Papel libre de ácido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O papel libre de ácido é o papel que ten un pH neutro (7 ou maior), aínda que o papel de pH entre 6 e 7 a miúdo tamén se considera sen ácido. Durante a produción trátase cunha base suave para neutraliza-los ácidos naturais que presenta a pasta de madeira e tamén se acostuma protexer para previr a formación de ácidos adicionais. O papel libre de ácido é de uso frecuente nos libros e noutros produtos que se espera que se conserven moito tempo. O papel ó que non se lle eliminou o ácido rapidamente se deteriora e se volve amarelo.