Noureddine Morceli
| Cadro de medallas | |||
|---|---|---|---|
| Atletismo | |||
| Xogos Olímpicos | |||
| Ouro | Atlanta 1996 | 1.500 m | |
| Campionato do Mundo de Atletismo | |||
| Ouro | Toquio 1991 | 1.500 m | |
| Ouro | Stuttgart 1993 | 1.500 m | |
| Ouro | Göteborg 1995 | 1.500 m | |
| Campionato do Mundo en Pista Cuberta | |||
| Ouro | Sevilla 1991 | 1.500 m | |
| Xogos do Mediterráneo | |||
| Ouro | Languedoc-Rosellón 1993 | 1.500 m | |
Noureddine Morceli, nado o 28 de febreiro de 1970 en Ténès, é un mediofondista alxerino que foi campión olímpico dos 1500 metros en Atlanta 96, e plusmarquista mundial en varias especialidades.
Traxectoria [editar]
Foi un dos atletas máis destacados na proba dos 1.500 metros lisos na década dos noventa. Tres veces campión do mundo na distancia (Toquio 1991, Stuttgart 1993 e Göteborg 1995). Tamén foi campión olímpico nos xogos de 1996.
Morceli bateu o récord do mundo da gran maioría de probas do medio fondo durante a súa carreira:
- En 1991, récord do mundo en pista cuberta nos 1.500 m en Sevilla, cun tempo de 3:34.16.
- En 1992, récord do mundo de 1.500 m en Rieti (Lazio), cun tempo de 3:28.86.
- En 1993, récord do mundo na milla en Rieti, cun tempo de 3:44.39.
- En 1994, récord do mundo de 3.000 m en Mónaco, cun tempo de 7:25.11.
- En 1995, récord do mundo nos 2.000 m en París, cun tempo de 4:47.88.
- En 1995, récord do mundo de 1.500 m en Niza, cun tempo de 3:27.37.
A aparición na escena do marroquí Hicham El Guerrouj foi eclipsando o papel de Morceli nos últimos anos da década. No campionato do Mundo de Atenas 1997 foi cuarto. A súa última aparición internacional foi nos Xogos Olímpicos de Sydney 2000.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||||