Ween

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ween
Ween.jpg
Orixe New Hope (Pennsylvania), Flag of the United States.svg
Período 1984 - actualidade
Xénero(s) rock alternativo, rock experimental, neo-psychedelia, lo-fi, post-punk
Selo(s) discográfico(s) Elektra, Chocodog, Sanctuary
Membros Dean Ween
Gene Ween
Dave Dreiwitz
Claude Coleman Jr.
Glenn McClelland
Web oficial http://ween.com


Ween é unha banda de rock alternativo formada en 1984 en New Hope (Pennsylvania) cando Aaron Freeman (Gene Ween) e Mickey Melchiondo (Dean Ween) coñecéronse na clase de mecanografía de oitavo grao. Despois de centos de gravacións caseiras, Ween conseguiu unha grande base de fans no underground a pesares de ser bastante descoñecidos polo público en xeral.

Historia[editar | editar a fonte]

As súas primeiras gravacións caseiras eran anárquicas e cun espírito moi libre, con influencias coma Syd Barrett, The Beatles, Queen, Prince, Butthole Surfers, The Residents é o movemento punk lo-fi. A finais dos anos 80 autoeditaron seis casetes: Mrs. Slack, The Crucial Squeegie Lip, Axis: Bold as Boognish, Erica Peterson's Flaming Crib Death, The Live Brain Wedgie/WAD e Prime 5. Nese tempo, Gene tamén editou a súa propia cinta, Synthetic Socks, onde Dean aparecía nuns poucos temas. Ween foi a miúdo comparado nos seus primeiros anos con outros artistas pouco convencionais coma Frank Zappa e Tom Waits, a pesares de que eles evitaban esas comparacións. A primeira aparición pública de Ween foi unha versión de "Purple Haze" no peche dun concurso de talentos en 1987. Ween gañou reputación localmente tocando nalgúns bares lendarios de New Hope, Pennsylvania.

Ween asinou un contrato con Twin/Tone Records en 1989 e editou o su primeiro álbum GodWeenSatan: The Oneness o ano seguinte, formado por 26 temas eclécticos. O grupo gravou un segundo álbum nun gravador de cinta de 4 pistas dende xaneiro a outubro de 1990, nun apartamento chamado The Pod, situado en Solebury Township, Pennsylvania. Este traballo, The Pod, lanzouse en 1991. A banda usou caixas de ritmos, guitarras e voces con tonos axustados e un sentido do humor especial como caractarísticas do seu son. A portada de The Pod era unha parodia da portada do álbum de Leonard Cohen The Best of Leonard Cohen, pero coa cabeza de Mean Ween (o baixista Chris Williams) no sitio da de Cohen.

Pure Guava, a primeira dunha serie de edicións co selo Elektra, contén o seu sinxelo que máis alto chegou nas listas, "Push th' Little Daisies" (1992), que obtivo moita atención por parte da cadea MTV, sendo o seu video destacado no programa Beavis and Butt-head.

Chocolate and Cheese seguíuno en 1994, contando con temas influenciados polo pop/rock dos 70 e o soul, como "Freedom of '76" e "Voodoo Lady", que apareceu nas películas Road Trip e Dude Where's My Car. O video de "Freedom of '76" foi dirixido por Spike Jonze. Nese tempo Ween comezou a integrar novos membros, conseguindo unha mellor produción no estudio e unha mellor configuración ao vivo (ata esa data chegaron a usar cintas DAT pregravadas para ter coros nos concertos).

Ween contou con músicos de sesión de Nashville para a gravación de 12 Golden Country Greats (1996), que só contén dez temas. O álbum de temática nautica The Mollusk seguíuno en 1997. Moitos seareiros e críticos considérano o mellor álbum da banda.

O desexo da banda de buscar medios alternativos levou á edición de Craters of the Sac só en MP3 no ano 1999. Elektra Records lanzou un recompilatorio en directo titulado Paintin' the Town Brown: Ween Live 1990-1998 ese mesmo ano.

No ano 2000 apareceu White Pepper, un álbum con temática pop e o seu derradeiro traballo con de estudio con Elektra. O tema "Even If You Don't" tivo un video musical realizado polos creadores de South Park, Trey Parker e Matt Stone.

En 2001 o grupo creou o seu propio selo, Chocodog Records, co obxectivo principal de lanzar diversos álbums ao vivo de la banda. Orixinalmente, Paintin' The Town Brown: Ween Live 1990-1998 ía ser o primeiro lanzamento do mesmo. Según Dean Ween, unha vez que o álbum foi completado, Elektra víu potencial comercial e negoulle á banda o dereito de editalo por medio de Chocodog. O primeiro lanzamiento de Chocodog foi Live In Toronto Canada (unha gravación dun concerto da súa xira de 1996, na que Ween tocou con The Shit Creek Boys).

No 2003 asinaron con Sanctuary Records e editaron Quebec, o seu primeiro álbum de estudio en tres anos. No 2004 lanzouse o CD/DVD Live in Chicago, con temas de dúas actuacións ao vivo.

En febreiro do 2006, Dean e Gene, xunto co resto da banda, alugaron unha vella granxa e convertérona nun estudio. Despois de compoñer uns 50 temas e gravar versións en bruto a través do ano 2006, regravaron co produtor Andrew Weiss as producer as versións das cancións que entrarían no EP The Friends e no álbum La Cucaracha.

O 21 de setembro do 2008, Dean Ween anunciou na páxina oficial de Ween que estaban pensando editar un CD-DVD antes do Nadal de ese ano. O CD foi titulado At the Cat's Cradle e fora gravado ao vivo no Cat's Cradle en Chapel Hill, North Carolina, o 9 de decembro de 1992. A edición tamén incluía un DVD con videos de actuacións desa época.

Discografía[editar | editar a fonte]

Primairos lanzamentos independentes (1986 - 1989)[editar | editar a fonte]

  • Mrs. Slack
  • The Crucial Squeegie Lip - 1986
  • Axis: Bold As Boognish - 1987
  • Erica Peterson's Flaming Crib Death - 1987
  • The Live Brain Wedgie/WAD - 1988
  • Prime 5 - 1989

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Álbums ao vivo[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]