Red Hot Chili Peppers
| Red Hot Chili Peppers | |
|---|---|
Red Hot Chili Peppers no Anhembi de São Paulo, Brasil, o 21 de setembro de 2011. De esquerda a dereita: Anthony Kiedis, Flea, Chad Smith, e Josh Klinghoffer. |
|
| Información | |
| Orixe | Os Ánxeles, California, Estados Unidos |
| Período | 1983-actualidade |
| Xénero(s) | funk rock, rock alternativo |
| Selo(s) discográfico(s) | EMI, Warner |
| Membros | Anthony Kiedis Flea Chad Smith Josh Klinghoffer |
| Antigos membros | Hillel Slovak Cliff Martinez Jack Irons Jack Sherman Jesse Tobias D.H. Peligro Arik Marshall Dave Navarro DeWayne "Blackbyrd" McKnight John Frusciante |
| Web oficial | redhotchilipeppers.com |
Red Hot Chili Peppers é un grupo musical de rock baseado no estado estadounidense de California, fundado no ano 1983. O seu principal estilo é un rock cun toque funk, pero incorpora tamén elementos dutros xéneros como o punk rock e o rock psicodélico. Actualmente a banda esta formada polos membros fundadores do grupo son Anthony Kiedis e Flea, xunto co batería Chad Smith e o guitarrista Josh Klinghoffer.
Índice |
Historia [editar]
Formación e primeiro álbum (1983–1984) [editar]
A banda (orixinalmente Tony Flow and the Miraculously Majestic Masters of Mayhem)[1] foi formada na Fairfax High School[2] por un grupo de alumnos que asistían a dita escola: Anthony Kiedis, Hillel Slovak, Jack Irons, e Michael "Flea" Balzary. Este último acababa de rematar unha breve estancia coma baixista dun dos primeiros grupos hardcore punk de Los Angeles chamado Fear, pero o seu interese nos sons negros fíxolle renunciar en 1983.
Slovak e Irons, á súa vez, estaban noutro grupo chamado What is This?, pero os membros máis permanentes dos Chili Peppers (Anthony e Flea) xa non quixeron entrar no mercado punk. A primeira actuación deles foi no Rhythm Lounge, á cal acudiron 30 persoas.[3] Para ese concerto compuxeran unha canción inspirada claramente pola fusión de punk, rap e funk do sinxelo "The Magnificient Seven" de The Clash, pero coa nova actitude salvaxe e maior velocidade do hardcore, a despois coñecida coma "Out in L.A.". O rendemento eo vivo da banda foi tan bo que se lles pediu regresar a semana seguinte. Debido a este inagardado éxito, os membros da banda trocaron o nome polo de Red Hot Chili Peppers, debido a que veron o nome orixinal un pouco incómodo.[4] Logo seguiron realizando varios concertos por clubes de L.A. e cabarets coma o Kit Kat Club. É nestes primeiros intres cando comezan a facerse populares polas súas actuacións nas que aparecían completamente nús, con só un calcetín nos xenitais. Seis das cancións que tocaban neses shows foron gravadas na súa primeira demo.[5]
Varios meses despois da súa primeira actuación, a banda firmou coa compañía discográfica EMI. Pero, dúas semanas antes, What Is This? obtivera un contrato con MCA, polo que Slovak e Irons deixaron Red Hot Chili Peppers e dedicáronse a What is this?.[6] Kiedis e Flea non pensaron en disolver a banda, senón que decidiron recrutar a novos membros. Cliff Martínez, un coñecido de Flea, pediu sumarse aos Chili Peppers pouco despois. Tamén se uniría Jack Sherman, o rei pirata.[7]
Andy Gill, o guitarrista de Gang of Four, tamén pioneiros na incorporación do funk ao estilo punk, foi contratado para producir o seu primeiro álbum.[8] A pesar de que Kiedis e Flea dubidaron, el empurrou á banda a tocar música máis viábel comercialmente. Nun principio Kiedis quería titular o disco True men don't kill coyotes, pero a compañía quería que o título fose The Red Hot Chili Peppers, ao que o grupo tivo que acceder finalmente. O disco saiu o 10 de agosto de 1984 e foi un fracaso comercial.[9] Vendeu aproximadamente 25.000 unidades e obtivo pouco recoñecemento. A seguinte xira estivo un pouco mellor, aínda que Kiedis e Sherman tiñan unha relación moi tensa. Sherman foi despedido pouco despois e Slovak regresou á banda, despois de fartarse de What is This?.
Freaky Styley (1985) [editar]
George Clinton (o lendario líder de Parliament e Funkadelic) foi elixido (a petición de Anthony e Flea) para producir o seguinte álbum da banda, Freaky Styley.
