Josh Homme

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Josh Homme
QOTSA Live Paris 200508 2.jpg
Josh Homme (no centro) con Queens of the Stone Age
Nome completo Joshua Michael Homme III
Naceu 17 de maio de 1973 (40 anos)
Orixe Joshua Tree, California. Estados Unidos Flag of the United States.svg
Ocupación (s) músico, compositor, produtor
Relacionado con Kyuss, Queens of the Stone Age, Eagles of Death Metal, Mondo Generator, The Desert Sessions, Screaming Trees, Fififf Teeners, Them Crooked Vultures
Tempo en activo dende 1987


Joshua Michael Homme, nado en Joshua Tree (California) o 17 de maio de 1973 , é un músico e produtor estadounidense.

Foi un dos membros fundadores da banda de stoner rock Kyuss, e tamén de Queens of the Stone Age, onde canta e toca a guitarra. Porén Homme é un multi-instrumentista e tamén toca o baixo, a batería e os teclados. Co-fundou e ocasionalmente toca con Eagles of Death Metal como batería, e continúa producindo e editando series de improvisación musical con outros músicos, a maioría da escena de Palm Desert, coñecidas como The Desert Sessions. No ano 2009 apareceu nun novo proxecto chamado Them Crooked Vultures, ao carón de Dave Grohl e John Paul Jones.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Homme naceu en Joshua Tree e medrou en Palm Desert. Comezou a tocar a guitarra cando tiña nove anos. Aos 15 anos foi un dos fundadores da banda de desert rock Kyuss xunto cos seus compañeiros de escola John Garcia e Brant Bjork, onde era guitarrista e principal compositor, e que se separou no ano 1997. É fundador e único membro permanente da banda de rock Queens of the Stone Age. Tamén é cofundador e toca a batería en Eagles of Death Metal e continúa producindo e editando material nun proxecto musical con outros músicos baixo o nome de The Desert Sessions (no seu propio estudio en Palm Desert).

Homme tamén tocou a guitarra con Screaming Trees e Mark Lanegan (que posteriormente se uniu a Queens of the Stone Age). Outras bandas ou proxectos nos que colaborou son: Mondo Generator, Foo Fighters, PJ Harvey, Fatso Jetson, Like Hell, Mark Lanegan Band, Masters of Reality, The Aquitted Felons, Millionaire, Wellwater Conspiracy, U.N.K.L.E., Melissa Auf der Maur, Paz Lenchantin, A Perfect Circle, Death from Above 1979, Martina-Topley Bird, Earthlings?, Mastodon, Peaches, ou Local H.