Olivia Manning

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaOlivia Manning
Biografía
Nacemento2 de marzo de 1908 Editar o valor em Wikidata
Portsmouth, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte23 de xullo de 1980 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Ryde, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaBillingham Manor (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónEscritora
Período de actividade1937 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en

IMDB: nm1081816 Editar o valor em Wikidata


Olivia Mary Manning, nada o 2 de marzo de 1908 e finada o 23 de xullo de 1980, foi unha novelista, poetisa e crítica británica. Os argumentos dos seus libros, ficticios e realistas, viraban ao redor de viaxes e odiseas persoais, ambientadas principalmente en Europa (sobre todo no Reino Unido e Irlanda) e Oriente Medio. Adoitaba escribir sobre experiencias propias e, en ocasións, apelaba tamén á imaxinación. Foi recoñecida polo seu ollo artístico e polas vívidas descricións presentes nos seus libros.[1]

Durante a súa nenez, Manning viviu en Portsmouth e Irlanda, polo que adquiriu o que describiría como «a habitual sensación anglo-irlandesa de non pertencer a ningunha parte».[1] Contraeu matrimonio con Reginald Smith («Reggie») en agosto de 1939, el era un conferenciante do British Council que posteriormente foi enviado a Bucarest (Romanía), e máis tarde a Grecia, Exipto e Palestina a medida que os nazis foron invadindo o leste de Europa.[2] As súas experiencias neste tempo foron a base para a súa obra máis famosa, as seis novelas que forman The Balkan Trilogy e The Levant Trilogy, coñecidas como Fortunes of War. Os críticos catalogaron como irregular a calidade da súa produción en xeral, pero Anthony Burgess describiu esta serie en particular, publicada entre 1960 e 1980, como «a mellor constancia escrita ficticia da guerra que fora producida por un escritor británico».[3]

Manning regresou a Londres despois da guerra e viviu alí até a súa morte; durante o resto da súa vida escribiu poesías, relatos curtos, escritos de non ficción, críticas e obras de teatro para a BBC.[4] Tanto Manning como o seu esposo foron infieis, pero xamais contemplaron a posibilidade do divorcio.[1] Manning tivo unha relación de amizade complicada coas escritoras Stevie Smith e Iris Murdoch, xa que Manning, insegura de si mesma, sentía celos do éxito das súas amigas.[1] As súas queixas constantes sobre todo o que sucedía veñen reflectidas no seu sobrenome, «Olivia Moaning» («Olivia Queixas»), pero Reggie nunca fraqueou no seu papel como o principal admirador da súa esposa, confiado de que o seu talento finalmente sería recoñecido.[5] Como ela temía, a verdadeira fama chegoulle despois da súa morte (ocorrida en 1980), cando se levou á televisión unha adaptación de Fortunes of War, en 1987.[6]

Os libros de Manning recibiron pouca atención por parte da crítica. Como ocorreu durante a súa vida, as opinións están divididas, en particular as que se basean na súa caracterización e a súa descrición doutras culturas. As súas obras tenden a minimizar os problemas de xénero e non poden clasificarse facilmente como literatura feminista. Con todo, estudos recentes resaltaron a importancia de Manning como unha escritora de ficción bélica nun tempo en que o Imperio británico estaba en decadencia. As súas obras critican a guerra, o racismo, o colonialismo e o imperialismo, e abarcan temáticas de desprazamento e de alienación física e emocional.[7]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Portsmouth Grammar School.

Manning naceu en North End, Portsmouth, o 2 de marzo de 1908.[1][8] O seu pai, Oliver Manning, foi un oficial naval que pasou de ser aprendiz naval a tenente comandante a pesar da falta de ensino formal.[9][10] Cando tiña 45 anos de idade, nunha visita ao porto de Belfast, coñeceu a Olivia Morrow, a filla do dono dun bar, catorce anos menor que el; en menos dun mes contraeron matrimonio, en decembro de 1904, na igrexa presbiteriana da súa cidade natal, Bangor, Condado de Down.[10]

Manning adoraba ao seu animado, atractivo e mullereiro pai, quen entretiña aos seus amigos cantando óperas de Gilbert e Sullivan e recitando poesías que memorizara durante as longas viaxes polo mar.[11] Pola contra, a súa nai era mandona e dominante, con «unha mente tan ríxida coma o ferro», e tiña pelexas co seu marido constantemente.[1][12][13] A relación entre a nai e a filla, ao principio cálida, volveuse tirante despois do nacemento do irmán de Manning, Oliver, en 1913. El era delicado e con frecuencia estaba enfermo, polo que pasou a ser o centro da atención materna, situación que foi un gran desgusto para Olivia, quen realizou numerosos intentos infantís para magoalo.[14] Esta infancia infeliz e insegura deixou unha marca duradeira en Olivia que se plasmaría na súa obra e a súa personalidade.[1][6]