O álbum foi gravado no famoso Detroit's famed R&B and funky United Sound Systems studios no borde da Universidad Estatal de Wayne.[10] Clinton mesturou diversos elementos do punk e o funk no repertorio da banda, que permitiron incorporar variedade á música. De feito, na canción "Hollywood", que é unha adaptación do tema "Africa" dos lendarios Funkateers de Nueva Orleans The Meters, participa no saxofón o músico Maceo Parker, que ao igual ca o baixista Bootsy Collins, gravara para o forxador do Funk, James Brown, e o mesmo Clinton.
O álbum foi publicado o 16 de agosto de 1985,[11] pero inda que a banda tivo unha relación moito mellor con Clinton que con Gill, o álbum foi apenas máis exitoso que o primeiro álbum, e non tivo chegada a ningún Chart, pese a contar coa produción dunha lenda vivinte coma o "Dr. Funkenstein". A posterior xira non foi considerada o suficientemente productiva para a banda.
The Uplift Mofo Party Plan (1986-1988) [editar]
Cliff Martínez foise do grupo no verán de 1986, e a banda contratou temporalmente a Chuck Biscuits para rematar a xira. Jack Irons quedouse sen traballo e, separado doutros compromisos, reintegrouse ao grupo. Anthony, Flea e Hillel quedaron moi sorprendidos. O grupo elixiu a Michael Beinhorn, quen colaborara con Herbie Hancock e formara grupos como Material e Tackheads, para producir o seu próximo álbum. Estaban outra vez os catro compoñentes orixinais da banda. As cancións comezaron a formarse rapidamente, e o álbum comezou a ter forma, usando a mesma mestura de funk e ritmos que Freaky Styley, pero con sons moito máis agresivos de punk e metal. Reuníndose os catro integrantes, comezaron o proceso de creación.
O 29 de setembro de 1987, The Uplift Mofo Party Plan saiu á venda, convertíndose no primeiro álbum dos Red Hot Chili Peppers en aparecer nalgún Chart. A pesares de que chegaron só ao posto # 148 no "Billboard Hot 200", este foi un éxito importante en comparación aos dous primeiros álbums.
Durante este período, Kiedis e Slovak estaban desenvolvendo graves hábitos de adicción ás drogas, a miúdo ata abandoaban a banda. A adicción á heroína levou a Slovak á morte o 27 de xullo de 1988 aos 25 anos de idade. Kiedis abandoou a cidade e non asistiu ao funeral de Slovak, considerando que a situación era surrealista. Fuxiu a México onde permaneceu uns meses para desintoxicarse. Jack Irons, posteriormente, abandoou o grupo, dicindo que el non quería formar parte dun grupo onde os seus amigos falecían. Foi internado nun psiquiátrico.
Mother's Milk (1989-1990) [editar]
Ante a morte de Hillel Slovak a banda en primeiro lugar contratou a D.H. Peligro dos Dead Kennedys como batería e ao guitarrista de P-Funk DeWayne "Blackbyrd" McKnight, pero estes non contaban coa chispa suficiente como para continuar na banda, polo que serían despedidos. Posteriormente contratarían a John Frusciante como guitarra. Frusciante realizara unha audición para ingresar na banda Thelonious Monster, pero D.H. Peligro faloulle a Flea del, e uns días máis tarde improvisaron no garaxe deste, que decidiu xunto a Kiedis que era o reemprazo perfecto para Hillel.
Tres semanas antes de entrar no estudio a banda continuaba sen batería, e un amigo recomendoulles a Chad Smith. Decidiron darlle unha oportunidade, e nunha audición Chad abrumó ao grupo pola forza e complexidade dos seus ritmos. Despois desta sesión de improvisación admitiron a Chad como novo batería da banda.
O grupo entrou no estudio, pero esta gravación estivo entorpecida polos conflitos co productor do álbum, Michael Beinhorn, que tiña como proposta que John tocase riffs de heavy metal, o cal o molestou xa que este estilo non se axustaba ao seu.
Mother's Milk foi lanzado o 15 de agosto de 1989 e tivo no tema tributo a Hillel Slovak, "Knock Me Down", a que foi a súa primeia canción en chegar ao top 10 das cancións de rock. Tamén tiveron un gran éxito coa interpretación de "Higher Ground" de Stevie Wonder. Mother's Milk vendeu uns 2 millóns de copias ao redor do mundo. Tamén se editaron como sinxelos os temas "Knock Me Down" e "Taste The Pain", e a cara B destes, a canción "Show Me Your Soul", foi usada na banda sonora da película Pretty Woman.
