Papiro (planta)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Este artigo trata sobre a planta, para o maeterial de escritura véxase o artigo: papiro.

Papiro
Cyperus papyrus6.jpg
Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Plantae
División: Fanerógama Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Poales
Familia: Cyperaceae
Xénero: 'Cyperus'
Especie: ''C. papyrus''
Nome binomial
''Cyperus papyrus''
L.

O papiro (Cyperus papyrus) é unha especie de planta palustre, do xénero Cyperus, da familia das ciperáceas. Está constituído por un talo de sección triangular que no seu extremo superior porta follas dispostas en estrela.

Detalle da planta

Descrición[editar | editar a fonte]

Os talos poden acadar de tres a cinco metros de lonxitude, e até seis metros ao seu ápice. Medra sobre terreos areentos e cheos de humidade, con abundante insolación durante todo o ano, puidendo ter o pé do seu tronco totalmente mergullado na auga. A sección dos talos é dun grosor de varios centímetros nos exemplares más grandes.

As súas follas son de cor verde xade, longas, magras, firmes, con espigas marróns, de dez a trinta cm de longo. Ten longos troncos granizos que levan no ápice una grande inflorescencia liviá e plumosa en abano e, curiosamente, os renovos xorden sempre do mesmo segmento. Bioquimicamente realiza a súa síntese de carbohidratos pola máis eficiente vía de 4 carbonos.

O papiro multiplícase principalmente a través dos seus rizomas, das que agroman novos troncos a intervalos regulares. Produce tamén sementes que poden ser transportadas polo vento. Porén, o Cyperus alternifolius orixinario de Madagascar, pode tamén reproducirse por esgollos: un fragmento de tronco, afundido parcialmente baixo a auga, xera raíces e das que xorden novos troncos. Tolera temperaturas de 20 a 33 °C, e pH entre 6 e 8,5.

Distribución[editar | editar a fonte]

Cyperus papyrus, é unha planta orixinaria de Exipto que medra na beira do río Nilo e o seu delta, e servía para elaborar os antiguos papiros manuscritos.

Nas ribeiras cubertas de papiros, só os animais grandes e pesados poden abrir camiño, como elefantes ou hipopótamos, e os demais seres utilizan estas vías para transitar.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Cyperus papyrus foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 47. 1753.[1]

Etimoloxía

Cyperus: nome xenérico que deriva do grego e que significa "xunco".

papyrus: epíteto latino que significa "de papel".[2]

Variedades
Sinonimia

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Papiro
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cyperus

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  1. Adams, C. D. 1994. 5. Cyperus L. 6: 423–440. In G. Davidse, M. Sousa Sánchez & A.O. Chater (eds.) Fl. Mesoamer.. Universidad Nacional Autónoma de México, México, D. F.
  2. Berendsohn, W. G. & A. E. A. González. 1991. Listado básico de la Flora Salvadorensis. Monocotelydoneae: Iridaceae, Commelinaceae, Gramineae, Cyperaceae. Cuscatlania 1(6): 1–29.
  3. CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, Mexico City.
  4. Davidse, G., M. Sousa Sánchez & A.O. Chater. 1994. Alismataceae a Cyperaceae. 6: i–xvi, 1–543. In G. Davidse, M. Sousa Sánchez & A.O. Chater (eds.) Fl. Mesoamer.. Universidad Nacional Autónoma de México, México, D. F.
  5. Flora of North America Editorial Committee, e. 2002. Magnoliophyta: Commelinidae (in part): Cyperaceae. Fl. N. Amer. 23: i–xxiv, 1–608.
  6. Forzza, R. C. 2010. Lista de espécies Flora do Brasil http://floradobrasil.jbrj.gov.br/2010. Jardim Botânico do Rio de Janeiro, Rio de Janeiro.
  7. Gómez-Laurito, J. 2003. Cyperaceae. In: Manual de Plantas de Costa Rica, B.E. Hammel, M.H. Grayum, C. Herrera & N. Zamora (eds.). Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 92: 458–551.
  8. Idárraga-Piedrahita, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. (eds.) 2011. Fl. Antioquia: Cat. 2: 9–939. Universidad de Antioquia, Medellín.
  9. Long, R. W. & O. K. Lakela. 1971. Fl. Trop. Florida i–xvii, 1–962. University of Miami Press, Coral Cables.
  10. ORSTOM. 1988. List Vasc. Pl. Gabon Herbier National du Gabon, Yaounde.
  11. Wunderlin, R. P. 1998. Guide Vasc. Pl. Florida i–x, 1–806. University Press of Florida, Gainseville.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]