Manning foi a unha pequena escola privada para señoritas antes de mudarse ao norte de Irlanda en 1916, no primeiro de varios períodos que pasaría alí mentres o seu pai estaba no mar. En Bangor foi á Bangor Presbyterian School, e en Portsmouth á Lyndon House School e posteriormente á Portsmouth Grammar School, onde desenvolveu, segundo ela mesma, «a habitual sensación anglo-irlandesa de non pertencer a ningunha parte».[1][15] Os seus compañeiros na escola describírona como unha moza tímida e propensa ás perrenchas, e a súa tendencia a contar fachendosas esaxeracións sobre a súa familia conduciuna ao ostracismo na clase.[16] Apoiada polo seu pai, Manning lía e escribía moito, cunha marcada preferencia cara ás novelas, e en especial as de H. Rider Haggard. A súa nai non apoiou a súa afección pola lectura e a escritura e confiscou o material que consideraba inaxeitado; cando descubriu á súa filla lendo o Times Literary Supplement díxolle que «aos mozos non lles gustan as mulleres que len periódicos como ese», e aconselloulle que se centrara en actividades que a axudaran a conseguir traballo, tales como a mecanografía.[17]

De feito, cando as circunstancias económicas obrigaron a Manning a abandonar a escola con dezaseis anos de idade, comezou a traballar como mecanógrafa e pasou un tempo como axudante nun salón de beleza. Tomou clases nocturnas na Escola Municipal de Arte de Portsmouth, onde un compañeiro describiuna como intelectual e distante.[1][18] En maio de 1928, unha pintura súa foi seleccionada para unha exhibición en Southsea e posteriormente ofrecéuselle presentar unha exhibición como artista única. Manning parecía destinada a ter unha carreira como artista, pero ao mesmo tempo seguía tendo interese na literatura, e aos vinte anos de idade decidiu ser escritora.[19] O seu ollo artístico demostraríase máis tarde a través das intensas descricións de paisaxes presentes nos seus libros.[1]

Principios da súa carreira[editar | editar a fonte]

As primeiras obras publicadas de Manning foron tres novelas de detectives en forma de serie, Rose of Rubies, Here is Murder e The Black Scarab, que apareceron no Portsmouth News desde 1929 baixo o pseudónimo de Jacob Morrow. Manning non se acreditou estes libros até a década de 1960; as súas datas de publicación poderían revelar a súa idade, un segredo que lle escondía mesmo ao seu esposo. Entre 1929 e 1935 escribiu ao redor de vinte relatos curtos, que incluían unha historia de terror que foi a primeira obra publicada co seu propio nome, aínda que utilizou iniciais para ocultar o seu xénero.[20] Manning tamén escribiu dúas novelas literarias, ningunha das cales foi aceptada para a súa publicación. Con todo, Edward Garnett, editor literario de Jonathan Cape, quedou impresionado co segundo manuscrito e pediulle ao seu asistente Hamish Miles que escribise a Manning unha nota de ánimo. Miles, un conselleiro literario respectado e ben relacionado, convidou a Manning a visitalo se algunha vez viaxaba a Londres.[21][22] Manning, que se sentía sufocada en Portsmouth, xa tentara mudarse á capital, pero o seu encontro con Miles axudouna a decidirse. Logrou conseguir un posto como mecanógrafa na tenda de departamentos de Peter Jones e, a pesar da oposición da súa nai, mudouse a un apartamento pequeno en Chelsea.[1][23]

Con pouca comida e diñeiro, Manning pasaba varias horas escribindo despois do traballo.[1][24] Miles tomouna baixo o seu coidado e levábaa a cear, conversaba con ela sobre literatura, contáballe as noticias recentes e dáballe un apoio moral ao que non estaba afeita. Miles era un home casado e tiña dous fillos, pero contoulle a Manning que a súa esposa era inválida e xa non podía soportar o sexo; pronto se fixeron amantes. Manning máis tarde lembraría que «o sexo para ambos era o que lle daba o encanto motivador á vida».[25]

Un caso de erro de identidade, relacionado cunha artista con nome parecido, levou a Manning a conseguir un emprego mellor remunerado como anticuaria nunha tenda de mobles, onde traballou durante máis de dous anos. Durante o seu tempo libre continuou escribindo; describiu esta etapa como «unha das tempadas máis felices» da súa vida.[26] Co apoio de Miles completou unha novela, The Wind Changes, publicada por Jonathan Cape en abril de 1937.[24][27] A novela, ambientada en Dublín en xuño de 1921 durante o conflito de Irlanda do Norte, trata sobre unha muller que debe debaterse entre un patriota irlandés e un escritor inglés que apoia aos republicanos. Tivo unha boa recepción e un crítico comentou que «a novela mostra unha esperanza infrecuente».[1][28][29] Pouco despois Miles descubriu que tiña un tumor cerebral inoperable e desapareceu da vida de Manning. Dado que a aventura romántica mantívose en segredo, custoulle moito atopar información sobre el e non puido pagar a viaxe para visitalo no hospital de Edimburgo onde agonizaba. Perdeu o seu emprego en Peter Jones e comezou a traballar cun bo soldo na Medici Society, pero foi despedida cando se negou a acatar a orde do seu xefe de abandonar a escritura de novelas durante a noite para conservar a enerxía para o traballo diúrno.[30] Manning obtivo outro traballo, como encargada de avaliar o potencial que tiñan as novelas novas para converterse en películas para Metro-Goldwyn-Mayer, pero para a época en que logrou aforrar cartos abondo para unha viaxe a Edimburgo, Miles estaba demasiado enfermo para vela. Faleceu en decembro de 1937.[22][31]

Miles non adoitaba presentarlle aos seus amigos do mundo literario, pero antes da súa morte viuse obrigado a presentarlle a Manning á poetisa Stevie Smith.[32] Ambas se compenetraron inmediatamente[24][29] e gozaron dos seus paseos para explorar os canellóns de Londres, con saídas regulares a museos, cines e visitas ao fogar en Palmers Green que Smith compartía cunha tía excéntrica.[33][34][35] Segundo un amigo de ambas, Manning atopaba na casa de Smith «unha atmosfera de seguridade e comodidade que debe facer que a súa habitación en Oakley Street parecese aínda máis fría e raída».[34] O novelista e crítico Walter Allen coñeceu a Manning en 1937 e observou que tiña un enxeño «devastador» e que era «unha moza formidable como calquera en Londres». Manning e Smith, engadiu, eran un malicioso par de esnobs.[35]

Matrimonio e Romanía[editar | editar a fonte]

En xullo de 1939, Walter Allen presentou a Manning o marxista R. D. «Reggie» Smith.[35][36][37] Reggie era un home enerxético de gran tamaño, posuído por un constante desexo de estar en compañía doutros.[38] Fillo dun fabricante de ferramentas de Mánchester, estudara na Universidade de Birmingham, onde fora influenciado polo poeta esquerdista Louis MacNeice e fundara a Sociedade Socialista de Birmingham.[39] Segundo a organización de intelixencia británica MI5, Reggie fora recrutado como un espía comunista por Anthony Blunt nunha visita á Universidade de Cambridge en 1938.[40]

Cando coñeceu a Manning, Reggie estaba a piques de ir traballar como conferenciante en Romanía, como parte do seu emprego no British Council. Preparouse dilixentemente para o seu encontro con Manning mediante a lectura dos seus libros, e pensaba que a súa obra The Wind Changes evidenciaba «signos de xenialidade». Describiu a Manning como unha jolie laide (unha beleza exótica), posuidora de cabelo, mans, ollos e pel encantadores, a pesar do seu nariz demasiado longo, e namorouse dela a primeira vista. Cando lle pediu prestada media coroa na súa primeira cita, e pagoulla ao día seguinte, Reggie soubo que casarían.[37][2] Manning non estaba tan segura como el da súa relación, pero Reggie mudouse rapidamente ao seu apartamento e propúxolle matrimonio na cama poucas semanas despois. Casaron na Oficina de Rexistro de Marylebone o 18 de agosto de 1939, con Stevie Smith e Louis McNeice como testemuñas.[2] O recentemente casado, de maneira pouco convencional, non lle deu á súa esposa unha alianza para a cerimonia.[2][41] Poucos días despois da voda, a parella soubo que Reggie fora destinado a Bucarest. Partiron en cuestión de horas; Manning máis tarde escribiulle a Stevie Smith desde Romanía pedíndolle que pescudase que pasara co seu apartamento e que coidase os seus libros mentres ela estivese fóra.[41] A parella viaxou en tren a Bucarest e chegou o 3 de setembro de 1939, o día en que Gran Bretaña lle declarou a guerra a Alemaña.[42] No período de entreguerras, Romanía acudira a Francia para garantir a súa seguridade contra as aspiracións territoriais de Alemaña. Con todo, o impacto dos Acordos de Múnic (1938), do Pacto Ribbentrop-Mólotov (1939) e da batalla de Francia (1940) incrementaron a influencia e o control alemáns en Francia, e incluíron demandas segundo as cales Romanía debía ceder territorio e recursos aos invasores.[43][44] A época que pasou a parella en Bucarest coincidiu co crecemento do fascismo e do poder totalitario dentro da ostensiblemente neutral Romanía, mentres miles de refuxiados ameazados pola guerra chegaban ás súas fronteiras.[1][45][46]

Os Smith ao principio alugaron un apartamento, pero máis tarde mudáronse co diplomático Adam Watson, quen estaba a traballar co British Legation.[47] Os que coñeceron a Manning nesa época describírona como unha nova provinciana tímida que tiña pouca experiencia con outras culturas. Sentíase tanto cegada como arrepiada con Romanía. A elite intelectual que frecuentaba os cafés, coñecida como o café society, atraíaa co seu enxeño e murmuración, pero repugnábana os rústicos e os esmoleiros, agresivos e ás veces mutilados.[48][49] As súas experiencias en Romanía foron plasmadas nos primeiros dous volumes de The Balkan Trilogy, The Great Fortune e The Spoilt City, considerado un dos máis importantes tratamentos literarios de Romanía durante a guerra. Nas súas novelas, Manning describiu a Bucarest como unha rexión situada á marxe da civilización europea, «unha capital estraña, metade oriental» que era «primitiva, infestada de bichos e brutal», cuxos cidadáns eran campesiños natos, sen importar a súa riqueza nin o seu status.[49][50]

Soldados marchando en Bucarest, 1941.

Manning pasaba o seu tempo escribindo; o seu proxecto principal era un libro sobre Henry Morton Stanley e a súa procura de Emin Paxá,[51] pero tamén mantivo correspondencia íntima con Stevie Smith, chea de chismes e intriga sobre Bloomsbury.[34][41] Realizou a perigosa misión xornalística de entrevistar ao antigo primeiro ministro de Romanía, Iuliu Maniu, en Cluj, Transilvania, nese momento repleta de militares alemáns.[52] A cidade sería transferida pouco despois de Romanía a Hungría, como parte da Segunda arbitraxe de Viena de agosto de 1940 imposto polos alemáns e os italianos.[43][53] Do mesmo xeito que varias das súas experiencias, a entrevista ía incluírse nunha obra futura; outras anécdotas inclúen o seu imprevisto bautismo de Reggie con té xeado porque temía separarse del despois da morte, e a produción de Reggie dunha obra de teatro de Shakespeare, na cal lle prometeron un papel protagonista que finalmente lle foi dado a outro.[54]

Reggie era implacablemente sociable, e ao longo da súa vida, a súa calidez, enxeño e cordialidade déronlle moitos amigos e compañeiros de bebida. En contraste, Manning era reticente e non se sentía cómoda en contornas sociais, polo que permanecía afastada da xente.[38][39][55] Actuaba, segundo as súas propias palabras, como unha «campo-seguidora», atrasada detrás de Reggie mentres este ía de bar en bar; a miúdo prefería irse cedo e soa á súa casa. Mentres que Manning foille fiel a Reggie durante a guerra, o seu amigo Ivor Porter contoulle que Reggie tivera numerosos romances clandestinos.[56]

A inminente guerra e o crecemento do fascismo e da Garda de Ferro en Romanía desconcertaron e asustaron a Manning.[46] A abdicación do rei Carlos II e o avance dos alemáns en setembro de 1940 aumentaron os seus medos, e adoitaba preguntar a Reggie «Pero onde irán os xudeus?». Pouco antes de que as tropas alemás entrasen en Romanía o 7 de outubro tras a invitación do novo ditador Ion Antonescu, Manning emigrou a Grecia, e unha semana despois Reggie uniuse a ela.[57]

Grecia e Exipto[editar | editar a fonte]

Manning sufriu unha ansiedade próxima á paranoia ao longo da súa vida.[55] Tiña unha razón válida para preocuparse por Reggie, quen viaxou desde Romanía até Grecia na aeroliña alemá Lufthansa; os avións de Lufthansa adoitaban desviarse cara aos países do Eixe. Con todo, logrou chegar a salvo a destino, cunha mochila e unha maleta chea de libros pero sen roupa axeitada para traballar. Reggie renovou a súa atarefada vida social, pero a súa esposa relacionouse moi pouco coa comunidade de expatriados e preferiu dedicarse a escribir. No entanto, foi unha época feliz para ela; dixo «Romanía é o estranxeiro, pero Grecia é o fogar». Manning tiña admiradores, entre os que estaba Terence Spencer, un conferenciante do British Council que lle brindaba compañía cando Reggie estaba ocupado con outras actividades; máis tarde aparecería como o personaxe de Charles Warden en Friends and Heroes, o terceiro libro de The Balkan Trilogy. Pouco despois da súa chegada, Grecia entrou na guerra contra o Eixo.[58]

Soldados alemáns izando unha bandeira de batalla do Terceiro Reich nas Acrópoles de Atenas, 1941.

A pesar das primeiras vitorias contra as forzas invasoras italianas, cara a abril de 1941 o país atopábase en risco de ser invadido polos alemáns; nun poema posterior, Manning lembrou o «horror e o terror da derrota» dun pobo ao que chegara a querer.[59][60] O British Council aconsellou aos seus empregados que abandonasen a rexión e o 18 de abril Manning e Reggie partiron desde O Pireo cara a Exipto no Erebus, o último barco civil que partiu desde Grecia.[61][62][63]

Durante os tres perigosos días que durou a viaxe a Alexandría, os pasaxeiros subsistiron a base de laranxas e viño. A bordo xunto cos Smith estaban o novelista Robert Liddell, o poeta galés Harold Edwards, e as súas esposas; os Smith compartiron un estreito camarote cos Edwards. A Sra. Edwards levara consigo unha sombreireira chea de custosos chapeus parisienses, a que Manning colocaba no corredor fóra do camarote, pero a Sra. Edwards insistía en devolvela ao seu lugar. As dúas non se falaban preto da final da viaxe, pero Manning tivo a última palabra: cando a Sra. Edwards abriu a súa caixa, descubriu que Manning esmagara os chapeus cunha cuspideira.[64][65]

Unha vez que chegaron a Alexandría, os refuxiados devoraron con gratitude o alimento outorgado polo exército británico, pero descubriron que a esvástica xa sobrevoaba a Acrópole.[66] A primeira impresión que tivo Manning de Exipto foi de miseria e irrealidade: «Durante semanas vivimos nun estado de retroceso».[67] Desde Alexandría dirixíronse en tren cara ao Cairo, onde restableceron contacto con Adam Watson, quen fora promovido a secretario segundo na embaixada británica. Este convidounos a quedar no seu apartamento de Garden City, con vistas á embaixada.[38][68]

