Julian Casablancas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Julian Fernando Casablancas
Julian Casablancas 01.JPG
Alias Julian Casablancas
Naceu 23 de agosto de 1978
Orixe Nova York, EUA
Ocupación (s) músico, compositor
Xénero Indie rock, New Wave, alternative rock, garage rock, post-punk revival, synthpop
Instrumento(s) Voz, guitarra, teclado, baixo, harmónica
Selo(s) discográfico (s) Cult, Rough Trade, RCA, Sony BMG
Relacionado con The Strokes, Queens of the Stone Age, The Lonely Island, Danger Mouse, N.E.R.D, Santigold, Digitalism (band), Pearl Jam
Tempo en activo 1998–actualmente
Na rede
http://www.juliancasablancas.com/, http://www.thestrokes.com/

Julian Fernando Casablancas, nado o 23 de agosto de 1978 en Nova York, é o vocalista da banda estadounidense de garage rock The Strokes.

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Julian Casablancas é fillo do empresario hispanoestadounidense John Casablancas, fundador de Elite Model Management, e Jeanette Christiansen, unha modelo dinamarquesa que foi Miss Dinamarca en 1965, e irmán de Cecile Casablancas. Os seus pais divorciáronse cando Casablancas era moi novo, e este foi a vivir con súa nai e Sam Adoquei, que lle aprendeu sobre a arte e a ética do traballo.

O primeiro membro da banda que Casablancas coñeceu foi Nikolai Fraiture xa que ambos asistían ao mesmo xardín de infancia. Cando tiña 14 años, Casablancas foi descuberto bebendo despois da escola e en consecuencia forzado a un programa de rehabilitación chamado Phoenix House dúas veces por semana. Pouco despois, seu pai enviouno ao Instituto Le Rosey, un internado na Suíza para fillos de xente influente. Foi aí onde coñeceu a Albert Hammond Jr. Se ben os dous non foron amigos no comezo, convertéronse en compañeiros de banda e de piso posteriormente.

Cando Casablancas regresou a Nova York despois de seis meses en Le Rosey, continuou a súa educación no Dwight School de Manhattan, onde se reuniu con Fabrizio Moretti e Nick Valensi, que logo se converterían en membros da banda. Deixou os estudos no 11 º grao e asistiu ao Five Towns College de Long Island durante un ano, recibindo unha bolsa, despois de escribir un clásico da composición. Traballou ademais como camareiro antes de entrar na música profesionalmente.

Influencis musicais[editar | editar a fonte]

As influencias musicais de Casablancas son variadas e van desde The Velvet Underground ata Television. Incluíndo a Tom Petty, Nirvana, The Doors, Pearl Jam, Ramones, The Clash, entre outros como The Beatles , Creedence Clearwater Revival, Bob Marley.

Carreira Musical[editar | editar a fonte]

The Strokes[editar | editar a fonte]

Julian Casablancas conta cun rango vocal moi amplo, no seu estilo vocal pódense apreciar influencias de Robert Pollard e Lou Reed. El tamén declarou que a súa canción favorita de todos os tempos é A change is gonna come de Sam Cooke.

Como compositor principal de The Strokes é coñecido por ser moi meticuloso co seu son. Julian compón nunha grande variedade de instrumentos, e emprega o teclado cando precisa realizar arranxos moi complexos para despois adaptalos para que poidan ser tocados por The Strokes.

Outro cambio recente é notable na gravación da súa voz, que soa moito máis forte e clara que nos seus dos primeiros discos, nos que Casablancas sempre empregaba un filtro ao cantar. Isto mudou en First Impressions of Earth, Julian dixo que isto foi preciso para que a súa voz se axustara ao estilo do último disco e non porque recibira críticas sobre a súa voz.

Participacións especiais[editar | editar a fonte]

No ano 2007, Julian Casablancas participou con Queens Of The Stone Age na canción Sick, Sick, Sick facendo os coros (Pódese atopar en Era Vulgaris).

No ano 2008 participou con Santigold (daquela Santogold) e N.E.R.D para facer a publicidade da famosa marca de zapatillas Converse. A canción chámase "My Drive Thru" e gañou popularidade rapidamente, pódese ver coma unha das mellores cancións bailables dese ano.

Participou no albúm do trío cómico formado no Saturday Night Live, The Lonely Island, que foi lanzado ao mercado o 10 de febreiro de 2009 e leva por título Incredibad. O tema no que colabora Julian titúlase Boombox.

Dark Night Of The Soul é o nome do proxecto musical creado por Danger Mouse, Sparklehorse e o director de cine David Lynch, que consta de 13 temas interpretados entre outros por Iggy Pop, Frank Black, Suzzane Vega, David Lynch e Julian Casablancas que pon voz ao tema Little Girl.

O 28 de xuño de 2011 lanzouse ao mercado un disco de covers da lenda do rock,Buddy Holly, para conmemorar o seu 75 aniversario, onde Julian aparece interpretando o tema "Rave on". Este ano foi elixido para ser a imaxe dunha colonia para home "Decibel", por Azzaro, onde Julian é autor da canción para a propaganda levando por nome "I Like The Night". Contribúe xunto co dúo alemán Digitalism na creación dunha canción titulada "Forrest Gump".

Carreira como solista[editar | editar a fonte]

Casablancas publicou o seu primeiro traballo en solitario, Phrazes For The Young o 3 de novembro de 2009 (Cult Records).[1] O seu lanzamento, viu precedido polo single "11th Dimension", á venda o 18 de setembro.[2] Dous meses despois, o 18 de novembro, publicouse un deluxe box-set do álbum no que, ademais do CD, se incluía un vinilo, un libro autografado polo propio artista, e outros extras.[1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

O 5 de febreiro de 2005 Julian contrae matrimonio con Juliet Joslin, nunha cerimonia privada en Nova York, unha das súas declaracións previas foi "I'm getting married... and it's 'hard to explain'"-"Caso... e é 'difícil de explicar' (coma a canción: 'Hard To Explain')"-. En marzo de 2010 el e a súa muller recibiron ao seu primeiro fillo Cal.

Discografía[editar | editar a fonte]

Como membro de The Strokes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Discografía de The Strokes.

Como solista[editar | editar a fonte]

Álbums de Estudio[editar | editar a fonte]

Singles[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Julian Casablancas Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]