Cascuda
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa bioloxía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
As cascudas son insectos da orde Blattodea. Cóntanse 3.500 especies en 6 familias. Son ovíparos, hemimetábolas e os seus corpos miden entre 3 e 65 mm. As cascudas viven en lugares quentes e húmidos; hai non obstante algunhas especies semiacuáticas e acuáticas e mesmo algunhas outras que viven nos desertos e cavernas. Destacan pola súa gran resistencia: poden sobrevivir durante nove días sen a cabeza e sobreviven á radioactividade. Foron un dos poucos seres vivos que sobreviviron ás explosións nucleares de Hiroshima e Nagasaki.