Naftali Temu
| Cadro de medallas | |||
|---|---|---|---|
| Atletismo masculino | |||
| Xogos Olímpicos | |||
| Ouro | México 1968 | 10.000 m | |
| Bronce | México 1968 | 5.000 m | |
Naftali Temu (20 de abril de 1945-10 de marzo de 2003) foi un atleta queniano, que gañou o ouro olímpico e mailo bronce nas probas dos 10.000 e 5.000 metros nos Xogos Olímpicos de México.
Traxectoria[editar]
Nado no Distrito de Nyamira, Naftali Temu comezou a correr aos 14 anos de idade. Logo de rematar a súa etapa escolar uniuse á Armada Queniana.[1]
Temu competiu nos Xogos Olímpicos de Toquio, finalizando no posto 49 na proba de maratón.[2]
Nos Xogos Panafricanos de 1965 obtivo a medalla de prata nos 5.000 metros, o ouro foi para Kipchoge Keino. Apareceu na escena internacional das carreiras de fondo nos Xogos da Mancomunidade (en inglés Commonwealth Games) de 1966 en Kingston, Xamaica gañando a medalla de ouro e batendo ao posuidor do record mundial Ron Clarke nas 6 millas. Dous días despois Temu terminou cuarto nas 3 millas.
Nos Xogos Olímpicos de México, na final dos 10.000 metros, tan só o etíope Mamo Wolde puido aguantar o seu ritmo. Wolde foi sobrepasado por Temu a tan só 50 metros da meta facéndose este último co ouro olímpico.
Catro días despois, participou na final dos 5.000 metros, onde gañou a medalla de bronce, tan só batido de preto polo tunesino Mohammed Gammoudi e polo seu compatriota Kip Keino. Tamén participou na maratón, onde tivo outra grande batalla con Wolde, pero ao contrario que este último, despois de 30 km Temu estaba esgotado e só conseguiu finalizar no posto dezanove.
O resto da carreira deportiva de Temu foi pouco sobresaínte, non volveu acadar os primeiros postos en ningunha competición.
Retirouse en 1973. Morreu á idade de 57 anos dun cancro de próstata en Quenia. Naftali Temu non puido pagar os 600 dólares que requiría o seu tratamento médico.
Notas[editar]
- ↑ Daily Nation, 11 de marzo de 2003: O heroe queniano da pista falece aos 58 anos
- ↑ Maratón masculina, Olimpíada de Toquio 1964 - Mércores 21/10
|
|||||||||