Eagles of Death Metal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eagles of Death Metal
Eofdm3.jpg
A banda en directo no ano 2006
Orixe Palm Desert, California, Estados Unidos Flag of the United States.svg
Período 1998-actualidade
Xénero(s) garage rock, rock alternativo
Selo(s) discográfico(s) Rekords Rekords, Downtown Records
Membros Jesse Hughes
Dave Catching
Brian O'Connor
Josh Homme
Na rede
eaglesofdeathmetal.net

Eagles of Death Metal é unha banda estadounidense de garage rock procedente de Palm Desert, California, formada por Jesse Hughes e Josh Homme. A pesar de que Hughes é o líder da banda, Homme é o compoñente máis coñecido dos dous por ser o líder de Queens of the Stone Age e membro da desaparecida banda Kyuss.

Biografía[editar | editar a fonte]

Eagles of Death Metal formouse en Palm Desert, California en 1998 e a súa primeira aparición foi en The Desert Sessions Volumes 3 & 4 de Josh Homme, editadas ese ano. Durante os seguintes anos Homme non puido traballar moito na banda debido ao éxito do seu outro grupo, Queens of the Stone Age. Sen embargo, a banda finalmente editou un álbum o 23 de marzo de 2004: Peace, Love, Death Metal.

O álbum de debut tivo un relatico éxito, aparecendo algunhas das súas cancións en varios anuncios de televisión nos Estados Unidos e en trailers de películas. A primeira canción do álbum, "I Only Want You", foi aparece tamén no xogo de PlayStation 2 Gran Turismo 4.

A banda editou o 11 de abril de 2006 o seu segundo álbum. Durante a primeira metade dese ano estiveron xirando como apoio de The Strokes e como cabezas de cartel da súa propia xira coa banda The Giraffes como teloneiros, ao que seguiron máis datas como teloneiros para Peaches. Dende entón, tocaron con Joan Jett e recentemente sairon de xira con Guns N' Roses. No seu primeiro concerto con Guns N' Roses, en Cleveland, Ohio o 24 de novembro de 2006, a banda non foi ben recibida pola multitude. Cando Axl Rose saíu ao escenario, preguntoulle á multitude se desfrutaran con "The Pigeons of Shit Metal", e dixo que este sería o último concerto que farían con Guns N' Roses.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]