The Mars Volta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Mars Volta
The Mars Volta-5.jpg
A banda en directo
Orixe El Paso, Texas, Estados Unidos Flag of the United States.svg
Período 2001 - 2012
Xénero(s) rock progresivo, rock experimental
Selo(s) discográfico(s) GSL / Universal / Strummer
Membros Omar Rodríguez-López
Cedric Bixler-Zavala
Isaiah "Ikey" Owens
Juan Alderete
Thomas Pridgen
Marcel Rodriguez-Lopez
Adrián Terrazas-González
Paul Hinojos
John Frusciante
Web oficial themarsvolta.com


The Mars Volta foi unha banda norteamericana fundada polos membros da desaparecida At the Drive-In Cedric Bixler-Zavala e Omar Rodríguez-López. O seu estilo é difícil de clasificar, indo do rock ao hardcore, e pasando polo rock progresivo, a psicodelia e incluso a salsa.

Historia[editar | editar a fonte]

Os inicios[editar | editar a fonte]

Os membros da banda At the Drive-In, Cedric Bixler e Omar Rodríguez-López, estaban na banda De Facto co técnico de son Jeremy Ward dende mediados dos anos 90. De Facto tiña a Cedric na batería, a Omar no baixo e a Jeremy na voces e manexando os efectos.

A pesares de que o grupo comezou como unha banda local facendo rock, estiveron influenciados polos pioneiros do reggae como Lee Perry e Dr. Alimantado. O grupo tamén utilizaba música electrónica, música latina, salsa, e jazz, dando como resultado un son distinto e universal. A banda presentouse en locais próximos á súa cidade natal, El Paso (Texas) e lanzaron o seu primeiro álbum How do you dub? You Fight for Dub. You plug Dub in.

Ao trasladarse a Long Beach, California no ano 2000, a banda incorporou ao teclista Isaiah "Ikey" Owens. Ikey trouxo un novo ton a De Facto que conseguiu unha popularidade que antes non existía. En 2001, De Facto lanzou o seu segundo álbum, Megaton Shotblast, conseguindo éxito instantaneamente. Omar e Cedric decidiron rematar con At the Drive-In mentres De Facto continuaba experimentando co seu son. Eva Gardner xuntouse á banda, converténdose en The Mars Volta.

O seu nome para o primeiro concerto en Anaheim, California, foi DeFacto + Eva Gardner + Jon Theodore. Durante 2001, a banda gravou dúas cancións con Alex Newport, dando como resultado a súa primeira demo. Gravaron tres temas máis con Alex Newport, o que se converteu no álbum Tremulant EP, lanzado a principios de 2002. Tremulant está composto polas cancións "Cut that City", "Concertina" e "Eunuch Provocateur". O EP era unha fusión de rock progresivo, salsa e música experimental.

De-Loused in the Comatorium[editar | editar a fonte]

Despois de Tremulant EP, The Mars Volta continuou dando concertos e trocando os membros da banda mentres preparaba o álbum De-Loused in the Comatorium, producido por Rick Rubin. Mentres Tremulant non tiña un tema específico (excepto pola mención ao seu seguinte álbum), De-Loused era un traballo que contaba unha historia en primeira persoa dun adicto ás drogas en coma. A pesares das letras implícitas, The Mars Volta alegaba en entrevistas que o protagonista do álbum estaba baseado nun antigo amigo, Julio Venegas, ou "Cerpin Taxt" (como é mencionado na historia, que estivo en coma durante varios anos antes de acordar, e que se tirou dun viaduto en El Paso, Texas. A morte de Venegas foi tamén tratada na canción de At the Drive-In titulada "Embroglio", do seu álbum Acrobatic Tenement.

Nesa época a banda non tiña baixista. Flea (baixista de Red Hot Chili Peppers) tocou o baixo en nove das dez temas do álbum. De-Loused converteuse no seu maior éxito tanto para a crítica como comercialmente, vendendo 500.000 copias.

Mentres estaban de xira con Red Hot Chili Peppers para divulgar o disco, o enxeñeiro de son e letrista da banda, Jeremy Ward, foi atopado morto por sobredose. A banda cancelou a segunda parte da xira e o primeiro sinxelo de De-Loused foi posteriormente dedicado a Ward.

Frances the Mute[editar | editar a fonte]

Coa volta á xira, Juan Alderete converteuse no baixista da banda e Marcel Rodriguez (irmán de Omar) en percusionista. Iniciábase entón o traballo para o segundo álbum en 2004.

En 2005, a banda lanzou o seu segundo álbum, Frances the Mute, inspirado nun diario atopado no coche do enxeñeiro de son Jeremy Ward. O autor do diario é descoñecido, pero parece ser alguén que foi adoptado que comezou a procura dos seus pais biolóxicos, e que pode ter sufrido dunha enfermidade mental causada pola morte dun ser querido. A letra de cada tema do álbum está inspirada en personaxes e acontecementos da vida que se describen no diario.

Frances the Mute converteuse nun éxito comercial aínda maior que De-Loused..., vendendo 123.000 copias na súa primeira semana, principalmente porque o tema "The Widow" foi moi pinchado nas emisoras de radio. As críticas ao álbum foron variadas. "L'Via L'Viaquez" foi posteriormente lanzado como sinxelo, reducida dos seus doce minutos orixinais a cinco minutos.

Talvez o feito máis incrible do álbum sexa o enorme traballo de Omar na súa creación. El escribiu todas as partes instrumentais (guitarra, teclado, melodías vocais e baterías, coa axuda de Theodore), e tamén encargouse dos arranxos e a produción.

Na gravación Rodríguez-López recrutou a Adrián Terrazas-González para tocar o saxofón, a frauta e algún que outro instrumento de vento no disco. Terrazas-González pararía a formar parte da banda durante a xira de promoción do álbum. Tamén durante a xira, o antigo membro de At the Drive-In, Paul Hinojos, deixou Sparta e uniuse á banda.

A banda fixo unha xira a mediados do 2005 con System of a Down na divulgación do álbum e foi a comisaria do festival All Tomorrow's Parties. Ademais, o 8 de novembro dese ano editouse o álbum ao vivo Scabdates.

Amputechture[editar | editar a fonte]

Despois de rematar a meirande parte da xira de Frances the Mute no outono do 2005, Rodríguez-López viaxou a Amsterdam e compuxo o que se convertería en Amputechture. O terceiro álbum da banda sería editado o 8 de setembro do 2006 en Europa, o 9 en Australia e o 12 nos Estados Unidos. Rodríguez-López pasou gran parte do seu tempo en Amsterdam traballando e actuando con varios proxectos en solitario, destacando o "Omar Rodríguez Quintet". Durante ese tempo Rodríguez-López tamén compuxo a música para a película El Búfalo de la Noche, escrita e dirixida por Guillermo Arriaga e Jorge Hernández Aldana respectivamente. The Mars Volta interpretou toda a música.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

EPs[editar | editar a fonte]

  • Tremulant - 2002 (Gold Standard Labs)
  • Live - 2003 (Gold Standard Labs, Universal, Strummer)