Aínda que na teoría era un país independente, Exipto estivera baixo o control británico desde o século XIX. Co estalido da guerra e baixo os termos do Tratado anglo-exipcio de 1936, o país atopábase baixo unha ocupación virtual dos británicos.[69] Neste punto da guerra, os alemáns estaban a avanzar aparentemente sen nada que os detivese a través do deserto cara a Exipto, polo que no Cairo abundaban os rumores e a alarma. Manning estaba nerviosa e asustada.[70] Sufría de ansiedade constante sobre as enfermidades e de feito sentíase mal con frecuencia. Preocupado, Reggie suxeriu que o mellor para ela sería regresar a Inglaterra, pero Olivia respondeulle: «Onde sexa que vaiamos, iremos xuntos. Se regresamos a casa, iremos os dous. Non deixarei que a guerra nos separe. Fin da historia».[71] O seu pai criáraa como unha firme partidaria do Imperio británico e dos beneficios que tiña ao redor do mundo; Manning era unha británica moi patriota e estaba segura de que finalmente os Aliados triunfarían. En Exipto, con todo, enfrontou o feito de que a ocupación británica xamais fora popular.[72] Reggie descubriu rapidamente a Unión Angloexipcia en Zamalek, onde se reunía a beber e a conversar acerca de política e poesía. Como sempre, era aceptado, e segundo Lawrence Durrell sempre estaba xunto a un grupo de amigos de dubidosa reputación.[73] Manning era moito menos popular. Durrell describiuna como un «cóndor de nariz ganchuda», cuxa forma de ser melindrosa resultáballe molesta a moitas das persoas que a coñecían.[74]

A Manning enfureceuna que o British Council non lle atopase un emprego de maneira inmediata a Reggie, a quen consideraba como un dos seus profesores máis brillantes. Para vingarse, escribiu un verso groseiro sobre o representante do Council, C. F. A. Dundas, máis tarde inmortalizado como o inútil Colin Gracey en Fortunes of War.[75][76] Os personaxes de Manning adoitaban basearse en persoas reais, aínda que nunca escribiu precisamente sobre a súa vida.[77] O seu retrato burlón do profesor lord Pinkrose, conferenciante do British Council, estivo vagamente baseado en lord Dunsany, enviado a ocupar o cargo de Byron Chair of English na Universidade de Atenas en 1940.[78][79] Tamén a ofendeu o feito de que Amy Smart, esposa de Walter Smart e habitual clienta de artistas, poetas e escritores do Cairo, lle prestara tan pouca atención a ela e a Reggie; máis tarde vingouse imitando a súa actitude.[73][80][81]

Hotel Shepheard, no Cairo.

En outubro de 1941, Reggie recibiu unha oferta de traballo como conferenciante na Universidade de Alexandría, situada na cidade homónima. A parella mudouse do Cairo para compartir un apartamento cun amigo, o profesor Robert Liddell. Os alemáns bombardeaban a cidade con regularidade e os ataques asustaban a Manning, quen irritaba a todos ao insistir en que os tres baixasen ao refuxio antiaéreo cada vez que soaban as sirenas.[72][82] Case inmediatamente despois de chegar a Alexandría, decatouse da terrible noticia de que o seu irmán Oliver falecera nun accidente aéreo.[73][83] O trastorno emocional que lle causou a noticia provocou que non escribise novelas durante varios anos.[1]

Os ataques aéreos volvéronse insoportables para Manning e pronto volveu ao Cairo, onde no inverno de 1941 converteuse en asesora de prensa da Legación dos Estados Unidos.[84][85] No seu tempo libre traballou en Guests at the Marriage, un prototipo sen publicar para The Balkan Trilogy, ademais de relatos curtos e poemas, algúns dos cales lle enviou a Stevie Smith coa esperanza de que se publicasen.[41][86] Co correr dos anos, Stevie reflexionara sobre o feito de que Manning deixara de lado a súa amizade para casar con Reggie, e cara a esta época os seus celos manifestáronse abertamente; en 1942 escribiu un poema titulado «Asasinato», no cal un home se pon de pé xunto a unha tumba e admite «A miña man trouxo a Reggie Smith a esta estreita cama — / Ben, conduce ben a súa alma, témome que non son eu o morto».[87] En reimpresións posteriores, o nome «Reggie Smith» foi substituído por «Filmer Smith» para ocultar a alusión, pero Manning descubriuna e púxose furiosa.[88]

Durante o tempo que pasou en Exipto, Manning contribuíu a dúas revistas literarias de Oriente Medio: Desert Poets e Personal Landscapes, fundadas por Bernard Spencer, Lawrence Durrell e Robin Fedden.[89][90] O último buscou explorar as esferas sociais e de coñecemento dos escritores exiliados durante a guerra. Os fundadores, como Manning, mantiñan un lazo forte con Grecia en lugar dun compromiso artístico e intelectual con Exipto. Ao lembrar a partida de Grecia, Manning escribiu «Enfrontamos o mar / Sabendo que até o día do noso regreso seriamos / Exiliados dun país que non é o noso».[91][92] En Exipto e máis tarde en Palestina, Manning e o seu esposo relacionáronse estreitamente cos escritores gregos refuxiados; traduciron e editaron as obras de Giorgos Seferis e Elie Papadimitriou. Manning describiu a súa impresión da escena poética do Cairo en «Poetas no exilio», artigo incluído na revista Horizon de Cyril Connolly. Defendeu aos escritores da recensión dun crítico londiniense, o cal dixera que estaban «desconectados»: asegurou que o seu traballo estaba fortalecido polo seu acceso a outras culturas, idiomas e colegas escritores. Os involucrados criticaron amplamente o seu artigo, incluíndo a Durrell, a quen lle molestou que se eloxiase a poesía de Spencer a expensas del.[93][94]

En 1942, Reggie foi seleccionado como director de Programación Inglesa e Árabe no Palestine Broadcasting Service de Xerusalén; o traballo comezaría no outono, pero a principios de xullo, cando as tropas alemás seguían avanzando con rapidez por Exipto, logrou convencer a Manning de que se mudase a Xerusalén para «preparar o ambiente».[95][96]

Palestina[editar | editar a fonte]

A parella pasaría tres anos en Xerusalén. Apenas chegou ao país, Manning contactou con The Jerusalem Post para conseguir emprego e pronto foi contratada como crítica.[96][97] Entre 1943 e 1944 traballou como asistente de prensa na oficina de información pública de Xerusalén e logo tomou un posto idéntico na oficina do British Council na mesma cidade.[1] Manning seguiu traballando no seu libro sobre Stanley e Emin Paxá, e aproveitou aos condutores de vehículos do exército que accedían a levar de cortesía aos civís; visitou Palestina, Petra e Damasco para reunir material destinado a traballos futuros.[98]

Xerusalén en 1945.

En 1944, Manning quedou embarazada; a parella alegrouse moito e Manning relaxouse e deixou de ser tan crítica cara aos demais, en especial cara á súa propia nai, coa cal sempre tivera unha relación difícil. Durante o seu embarazo dedicouse a facer cousas que nunca facía: descansou, paseou, pintou e mesmo teceu. Con todo, ao sétimo mes o bebé faleceu dentro do útero e como se facía na época, Manning viuse obrigada a esperar durante dous difíciles meses para dar a luz ao seu fillo morto. Adoitaba repetir con tristeza, «Son como un cemiterio andante».[37][99] Esnaquizada emocionalmente, Manning volveuse paranoica e comezou a temer constantemente que Reggie fose asasinado. Este pensou que a súa esposa estaba a sufrir un colapso nervioso e en outubro de 1944 acompañouna a Chipre para tomar unhas vacacións dun mes. Ao regresar a Xerusalén seguía estando lonxe da súa recuperación; o poeta Louis Lawler describiu a pena desta «estraña e difícil muller» e o comportamento «marabillosamente paciente» de Reggie, a pesar de que Manning chamaba ao seu esposo polo seu apelido durante este período.[100] Manning xamais se recuperou por completo da súa perda e de cando en cando falaba ou escribía sobre ela. Non logrou ter máis fillos e posteriormente dirixiría o seu instinto maternal cara aos animais, especialmente cara aos gatos.[37][99]


Durante a súa estadía en Oriente Medio, Manning padecera amebíase, o que a obrigou a permanecer internada en varios hospitais do Cairo e de Palestina. Cando terminou a guerra en Europa, en maio de 1945, o seu estado de saúde levou á parella a decidir que Manning debía volver a Inglaterra antes que Reggie. Viaxaron xuntos cara a Suez, desde onde ela partiu soa cara ao seu fogar.[101]

Inglaterra de posguerra[editar | editar a fonte]

Despois dunha breve estadía cos seus doentes pais na bombardeada cidade de Portsmouth, Manning mudouse a un apartamento en Londres. Reggie chegou durante o verán de 1945 e conseguiu un emprego no Departamento de Longametraxes da BBC.[4] O MI5 identificouno como un espía comunista en 1947 e púxoo baixo vixilancia. Segundo o seu expediente, Reggie estivera traballando para incrementar a influencia soviética en Romanía e no medio Oriente durante a guerra.[40] Manning non compartía as crenzas políticas do seu esposo, pero era moi consciente de que o seu teléfono estaba intervido e temía que o seu apoio manifesto ao comunismo conduciríao a perder o seu emprego na BBC.[102][40] Reggie foi transferido pouco despois de Longametraxes ao departamento de Drama, menos sensible politicamente. A vixilancia cesou cando renunciou ao Partido Comunista, despois da invasión rusa a Hungría en 1956.[39][40]

Manning tamén traballou para a BBC; escribiu libretos adaptados de novelas de George Eliot, Arnold Bennett e Ada Leverson.[103] Completou o seu libro sobre Stanley e Emin Paxá, titulado The Remarkable Expedition no Reino Unido e The Reluctant Rescue nos Estados Unidos, publicado en 1947, e posteriormente reimpreso en 1985.[104][105] O libro recibiu críticas xeralmente positivas, pero continúa sendo descoñecido en comparación con outros.[106] En 1948, Heinemann publicou o seu libro de relatos curtos Growing Up. A historia principal é un conto no cal relatou en forma de ficción a súa aventura romántica con Hamish Miles.[107] Manning continuaría con Heinemann como editor até 1974.[108]

Emin Paxá, en quen se baseou o libro The Remarkable Expedition.

