Natasha Shneider

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Natasha Shneider

Nome completo
Alias
Naceu 22 de maio de 1956
Orixe Moscova, Rusia
Morreu 2 de xullo do 2008 (52 anos)
Ocupación (s) actriz, músico
Xénero
Instrumento(s) teclados, voz, baixo
Tipo de voz
Selo(s) discográfico (s)
Relacionado con Eleven, Queens of the Stone Age, Chris Cornell
Tempo en activo 1983 - 2008
Web

Natasha Shneider, nada en Moscova o 22 de maio de 1956 e finada en Los Angeles (California) o 2 de xullo do 2008, foi unha música rusa, que destacou como teclista e vocalista da banda Eleven, onde tocaba tamén o seu marido Alain Johannes. Tocou tamén o baixo nos tres primeiros álbums da banda.

Shneider e o seu marido contribuíron no álbum de Queens of the Stone Age Songs for the Deaf e uníronse á banda durante a xira de promoción do álbum de 2005 Lullabies to Paralyze. Tamén compuxeron, interpretaron e produxeron con Chris Cornell para o seu traballo en solitario de 1999 Euphoria Morning, e formaron parte da súa banda na xira posterior.

Shneider tamén actuou en dúas películas, facendo os papeis da cosmonauta rusa Irina Yakunina no filme 2010 (1984), e da estudante de intercambio polaca Wanda Yakubovska en Spiker (1986). Fixo tamén papeis secundarios nas series de televisión Miami Vice e Hill Street Blues.