Dinosaur Jr.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Dinosaur Jr")
Dinosaur Jr. (Logo).png
Dinosaur Jr, Leeds Festival 2005 (1).jpg
Orixe Amherst, Massachusetts, Estados Unidos Flag of the United States.svg
Período 1985 - 1997
2005 - actualidade
Xénero(s) rock alternativo
Selo(s) discográfico(s) Homestead Records, SST Records, Blanco y Negro/Sire, Merge Records, Rhino Records
Membros J Mascis
Lou Barlow
Emmet Murph
Antigos membros Mike Johnson
George Berz
Na rede
http://www.dinosaurjr.com

Dinosaur Jr. é unha banda estadounidense de rock alternativo formada en Amherst, Massachusetts no ano 1985. O seu son, tipicamente melódico, caracterízase tamén por guitarras saturadas con ruído e distorsión, e frecuentemente salpicado polos solos do seu líder e guitarrista J Mascis; e foi moi influente no movemento do rock alternativo doas anos 90.

A banda separouse en 1997 e volveríase a reunir no ano 2005. O guitarrista J Mascis, o baixista Lou Barlow e o batería Murph foron os seus fundadores e son os actuais membros, aínda que Mascis é o único que estivo en toda a súa traxectoria.

Historia[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

J Mascis formou Dinosaur Jr. (inicilamente sen o "Jr." no nome) en 1983 en Amherst, Massachusetts, xunto co seu amigo Lou Barlow. Mascis inicialmente tocaba a batería en Dinosaur, pero fíxose cargo da guitarra cando Emmet Murph entrou no grupo. Nos seguintes dous anos, a banda conquistou un pequeno público na súa cidade, e en 1985 o trio lanzou o seu primeiro álbum, Dinosaur, polo selo discográfico independente Homestead. O disco e os concertos arrasadores de Dinosaur comezaron a chamar a atención, e a banda vía como o seu público aumentaba constantemente. A finais de 1986, unha banda hippie chamada Dinosaur (que incluía membros de Jefferson Airplane) procesou á banda, que acabou mudando o nome para Dinosaur Jr.

En 1987, Dinosaur Jr. asinou un contrato coa influente discográfica independente SST e lanzou o álbum You're Living All Over Me, que foi toda unha sensación no underground. A principios de 1988, lanzaron o influente sinxelo "Freak Scene", unha canción que capturaba e reflectía o espírito do underground estadounidense post-punk da época. "Freak Scene" converteuse nun hit nas college radios, o que abriu o camiño para un novo e aclamado álbum, Bug, lanzado aínda en 1988. A pesares de que a popularidade de Dinosaur Jr. continuaba en aumento, comezaron a xurdir tensións entre os seus integrantes, principalmente entre Mascis e Barlow, que apenas se falaban. En 1989, Mascis díxolle a Barlow que Dinosaur Jr. acabara; pero ao día seguinte el "re-formou" a banda, desta vez sen Barlow, que acabou formando a banda Sebadoh, e xerando unha rivalidade de anos entre os dous.

Marcha de Barlow[editar | editar a fonte]

Sen Barlow, Dinosaur Jr. tivo varios baixistas temporais, inclusive Van Conner de Screaming Trees, que entrou na banda invitado por Mascis para tocar nalgúns concertos. En 1989 o grupo tivo outro hit coa versión "Just Like Heaven" de The Cure, e no ano seguinte asinaron coa Sire Records (unha subsidiaria da Warner). Despois de "Just Like Heaven", Mascis seguíu un tempo como produtor, traballando nun álbum de Buffalo Tom e colaborando con amigos como Don Fleming (no proxecto Velvet Monkeys) e integrantes de Sonic Youth, antes de gravar o seguinte disco de Dinosaur Jr., Green Mind, o primeiro disco da banda para unha grande discográfica, que foi lanzado en 1991 e foi gravado case totalmente por Mascis que tocou todos os instrumentos (coa excepción da batería a cargo de Murph). O estilo variado e ecléctico do disco foi recibido con frialdade pola crítica e polos circuítos alternativos. Antes da xira de Green Mind, Mike Johnson converteuse no baixista da banda. Na xira, a banda teloneira foi Nirvana, que co éxito de Nevermind enseguida eclipsou a Dinosaur Jr. na xira.

Era o momento do estoupido do rock alternativo, pero en vez de aproveitarse dese feito en busca do éxito, Dinosaur Jr. lanzou un EP, Whatever's Cool With Me, a principios de 1992 e desapareceu para gravar o seu seguinte álbum.

Where You Been foi lanzado en 1993, e foi beneficiado polo boom da música alternativa e acabou converténdose no primeiro disco de Dinosaur Jr. en aparecer na lista da Billboard, chegando ao número 50, con vendas un pouco inferiores a 500.000 copias. "Start Choppin'", o principal sinxelo do álbum foi un hit moderado nas listas de rock nos Estados Unidos. Na época do lanzamento de Where You Been todas as publicacións e artigos de prensa referíanse a J Mascis como un dos principais nomes do rock alternativo e foi um momento de grande prestixio na carreira de Dinosaur Jr.

Aínda en 1993, a banda participou na terceira edición do festival Lollapalooza. Durante o festival, ocorreron novos conflitos internos, desta vez envolvendo a Mascis e ao batería Murph. Durante as gravacións do seguinte disco Without a Sound, Mascis tocou todas as partes de batería. Máis tarde, pouco antes do disco estar listo, Mascis despediu a Murph da banda e este acabou ingresando en The Lemonheads).

Dinosaur Jr. lanzou o disco Without a Sound en 1994, que repetiu o éxito do seu predecesor grazas ao hit "Feel The Pain" (que tiña un videoclip bastante innovador, dirixido por Spike Jonze, e que amosaba a Mascis xogando ao golf polas rúas de Nova York).

Porén a crítica estivo bastante dividida co álbum, con algúns críticos argumentando que Dinosaur Jr. xa non estaba en boa forma. A principios de 1995, Mascis comezou unha xira acustica só, e un deses concertos acabou sendo o seu primeiro rexistro en solitario, Martin & Me, lanzado en 1996.

Despois de contribuír con algúns temas (inspiradas no estilo de Brian Wilson dos Beach Boys) para a banda sonora da película Grace of My Heart en 1996, Mascis comezou a traballar só no seguinte álbum de Dinosaur Jr., sen a presenza do baixista Mike Johnson, que seguiu a súa carreira en solitario (á parte das súas participacións nos álbums de Mark Lanegan). Dinosaur Jr. e o seu único integrante lanzou o disco Hand It Over en 1997, que foi considerado o mellor traballo de Mascis dos últimos anos. Porén o disco non tiña ningún hit e acabou sendo ignorado polo grande público. Pouco tempo despois, Mascis anunciou o fin de Dinosaur Jr.

Mascis volveu á actividade no ano 2000 co seu segundo traballo en solitario, acompañado dunha banda bautizada como The Fogs, que consistía en Kevin Shields (My Bloody Valentine) e Bob Pollard (Guided by Voices). O disco chamouse More Light, foi lanzado polo selo independente Ultimato, e a súa sonoridade era semellante ao do último disco de Dinosaur Jr. J Mascis e The Fog fixeron unha xira por Estados Unidos, no que estiveron acompañados polo baixista Mike Watt.

Reunión[editar | editar a fonte]

Murph e Barlow ao vivo no 2008

En 2004 Mascis conseguiu os dereitos dos tres primeiros álbums de Dinosaur Jr. que tiña a discográfica SST, e acordou a súa reedición a través do selo Merge a principios do 2005. As reedicións coincidiron co anuncio de que a formación orixinal (Mascis, Barlow e Murph) reuniríase para unha xira. A banda estivo de xira ata o 2006.

No ano 2007 os membros orixinais de Dinosaur Jr. editaron Beyond a través do selo Fat Possum Records, o seu primeiro álbum con material novo coma trio dende o Bug, de 1988. No mes de febreiro do 2009 a banda asinou un contrato co selo independente Jagjaguwar. A súa primeira edición coa nova discográfica titulouse Farm e apareceu o 23 de xuño dese ano.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Recompilatorios[editar | editar a fonte]

  • Fossils - 1991 (SST)
  • BBC: In Session - 2000 (Fuel 2000)
  • Ear-Bleeding Country: The Best of Dinosaur Jr. - 2001 (Rhino)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Dinosaur Jr.