...Like Clockwork

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
...Like Clockwork
Álbum de Queens of the Stone Age
Publicado: 3 de xuño do 2013
Datas de gravación: agosto do 2012 - marzo do 2013
Estudio(s) de gravación: Pink Duck Studios en Burbank, California
Duración: 45:59
Xénero: rock alternativo, hard rock, desert rock, rock psicodélico, metal alternativo, stoner rock, robot rock
Selo(s): Matador Records, Rekords Rekords
Producido por: Josh Homme, Queens of the Stone Age, James Lavelle (tema 10)
Cronoloxía
Era Vulgaris ...Like Clockwork -

...Like Clockwork é o sexto álbum da banda estadounidense de stoner rock Queens of the Stone Age, publicado o 3 de xuño do 2013 a través do selo Matador Records no Reino Unido e ao día seguinte nos Estados Unidos. Auto-producido pola banda, trátase do primeiro disco de Queens of the Stone Age en contar enteiramente co baixista Michael Shuman e o teclista e guitarrista Dean Fertita, que se uniran ao grupo en 2007 na xira de promoción do seu anterior traballo, Era Vulgaris, e gravando as súas cancións extra.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Todas as letras escritas por Josh Homme, agás "Kalopsia", composto por Homme e Alex Turner. Todos os temas compostos por Queens of the Stone Age, agás "...Like Clockwork", por Homme, James Lavelle e Charlie May, e "Fairweather Friends", por Queens of the Stone Age e Mark Lanegan.

N.º Título Duración
1. "Keep Your Eyes Peeled"   5:04
2. "I Sat by the Ocean"   3:55
3. "The Vampyre of Time and Memory"   3:34
4. "If I Had a Tail"   4:55
5. "My God Is the Sun"   3:55
6. "Kalopsia"   4:38
7. "Fairweather Friends"   3:43
8. "Smooth Sailing"   4:51
9. "I Appear Missing"   6:01
10. "…Like Clockwork"   5:24