Patrick Hutchinson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Patrick Hutchinson
Alias Hutch
Orixe Halifax, Nova Escocia
Ocupación (s) enxeñeiro de son, músico
Instrumento(s) piano
Relacionado con Kyuss, Queens of the Stone Age, Eagles of Death Metal, The Raconteurs, Them Crooked Vultures


Patrick Hutchinson, maís coñecido coma Hutch, e un enxeñeiro de son e membro da banda Queens of the Stone Age nos seus concertos. Joshua Homme, o líder da banda, considérao o seu "road brother" (irmán da estrada) dende que os dous colaboraron na banda de desert rock Kyuss.

Biografía[editar | editar a fonte]

Hutch naceu e medrou en Halifax, Nova Scotia e traballou con varias bandas de punk rock durante os anos 80, antes de ser contratado para sonorizar a Kyuss. Despois da desaparición da banda, o guitarrista Josh Homme levouno para o seu novo proxecto, Queens of the Stone Age. Hutch foi o responsable de recrutar ao seu amigo Dave Catching para a banda como guitarrista de xira en 1998, e comezando así a relación profesional con Homme que culminaría posteriormente con The Desert Sessions e continúa con Eagles of Death Metal.

A banda debe grande parte do seu son en directo a Hutch, que tamén contribue co piano e coas voces ao seu repertorio. Á vez que traballa con Queens of the Stone Age, tamén é técnico de son doutros grupos, coma Eagles of Death Metal, The Raconteurs e Them Crooked Vultures.