Arctic Monkeys
| Arctic Monkeys | |
|---|---|
Os Arctic Monkeys no Madison Square Garden o 22 de marzo de 2012. |
|
| Información | |
| Orixe | Sheffield, Inglaterra, Reino Unido |
| Período | 2001 - actualidade |
| Xénero(s) | rock alternativo, garage rock |
| Selo(s) discográfico(s) | Domino Records |
| Membros | Alex Turner Jamie Cook Matthew Helders Nick O'Malley |
| Antigos membros | Andy Nicholson Glyn Jones |
| Web oficial | www.ArcticMonkeys.com |
Arctic Monkeys é unha banda británica de indie rock e post-punk formada en 2002 nos suburbios de Sheffield, na Inglaterra. A banda é xeralmente considerada parte da escena indie rock[1] así como as bandas contemporáneas The Libertines, The Futureheads e Franz Ferdinand. Chegaron ao éxito a través do intercambio de arquivos[2].
Índice |
Historia [editar]
Logo de conseguir as súas guitarras no nadal de 2001, os veciños Alex Turner e Jamie Cook montaron unha banda cos seus amigos da escola, Andy Nicholson, que tocaba o baixo, e Matt Helders, a quen tocou ser o batería.
Baixo o nome Bang Bang, tocaban temas de bandas como Led Zeppelin e cantaban con acento estadounidense. Logo Alex asumiu o vocal e a tarefa de escribir cancións (en verdade xa tiña algunhas), e mudaron o nome da banda como Arctic Monkeys.
Logo dalgúns primeiros concertos, en 2003, comezaron a gravar CDs demos e distribuílos para o público. Como a oferta era limitada, os fans copiaron as cancións e as compartían por Internet. Ata un perfil da banda no sitio MySpace foi creado, todo sen que os propios membros fosen conscientes. Grazas a esa divulgación viral pola rede, logo non apenas os amigos, mais centos de persoas cantaban todas as letras nos concertos.
En 2004, a súa popularidade chamou a atención da BBC Radio 1 e da prensa británica. Mark Bull, un fotógrafo amateur local filmou unha presentación en vivo e fixo o videoclip de "Fake Tales Of San Francisco", lanzándoo no seu sitio, xuntamente coa recompilación Beneath The Boardwalk.
En maio de 2005 a banda lanzou o seu primeiro EP, Five Minutes with Arctic Monkeys, con apenas 1.500 copias en CD e 2000 en Vinilo de 7", mais tamén dispoñíbel na iTunes Music Store. En xuño asinaron un contrato con Domino Records e despois, tocaron no Carling Stage, palco dos festivais de Reading e Leeds reservado para bandas menos coñecidas.
En outubro, o primeiro lanzamento pola Domino, I Bet You Look Good on the Dancefloor, foi directo para o primeiro lugar nas vendas de discos do Reino Unido, con 38.962 copias. No mesmo mes, fixeran a súa primeira portada na revista New Musical Express.
O segundo compacto, When The Sun Goes Down, saíu o 6 de xaneiro de 2006 e vendeu 38.922 cópias, novamente alcanzando o top das vendas.
Mesmo coas decargas en Internet e o intenso intercambio de arquivos, o álbum de estrea Whatever People Say I Am, That's What I'm Not, lanzado en 2006, alcanzou cifras récords de venda. As 120.000 copias no Reino Unido só no primeiro día pasaban a suma de todos os outros álbums do "top 20" do país nesa data, e a primeira semana foi pechada como 363.735 copias.
Sen deixar a fama baixar, en abril de 2006 lanzaron un EP con cinco temas, Who the Fuck Are Arctic Monkeys?. A pesares das altas vendas, a linguaxe sucia das cancións resultou en baixas reproducións na radio, o que non incomodou a banda. Logo do lanzamento do EP, a banda presentou un novo baixo, Nick O'Malley. Inicialmente, Nick apenas sustituiría Andy na tourné polos Estados Unidos, mais despois anunciose que deixara a banda definitivamente.
En agosto, lanzaron "Leave Before The Lights Come On", o seu primeiro disco en non alcanzar o primeiro lugar de vendas. Pouco despois, o álbume Whatever People Say I Am, That's What I'm Not gañou o Mercury Prize[3], deixando atrás álbums como The Eraser de Thom Yorke, The Back Room dos Editors e Black Holes and Revelations dos Muse.
En abril de 2007 lanzaron Favourite Worst Nightmare con tal expectativa que foron feitas 400 mil copias na Gran Bretaña.
Membros [editar]
Formación actual [editar]
- Alex Turner - guitarra e voz
- Jamie Cook - guitarra
- Nick O'Malley - baixo
- Matt Helders - batería e coros
Ex-integrantes [editar]
Discografía [editar]
Álbums [editar]
- Whatever People Say I Am, That's What I'm Not, 23 de xaneiro de 2006
- Favourite Worst Nightmare, 23 de abril de 2007
- Humbug, 19 de agosto de 2009
- Suck It and See, 6 de xuño de 2011
EPs [editar]
- Five Minutes With Arctic Monkeys - 30 de maio de 2005
- Who The Fuck Are Arctic Monkeys? - 27 de abril de 2006
Sinxelos [editar]
- "I Bet You Look Good On The Dancefloor", 17 de outubro de 2005
- "When The Sun Goes Down", 16 de xaneiro de 2006
- "Leave Before The Lights Come On", 14 de agosto de 2006
- "Brianstorm", 1 de maio de 2007
- "Fluorescent Adolescent", 15 de xullo de 2007
Recompilatorios [editar]
Filmografía [editar]
- Scummy Man, unha curtametraxe baseada na canción "When The Sun Goes Down"
Videoclips [editar]
- "I Bet You Look Good On The Dancefloor"
- "When The Sun Goes Down"
- "Leave Before The Lights Come On"
- "The View From The Afternoon"
- "Brianstorm"
- "Fluorescent Adolescent"
Notas [editar]
- ↑ (en inglés) "Monkeys let music do the talking", BBC News, 24 de febreiro de 2006.
- ↑ (en inglés) "Review: Arctic Monkeys". Matt Dyson, BBC. 5 de xuño de 2006.
- ↑ (en inglés) "Arctic Monkeys win Mercury Prize", BBC News, 6 de setembro de 2006.