Despois de vivir en varios apartamentos alugados, en 1951 a parella mudouse a unha casa en St John's Wood, onde subarrendaron habitacións a hóspedes tales como os actores Julian Mitchell e Tony Richardson.[109] Abastecida con moito gin and tonic para superar a súa timidez, Manning podía participar con enxeño na esfera literaria de Londres;[110][111] do mesmo xeito que durante a súa infancia, dicía mentiras xactanciosas, como a ocasión en que asegurou que tiña unha relación de parentesco con Marie Belloc Lowndes e que recibira unha proposta matrimonial de Anthony Burgess a mañá seguinte ao falecemento da esposa deste.[110] A súa inseguridade tamén se demostraba noutros ámbitos: estaba moi pendente das finanzas e sempre alerta para atopar formas de facer e aforrar diñeiro.[1][112] Despois da guerra, tanto ela como Reggie foron infieis. Nas festas, Reggie adoitaba preguntarlles a outras mulleres se estaban interesadas en encontros extramaritais, mentres se cre que Manning tivo aventuras románticas con William Gerhardie e Henry Green, e que ademais se embarcou nunha procura amorosa non correspondida co seu hóspede Tony Richardson.[113] Jerry Slattery, o seu médico, foi o seu amante durante moito tempo; a súa infidelidade foi unha gran sorpresa para Reggie, quen sentiu que decepcionara á súa esposa. Con todo, despois dun comezo difícil, Reggie recuperouse e pronto fixo unha gran amizade con Jerry. O adulterio de Manning en certa forma fixo que para Reggie fose máis fácil xustificar os seus propios amoríos frecuentes, incluíndo a súa longa relación con Diana Robson, quen se convertería na súa segunda esposa. Manning nunca lle prestou demasiada atención á infidelidade do seu esposo e adoitaba responder «xa sabes como é Reggie».[114] A parella xamais contemplou a posibilidade do divorcio, xa que ambos opinaban que o matrimonio era un compromiso para sempre.[1][115]

A primeira novela de Manning da posguerra, Artist Among the Missing, un reconto evocador da súa vida no Oriente Medio, foi publicada en 1949 e recibiu críticas heteroxéneas.[1][116] Traballou nun libro de turismo de Irlanda, The Dreaming Shore, o cal se baseou na súa educación anglo-irlandesa, pero resultou ser «unha cruz» xa que a obrigou a realizar varias custosas viaxes a Irlanda. O libro destacouse pola súa opinión de que Irlanda algún día unificaríase.[117] Manning continuou a serie de publicacións con A School for Love, publicada en 1951. A novela trata sobre un neno que crece en Palestina durante a Segunda guerra mundial. Coa súa publicación, Reggie, en quen Manning confiaba amplamente polo seu xuízo literario, a súa axuda e o seu apoio, declarou: «A miña Olivia é o que podería chamarse unha autora establecida».[118] A novela recibiu críticas xeralmente positivas, pero debeu enfrontar a posibilidade de que Clarissa Graves (irmá de Robert), en quen pode estar baseada Miss Bohun, un dos personaxes da novela, comezara contra ela un preito por difamación.[119]

Manning complementou a escritura de libros coas críticas para The Spectator, The Sunday Times, The Observer e Punch, entre outras, ademais das súas contribucións ocasionais para The Jerusalem Post.[120] En 1953 publicou a súa cuarta novela, A Different Face. Ambientada nunha cidade gris baseada en Portsmouth, a cidade natal de Manning, narra os intentos do protagonista por abandonar o seu pobo. O libro non foi ben recibido pola crítica, e, como sempre, Manning sentiuse desprezada e pensou que non recibira a crítica que merecía.[121][122] A súa inseguridade neurótica e o seu perfeccionismo convertíana nunha persoa difícil de tratar e fácil de ofender, e era moi consciente de que escritores máis novos estaban a deixala atrás.[123][124] Un exemplo destes escritores era Iris Murdoch, con quen Manning compartía un interese polos pratos voadores e unha amizade incómoda que estaba marcada pola envexa ante o grande éxito de Murdoch, máis nova que ela.[125] Manning sabía que era rancorosa, pero non podía solucionalo, e con frecuencia criticaba aos seus amigos escritores cos demais.[126][127] Con todo, adoitaba eloxiar e admirar a Ivy Compton-Burnett, a quen coñecera en 1945 e cuxa amizade valoraba en gran medida.[128] Queixábase sobre o seu editor Heinemann e sobre a falta de recoñecemento cara a ela por parte dos seus contemporáneos: Anthony Powell describiuna como «a rosmona máis grande do mundo» e o editor lembrou que Manning «nunca fora unha escritora fácil de manexar».[129] Un amigo alcumouna «Olivia Moaning» («Olivia Queixas»), e outros comezaron a chamala así, para gran desagrado de Manning.[5]

En 1955 publicou The Doves of Venus, o cal se baseou na súa experiencia en Londres durante a década de 1930; as dúas amigas protagonistas, Ellie Parsons e Nancy Claypole, son similares a Manning e Stevie Smith.[24][130][131] No libro, unha Ellie illada do mundo busca escapar dunha nai abafadora.[132] As críticas foron en xeral favorables, pero Manning non se deu por satisfeita. Talvez molesta pola súa caracterización na novela, Stevie Smith escribiu o que Manning describiría como unha «crítica maliciosa»; as dúas grandes amigas apenas se falaron desde entón, a pesar de que Smith se esforzou por volver achegarse. Finalmente, con todo, Manning perdoouna de mala gana: ao descubrir que Smith padecía dunha enfermidade terminal, sinalou: «Ben, se está verdadeiramente enferma, teremos que esquecer o pasado».[124][131][133]

