Vulgaris'". Billboard. Consultado o 2019-11-01. 
  4. 4,0 4,1 "Queens of the Stone age unveil new album artwork". Uncut. 2007-05-28. Archived from the original on 28 de maio de 2007. Consultado o 2019-11-01. 
  5. "BLABBERMOUTH.NET - QUEENS OF THE STONE AGE Films 'Sick, Sick, Sick' Video". web.archive.org. 2007-05-06. Archived from the original on 06 de maio de 2007. Consultado o 2019-11-01. 
  6. "Queens Of The Stone Age discuss Duluth tour". NME. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2013. Consultado o 2019-11-01. 
  7. "BBC - Reading and Leeds Festivals 2008 - Queens of the Stone Age". www.bbc.co.uk. Consultado o 2019-11-01. 
  8. "BLABBERMOUTH.NET - JOSH HOMME, JOHN PAUL JONES , DAVE GROHL Collaborate On New Project". web.archive.org. 2009-07-04. Archived from the original on 04 de xullo de 2009. Consultado o 2019-11-01. 
  9. "Home, sweet Homme". Independent.ie (en inglés). Consultado o 2019-11-01. 
  10. "Episode 431 - Josh Homme". WTF with Marc Maron Podcast (en inglés). Consultado o 2019-11-01. 
  11. 11,0 11,1 "BLABBERMOUTH.NET - Queens of the Stone Age to Begin Recording In January". web.archive.org. 2011-01-04. Archived from the original on 04 de xaneiro de 2011. Consultado o 2019-11-01. 
  12. "BLABBERMOUTH.NET - QUEENS OF THE STONE AGE Performs On 'Conan' (Video)". web.archive.org. 2011-04-21. Archived from the original on 21 de abril de 2011. Consultado o 2019-11-01. 
  13. "QotSA to reconvene next summer | stereokill.net". web.archive.org. 2009-11-14. Archived from the original on 14 de novembro de 2009. Consultado o 2019-11-01. 
  14. "Queens Of The Stone Age: 'Our record will be done by the end of the year'". NME Music News, Reviews, Videos, Galleries, Tickets and Blogs | NME.COM (en inglés). 2011-05-20. Consultado o 2019-12-03. 
  15. "Alain Johannes Updates Fans On Eleven, Chris Cornell, QOTSA & More". Antiquiet (en inglés). 2011-11-14. Consultado o 2020-09-07. 
  16. "End of Watch (2012) - Soundtrack.Net". www.soundtrack.net. Consultado o 2020-09-07. 
  17. Cochrane, Greg (2012-07-11). "Dave Grohl joins Queens Of The Stone Age on new album". BBC Newsbeat (en inglés). Consultado o 2020-09-07. 
  18. FernandoDante13 (2012-11-28). "Nick Oliveri is Also on the New Queens Of The Stone Age Record". Antiquiet (en inglés). Consultado o 2020-09-07. 
  19. 19,0 19,1 "Alain Johannes, Nick Oliveri e Brody Dalle gravando voces para QotSA". twitpic.com. Consultado o 2020-09-07. 
  20. "Queens Of The Stone Age confirm Mark Lanegan's appearance on new album". NME (en inglés). 2013-01-28. Consultado o 2020-09-07. 
  21. FernandoDante13 (2012-11-13). "Trent Reznor to Guest on New Queens Of The Stone Age Album". Antiquiet (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2014. Consultado o 2020-09-07. 
  22. "New QOTSA Album to Also Feature Scissor Sisters Frontman". Antiquiet (en inglés). 2012-12-21. Consultado o 2020-09-07. 
  23. "Elton John is Also on the New QOTSA Record". Antiquiet (en inglés). 2013-02-07. Consultado o 2020-09-07. 
  24. "Sound City". Consultado o 2020-09-07. 
  25. "Queens of the Stone Age Preview ‘…Like Clockwork’ Album, Sign to Matador". Spin. 2013-03-22. Consultado o 2020-09-07. 
  26. "Queens Of The Stone Age Tease New Album ‘…Like Clockwork’". Antiquiet (en inglés). 2013-03-22. Consultado o 2020-09-07. 
  27. FernandoDante13 (2013-03-26). "QOTSA Name Jon Theodore as New Drummer, ‘…Like Clockwork’ to Also...". Antiquiet (en inglés). Consultado o 2020-09-07. 
  28. "Nota de prensa de Matador Records". web.archive.org. 2013-06-25. Archived from the original on 25 de xuño de 2013. Consultado o 2020-09-07. 
  29. "Queens of the Stone Age vai tocar música inédita em show de hoje". VEJA SÃO PAULO (en portugués). Consultado o 2020-09-07. 
  30. Morris, Chris; Morris, Chris (2013-06-12). "Queens of the Stone Age’s ‘Like Clockwork’ Debuts At No. 1". Variety (en inglés). Consultado o 2020-09-07. 
  31. "Queens Of The Stone Age to finish '...Like Clockwork' tour with Halloween party in LA". NME (en inglés). 2014-07-07. Consultado o 2020-09-07. 
  32. Kreps, Daniel (2014-11-01). "Watch Queens of the Stone Age Reunite With Nick Oliveri". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2020-09-07. 
  33. Stone, Rolling; Stone, Rolling (2014-01-06). "QOTSA 'Absolutely' Recording New Album". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2020-09-08. 
  34. "Josh Homme plays new song 'Villains of Circumstance' during Meltdown acoustic set". NME (en inglés). 2014-06-17. Consultado o 2020-09-08. 
  35. "QOTSA, System Of A Down and Johnny Depp for Rock In Rio 2015". www.gigwise.com. Consultado o 2020-09-08. 
  36. "Queens Of The Stone Age 'taking a break'". NME (en inglés). 2015-03-19. Consultado o 2020-09-08. 
  37. Camp, Zoe. "Mastodon, Queens of the Stone Age, At the Drive-In Members Form Supergroup Gone is Gone, Tease New Song "Violescent": Listen". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-09-08. 
  38. "Troy Van Leeuwen From QOTSA Speaks On Touring With Iggy Pop And Gear". Guitar Aficionado (en inglés). 2016-04-27. Consultado o 2020-09-08. 
  39. "Queens of the Stone Age to unleash new album in 2017". Consequence of Sound (en inglés). 2017-01-11. Consultado o 2020-09-08. 
  40. Kennelty, Greg (2017-02-07). "QUEENS OF THE STONE AGE Appears To Be In The Studio". Metal Injection (en inglés). Consultado o 2020-09-08. 
  41. Blais-Billie, Braudie. "Queens of the Stone Age Announce New Album Villains, Preview New Song: Watch". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-09-08. 
  42. Blistein, Jon; Blistein, Jon (2017-06-15). "Queens of the Stone Age Detail New Album 'Villains,' Tour". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2020-09-08. 
  43. Blabbermouth (2017-08-10). "Listen To New QUEENS OF THE STONE AGE Song 'The Evil Has Landed'". BLABBERMOUTH.NET. Consultado o 2020-09-08. 
  44. "EXCLUSIVE: ZZ Top's Billy Gibbons, Dave Grohl Set to Appear on new Queens of the Stone Age Album.". eonmusic: music for life. (en inglés). Consultado o 2020-09-08. 
  45. "Dave Grohl on Foo Fighters' return to Reading: "This festival is my first love"". NME (en inglés). 2019-08-21. Consultado o 2020-09-08. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Páxina oficial da banda (en inglés)