Blood Sugar Sex Magik (1991-1992) [editar]
O contrato da banda con EMI rematara e comezaron a buscar outra discográfica para lanzar o seu seguinte álbum. O grupo chegou a un pre-acordo con Sony BMG/Epic, coa condición de que Sony mercara o seu último álbum con EMI. Este proceso tardou meses e, aínda que xa se realizara o acordo con Sony/Epic, Mo Ostin, de Warner Bros, chamou a Kiedis para felicitalo polo contrato, e felicitou á compañía discográfica rival. Kiedis pensou "A persoa máis xenial e máis auténtica que coñecimos durante todas as negociacións acababa de chamarme persoalmente para animarme a facer unha exitosa gravación para unha compañía rival. Ese era o tipo de individuo para o que quería estar traballando". Kiedis levou a cabo a súa idea, e finalmente abandonou o contrato con Sony para asinar con Warner Bros.
Deidíuse que a gravación do álbum debía realizarse nun sitio diferente, e Rick Rubin, produtor do mesmo, suxeríu unha mansión supostamente embruxada. Para a gravación do traballo Rubin deixou á banda completa liberdade nas súas composicións, xa que os Red Hot tiveran problemas por esas circunstancias.
A súa colaboración con Rick Rubin, que xa traballara con Run DMC, Beastie Boys, Slayer ou Danzig, levounos ao estrelato coa edición de Blood Sugar Sex Magik o 24 de setembro de 1991. O primeiro sinxelo sería "Give It Away", e gracias a el a banda gañaría un Grammy pola mellor canción de hard rock, e conseguirían o seu primeiro número 1 na lista Modern Rock estadounidense. A promoción do disco continuou co lanzamento da balada "Under The Bridge", que foi un éxito a nivel mundial. Na canción Anthony Kiedis narra a súa batalla coas drogas, e trátase do tema dos Red Hot que máis alto chegou ba lista Billboard Hot 100, acadando o seu segundo posto. Outros sinxelos do álbum foron "Suck My Kiss" e "Breaking The Girl".
En maio de 1992 John Frusciante deixou a banda durante unha xira por Xapón, alegando que se sentía alienado. Flea dixo que a xira de promoción do álbum fora moi dura e que non tiñan practicamente tempo para durmir. Aínda que a razón principal da súa saída foron as constantes discusións con Anthony ao longo da xira. Jhn foi substituído inicialmente por Arik Marshall, que aparece nos videos de "Breaking The Girl" e "If You Have To Ask". Posteriormente ocuparía o seu lugar Jesse Tobias e finalmente chegaría Dave Navarro, guitarrista de Jane's Addiction, para cubrir a vacante deixada por Frusciante, que nos anos que estivo fóra da banda (volvería en 1998) estivo deprimido e loitando contra as drogas. Tamén traballou na música como solista, editando dous disco, un deles retirado do mercado polo propio Frusciante.
O álbum Blood Sugar Sex Magik vendeu máis de 15 millóns de copias a nivel mundial, só superado en cifras por Californication. Blood Sugar Sex Magik foi colocado no posto 310 da lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos"[12]. En 1993, con Arik Marshall en lugar de John Frusciante, prestan a súa voz para a súa aparición na serie de televisión The Simpsons no capitulo "O drama de Krusty".
Membros [editar]
Actuais [editar]
- Anthony Kiedis - Voz principal (1983-presente)
- Michael "Flea" Balzary - Baixo, trompeta, piano, coros (1983-presente)
- Chad Smith - Batería, percusión (1988-presente)
- Josh Klinghoffer - Guitarra eléctrica, coros, teclados, piano (2009-presente)
Antigos compoñentes [editar]
- Jack Irons - batería, percusión (1983-1984, 1986-1988)
- Hillel Slovak - guitarra, coros (1983, 1985-1988)
- Cliff Martinez - batería, percusión (1984-1986)
- Jack Sherman - guitarra, coros (1984-1985)
- Dave Navarro - guitarra, coros (1993-1998)
- John Frusciante - guitarra, coros, teclados (1988-1992, 1998-2009)
Directos e concertos [editar]
- Keith "Tree" Barry - saxofón (1987-1990)
- D. H. Peligro - batería, percusión (1988)
- DeWayne "Blackbyrd" McKnight - guitarra (1988)
- Philip "Fish" Fisher - batería (1988)
- Arik Marshall - guitarra (1992-1993)
- Zander Schloss - guitarra (1992)
- Jesse Tobias - guitarra (1993)
- Rain Phoenix - voz (1995-1996)
- Rob Rule - voz e guitarra (1995-1996)
- Acacia Ludwig - voz (1995-1996)
- Vicki Calhoun - voz (1989-1990)
- Marcel Rodriguez-Lopez - percusión, teclados (2006-2007)
- Josh Klinghoffer - guitarra, teclados, baixo (2007)
Todos os membros [editar]

Discografía [editar]
Álbums [editar]
- The Red Hot Chili Peppers - 1984 (EMI/Capitol)
- Freaky Styley - 1985 (EMI/Capitol)
- The Uplift Mofo Party Plan - 1987 (EMI/Capitol)
- Mother's Milk - 1989 (EMI/Capitol)
- Blood Sugar Sex Magik - 1991 (Warner)
- One Hot Minute - 1995 (Warner)
- Californication - 1999 (Warner)
- By The Way - 2002 (Warner)
- Stadium Arcadium - 2006 (Warner)
- I'm With You - 2011 (Warner)
Sinxelos [editar]
| Ano | Single/EP | Álbum |
|---|---|---|
| 1984 | Get Up and Jump | The Red Hot Chili Peppers |
| 1985 | Jungle Man | Freaky Styley |
| 1985 | Hollywood (Africa) | Freaky Styley |
| 1987 | Fight Like a Brave | The Uplift Mofo Party Plan |
| 1989 | Knock Me Down | Mother's Milk |
| 1989 | Higher Ground | Mother's Milk |
| 1989 | Taste the Pain | Mother's Milk |
| 1990 | Show Me Your Soul | - |
| 1991 | Give It Away | Blood Sugar Sex Magik |
| 1991 | Under the Bridge | Blood Sugar Sex Magik |
| 1992 | Suck My Kiss | Blood Sugar Sex Magik |
| 1992 | Breaking the Girl | Blood Sugar Sex Magik |
| 1992 | Behind the Sun | What Hits!? |
| 1993 | If You Have to Ask | Blood Sugar Sex Magik |
| 1993 | Soul to Squeeze | - |
| 1995 | Warped | One Hot Minute |
| 1995 | My Friends | One Hot Minute |
| 1996 | Aeroplane | One Hot Minute |
| 1996 | Coffee Shop | One Hot Minute |
| 1996 | Shallow Be Thy Game | One Hot Minute |
| 1996 | Love Rollercoaster | - |
| 1999 | Scar Tissue | Californication |
| 1999 | Around the World | Californication |
| 2000 | Otherside | Californication |
| 2000 | Californication | Californication |
| 2000 | Road Trippin' | Californication |
| 2002 | By the Way | By The Way |
| 2002 | The Zephyr Song | By The Way |
| 2002 | Can't Stop | By The Way |
| 2003 | Universally Speaking | By The Way |
| 2003 | Fortune Faded | Greatest Hits |
| 2006 | Dani California | Stadium Arcadium |
| 2006 | Tell Me Baby | Stadium Arcadium |
| 2006 | Snow ((Hey Oh)) | Stadium Arcadium |
| 2007 | Desecration Smile | Stadium Arcadium |
| 2007 | Hump de Bump | Stadium Arcadium |
| 2011 | The Adventures of Rain Dance Maggie | I'm With You |
| 2011 | Monarchy of Roses | I'm With You |
| 2012 | Look Around | I'm With You |
| 2012 | Did I Let You Know | I'm With You |
| 2012 | Brendan's Death Song | I'm With You |
Recompilatorios [editar]
- What Hits? - 1992
- Out in L.A. - 1994
- The Best of Red Hot Chili Peppers - 1994
- The Essential Red Hot Chili Peppers Under The Covers - 1998
- The Original Series - 1998
- Greatest Hits - 2003
Directos [editar]
- Live At The Hyde Park - 2004
Notas [editar]
- ↑ Red Hot Chili Peppers, Indyrock France
- ↑ Red Hot Chili Peppers | Music Artist | Videos, News, Photos & Ringtones | MTV
- ↑ MundoMúsica » Red Hot Chili Peppers
- ↑ MTV.es | Música | Actualidad | The Red Hot Chili Peppers
- ↑ Red hot chili peppers - letras de canciones - letrasmp3.com
- ↑ Teens
- ↑ DiscAffinity - Discos de Jack Sherman
- ↑ Biografía de Red Hot Chili Peppers - MUSICA.COM
- ↑ Red Hot Chilli Peppers: discos, letras, biografia e fotos
- ↑ Historia
- ↑ http://your-needs.info/search/index.php?q=16+de+agosto+dia+de+publicacion+de+freaky+styley
- ↑ Rolling Stone - 500 Greatest Albums of All Time
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]