Emil Voigt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cadro de medallas
Atletismo masculino

Emil Voigt

Xogos Olímpicos
Ouro Londres 1908 5 millas

Emil Robert Voigt (31 de xaneiro de 1883; 16 de outubro de 1973). Foi un atleta británico, gañador das 5 millas nos Xogos Olímpicos de Londres.

Nacido en Manchester de pais alemás, Voigt gañou o Campionato AAA nas 4 millas, converténdoo nun dos favoritos para as 5 millas dos Xogos celebrados en Londres. Voigt, que era vexetariano, de feito gañou a carreira facilmente, e converteuse no segundo e derradeiro campión nese evento, que foi substituído polas probas dos 5.000 e 10.000 m en 1912.

Retirouse do deporte en 1910, logo de gañar dous títulos máis no AAA e emigrou a Australia, onde creou a súa propia emisora de radio, difundindo comentarios sobre loita. Mudouse outra vez en 1948, desta vez a Nova Zelandia, onde morreu á idade de 90 en Auckland.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]