Gene Trautmann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gene Trautmann
Gene trautmann.jpg
Naceu 1966
Orixe Portland Flag of the United States.svg
Instrumento(s) batería
Relacionado con Queens of the Stone Age, Eagles of Death Metal, Miracle Workers.


Gene Trautmann, nado en Portland (Oregón) en 1966, é o antigo batería das bandas Queens of the Stone Age, Eagles of Death Metal e Miracle Workers.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Criouse na súa cidade natal, e comezou a tocar en gravacións aos 11 ou 12 anos. Comezou a tocar e bandas punk no instituto e finalmente uníuse a un grupo chamado The Miracle Workers, que se dedicaba a revivir a primera xeración punk de bandas de garage de madiados dos 60 como The Sonics e The Count Five. Desois de graduarse en 1985 na Oregon Episcopal School, foi coa banda a Los Angeles e tocou en varios álbums, ademais de realizar xiras polos Estados Unidos e Europa.

Despois de que Brant Bjork deixase Kyuss, Trautmann foi chamado por Josh Homme para unha audición. A pesar de que tocou co grupo durante dúas semanas, o posto foi finalmente para Alfredo Hernández. Homme non se esqueceu del, e chamouno novamente para tocar no álbum de Queens of the Stone Age Rated R. Trautmann sería membro da banda dende xuño de 1999 ata setembro do 2001.