Barita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Barita
Barita.jpg
Cristais de barita (cor gris) e rosa de barita (cor salmón)
Fórmula química: BaSO4
Clase: Sulfatos
Subclase:
Sistema cristalino: Rómbico
Cor: Incolora, branca, gris, amarela, vermella e azul
Brillo: Nacarado
Dureza: 3-3,5
Fractura: Concoidea
Exfoliación: Perfecta
Raia: Branca
Densidade: 4,48 g/cm3

A barita (tamén chamada baritina; do grego baros que significa pesado) é un mineral da clase dos sulfatos cuxa fórmula química é BaSO4 (sulfato de bario).

Índice

[editar] Aspecto

Os cristais de barita son xeralmente tabulares e paralelos á base, en ocasións co aspecto de ataúd. Se os cristais tabulares son diverxentes forman o que se chama rosa de barita, moi parecida esteticamente á rosa do deserto do xeso.

[editar] Lugares onde se atopa

É un mineral moi común. Aparece frecuentemente nos filóns de minerais metálicos da mesma forma que o fai o cuarzo e a calcita.

[editar] Usos da barita

A barita é a principal fonte de bario. Debido a súa alta densidade (para tratarse dun mineral non metálico) a barita é usada nos lodos de perforación de pozos.

[editar] Outros sulfatos

Outros sulfatos importantes son a anglesita, a anhidrita, a celestina e o xeso.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas