Dan Druff

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dan Druff
Nome completoDaniel James Irving
Data nacemento16 de abril de 1969 (55 anos)
Nado enNew Haven, Connecticut
Ocupaciónbaixista
Instrumento(s)baixo, voz
Relacionado conQueens of the Stone Age, Slayer, Butt Trumpet, The Distillers, Monster Magnet, Sum 41, Guns N' Roses
Na rede
MySpace: pleaseeatadick Musicbrainz: 9978aada-6c88-4dae-9b8f-2fef835af5d0 Discogs: 504415 Allmusic: mn0001873702 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Daniel James Irving, nado o 16 de abril de 1969, e coñecido como Dan Druff, é un baixista, técnico de guitarras e vocalista estadounidense que traballou con artistas como Queens of the Stone Age, Slayer, Butt Trumpet, The Distillers, Monster Magnet e Sum 41. Ata a data traballou nunhas 50 gravacións de estudio. Estivo tamén de xira con Guns N' Roses na súa Chinese Democracy Tour.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Druff, que naceu en New Haven, Connecticut, formou a banda de rock Shagnaps de St. Louis en 1991. O grupo tivo bastante éxito na escena local da cidade. Shagnaps estaba composta por Dan Druff na guitarra e nas voces, o baixista e vocalista Otis London e o batería Tony Mack. A banda separaríase no ano 1995 e realizaron concertos de reunión en 1996 e 1998.

Dan pasou brevemente polo grupo de punk de Chrysalis/EMI Butt Trumpet en 1995. Abandonou abruptamente o grupo no escenario nun concerto na cidade de Nova York. Dan aparece no seu vídeo "I'm Ugly and I Don't Know Why."

Dan Druff comezou a traballar con Queens of the Stone Age no seu álbum do ano 2000 Rated R. A principios de 2005 o baixista do grupo, Nick Oliveri, marchou debido a diferenzas persoais co líder Josh Homme, sendo substituído por Druff. Dan aparece nos vídeos de "Little Sister" e "Long Slow Goodbye".