Talco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Talco
Talc block.jpg
Talco masivo
Fórmula química: Mg3Si4O10(OH)2
Clase: Silicatos
Subclase: Filosilicatos
Sistema cristalino: Monoclínico
Cor: Branca, gris, amarela, vermella, parda e verdosa
Brillo: De nacarado a graxo
Dureza: 1
Fractura: Irregular ou concoidea
Exfoliación: Perfecta, en láminas
Raia: Branca
Densidade: 2,7-2,8 g/cm3
Talco cristais.

O talco ou esteatita (do árabe tal q) é un mineral da clase dos silicatos cuxa fórmula química é Mg3Si4O10(OH)2 e que cristaliza no sistema monoclínico. Ráiase facilmente coa unlla, por iso na Escala de Mohs tómase coma patrón da menor dureza posible.

Aspecto[editar | editar a fonte]

Aínda que a súa cor pode variar pola presenza de impurezas, e típico que o talco apareza coa súa cor branca de forma masiva. Este mineral raras veces aparece en cristais ben formados.

Lugares onde se atopa[editar | editar a fonte]

Fórmase pola metamorfose de silicatos de magnesio como a olivina ou o anfíbole.

Os principais explotadores de talco son Estados Unidos, China e Europa de onde proceden máis de dous terzos da produción mundial.

Usos do talco[editar | editar a fonte]

O talco utilízase en diversas aplicacións. En forma de po utilízase como recheo na fabricación do papel e cartolinas, para lacas e pinturas, na industria cerámica (é un bo aditivo de gomas e plásticos) e no mundo da cosmética.

Pola súa resistencia ás elevadas temperaturas utilízase na fabricación de materiais termorresistentes.

Utilízase incluso coma aditivo na industria alimentaria (E553b).

Outros silicatos[editar | editar a fonte]

Outros silicatos importantes son:

A olivina, o cuarzo e as micas.