R.E.M.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
R.E.M.
Padova REM concert July 22 2003 blue.jpg
R.E.M. en directo
Información
Orixe Athens, Xeorxia, Estados Unidos Flag of the United States.svg
Período 1980 - 2011
Xénero(s) rock alternativo
Selo(s) discográfico(s) I.R.S., Warner Bros.
Membros Peter Buck
Mike Mills
Michael Stipe
Antigos membros Bill Berry
Web oficial http://remhq.com


R.E.M. foi unha banda de rock alternativo estadounidense creada en 1980 en Athens, Xeorxia. Estivo formada por Michael Stipe (voz), Peter Buck (guitarra), Mike Mills (baixo) e Bill Berry (batería); este último deixou o grupo en 1997. R.E.M. foi unha das bandas de rock alternativo máis populares.

O día 21 de setembro do 2011 a banda anunciaba a súa disolución a través da súa páxina web oficial[1].

Índice

[editar] Traxectoria

R.E.M. marca o punto na historia do rock onde o post-punk convértese en rock alternativo. Dende o primeiro sinxelo "Radio Free Europe", lanzado en 1981, xerou un movemento "de volta ao garaxe" no underground estadounidense. Mentres existía un número grande de bandas hardcore e punk nos Estados Unidos durante o inicio dos anos 80, R.E.M. trouxo de volta o pop rock de finais dos anos 60 dun xeito tan único que soaba ao mesmo tempo tradicional e moderno. A pesares de non haber grandes innovacións na súa música, R.E.M. ten unha identidade e unha actitude que transformou o underground estadounidense.

Ao longo dos anos 80 traballaron incansablemente, lanzando discos todos os anos e con xiras constantes en teatros e pequenos clubes. Pasaron anos ata que R.E.M. alcanzou a cima das listas, pero dende o principio, dende o lanzamento do EP Chronic Town en 1982, a banda ven conquistando a admiración e o respecto do seu público sempre en aumento. Chronic Town establecía unha mestura de folk e garage rock que convertíuse na marca rexistrada da banda durante os seguintes cinco anos.

A finais dos anos 80 o público da banda medrara o suficiente para garantir grandes vendas, pero o grande éxito comercial do álbum Document de 1987, empurrado polo sinxelo "The One I Love" foi inesperado, especialmente porque R.E.M. pouco cambiara no seu son e na súa actitude diante dos medios. Despois de Document, a banda lentamente converteuse nunha das máis populares do mundo. Logo dunha exhaustiva xira internacional de presentación do álbum Green, de 1988, R.E.M. parou coas xiras e concentrouse no estudio, cando gravou os seus álbums máis exitosos: Out of Time (1991) e Automatic for the People (1992).

[editar] Discografía

[editar] Álbums

[editar] EPs

[editar] Recompilatorios

[editar] Videografía

[editar] Notas

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas