Trent Reznor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Trent Reznor
Trentreznorcc.jpg
Nome completo Michael Trent Reznor
Alias
Naceu 17 de maio de 1965 (48 anos)
Orixe Mercer, Pennsylvania Flag of the United States.svg
Morreu
Ocupación (s) músico, compositor, vocalista, deseñador de son, produtor
Xénero rock industrial, rock alternativo, metal industrial, synthpop
Instrumento(s) voz, guitarra, piano, sintetizador, teclado, programación, baixo, saxofón, batería, tuba, sousáfono, marimba, pandeireta, clavecín, triángulo
Tipo de voz
Selo(s) discográfico (s)
Relacionado con Option 30, The Innocent, Exotic Birds, Lucky Pierre, Nine Inch Nails, Pigface, Tapeworm, Revolting Cocks, David Bowie, 1000 Homo DJs, Saul Williams, Gary Numan, El-P, How to Destroy Angels
Tempo en activo 1982 - actualidade
Web

Michael Trent Reznor, nado o 17 de maio de 1965 en Mercer, Pennsylvania, é un músico, compositor, multi-instrumentista e produtor estadounidense.

É o fundador do proxecto de rock industrial Nine Inch Nails e estivo tamén relacionado coas bandas Option 30, Exotic Birds e Tapeworm entre outros. Reznor deixou Interscope Records no ano 2007, pasando a ser un artista independente.

A primeira edición de Reznor coma Nine Inch Nails, Pretty Hate Machine de 1989, foi un éxito comercial, e dende entón leva editados sete álbums de estudio. Ademais do seu proxecto principal, Reznor colaborou con grande cantidade de artistas coma Marilyn Manson e Saul Williams. En 1997 apareceu na lista da revista Time da xente máis influente do ano, e a revista Spin describiuno coma "o artista máis vital na música".

Traxectoria [editar]

Naceu en Mercer, Pennsylvania e despois de que os seus pais se divorciasen vivíu co seus avós maternos, mentres a súa irmá Tera quedou coa súa nai. Reznor é descendente directo de George Reznor, quen fundou a Reznor Company, unha empresa de calefacción e aire acondicionado, en 1888. A familia vendeu o negocio na década dos 60.

Comezou a tocar o piano aos cinco anos e amosou habilidades para a música a unha idade moi nova. Na Mercer Area Junior/Senior High School, Reznor aprendeu a tocar o saxofón e a tuba, e alí foi membro das bandas de jazz e de marcha. Reznor tamén fixo teatro nos seus anos de instituto. Foi votado "mellor en drama" polos seus compañeiros polos seus papeis de Xudas en Jesus Christ Superstar e do profesor Harold Hill en The Music Man. Reznor graduouse no instituto en 1983 e matriculouse na Allegheny College, onde estudou enxeñería informática.