Dedicoulle moito tempo e atención aos animais, especialmente aos gatos siameses, aos que lles tiña un agarimo especial. Preocupábase moito pola saúde e o benestar das súas mascotas e levábaos con ela cando visitaba aos seus amigos, xunto a varias botellas de auga quente para eles por si descendía a temperatura. Despedía veterinarios con frecuencia (a un díxolle «Non che pago para que me digas que o meu animal non ten nada malo») e en ocasións chegou a contactar a curandeiros para animais.[134] Ademais, apoiaba cun gran compromiso as organizacións en contra da crueldade cara aos animais. O seu amor e interese polos gatos viuse plasmado no seu libro Extraordinary Cats, publicado en 1967.[135]

En decembro de 1956, Manning publicou My Husband Cartwright, unha saga de doce bosquexos sobre Reggie que orixinalmente foran publicados na revista Punch. Non foi moi tomada en conta pola crítica, e como era usual, Manning sentiuse frustrada e enfadada. O libro sería un precursor do retrato do seu esposo en Fortunes of War; detallaba episodios cómicos que resaltaban o carácter de Reggie, incluíndo a súa natureza sociable e o seu interese polas causas sociais: «O meu esposo Cartwright ama aos seus camaradas. Os que aman aos seus camaradas poden ser exasperantes [...] No período en que daba conferencias no exterior, de súpeto concibiu un rancor cara ás 'visitas', en especial as visitas 'inútiles', tales como ás ruínas ou ás tumbas. Debes supor que si non fóra polas distraccións tales como Tiberias, o Val dos Reis ou a vila de Hadriano, os turistas no estranxeiro entreteríanse unicamente en aliviar a pobreza».[136]

The Balkan Trilogy e outras obras[editar | editar a fonte]

Entre 1956 e 1964 o principal proxecto de Manning foi The Balkan Trilogy, unha saga de tres novelas baseadas na súa experiencia durante a Segunda guerra mundial; como sempre, Reggie apoiouna e alentouna.[137] Os libros describen o matrimonio de Harriet e Guy Pringle, quen viven e traballan en Romanía e Grecia, e remata coa súa fuxida a Alexandría en 1941 pouco antes da invasión dos alemáns. Guy, un home tan admirable como pouco satisfactorio, e Harriet, unha muller orgullosa e impaciente en forma alternada, pasan da paixón á aceptación da diferenza. Manning dixo que os libros eran capítulos longos dunha autobiografía e as primeiras versións estaban escritas en primeira persoa. Con todo, houbo trazos significativos de ficción. Mentres que Manning tiña trinta e un anos e Reggie vinte e cinco no estalido da guerra, o alter ego de Olivia, Harriet, tiña apenas vinte e un anos de idade e o seu esposo era un ano maior. Manning era unha escritora de profesión, mentres que a súa creación non o era.[138]

O Palacio Real, en Bucarest, Romanía, cara 1941.

O primeiro libro da triloxía, The Great Fortune, recibiu críticas desiguais, pero os volumes posteriores, The Spoilt City e Friends and Heroes foron adulados en xeral; Anthony Burgess anunciou que Manning estaba «entre as máis consumadas das nosas novelistas mulleres» e comparouna con Lawrence Durrell, Graham Greene, Evelyn Waugh e Anthony Powell. Algúns críticos foron máis duros, e como era frecuente, espertaron a ira de Manning.[3]

Despois da publicación do último volume de The Balkan Trilogy en 1965, Manning traballou no seu libro sobre gatos e nunha antoloxía de relatos curtos, A Romantic Hero and Other Stories; ambos publicáronse en 1967.[139] Outra novela, The Play Room (publicada nos Estados Unidos como The Camperlea Girls), apareceu en 1969. Tanto o libro de relatos curtos como The Play Room contiñan temáticas homosexuais, un tema que interesaba a Manning. O segundo foi unha exploración das vidas e os intereses dos adolescentes que non tivo éxito, aínda que as críticas foron alentadoras en xeral.[140] Propuxéronlle crear unha versión cinematográfica e Ken Annakin pediulle que escribise o libreto. A película, con máis escenas lésbicas explícitas que no libro, apenas comezara a realizarse cando o diñeiro esgotouse; máis tarde desenvolveuse unha segunda versión, cun libreto moi diferente, pero tampouco chegou a bo porto. «Todo quedou na nada», dixo. «Desperdiciei moito tempo e hai cousas que non podes permitirte facer cando tes sesenta anos».[141]

The Levant Trilogy[editar | editar a fonte]

Durante a década de 1970 sucedéronse numerosos cambios domésticos: a parella mudouse a un apartamento máis pequeno, xa que Reggie retirárase antes de tempo da BBC e en 1972 comezara a traballar como conferenciante na New University of Ulster de Coleraine. A parella posteriormente viviu separada durante longos períodos, xa que Manning rexeitaba a idea de mudarse a Irlanda.[142]

Manning sempre observara de cerca á vida e posuía unha memoria fotográfica.[37] Díxolle á súa amiga Kay Dick: «Escribo baseándome na experiencia, non teño fantasía. Creo que nada do que vivín foi desprezado».[84] Con todo, a súa novela The Rain Forest de 1974 demostrou a súa habilidade creativa mediante a descrición dunha illa ficticia no océano Índico e dos seus habitantes. Ambientada en 1953, os personaxes principais da novela son unha parella británica; o libro examina as súas experiencias e traxedias persoais dentro dun contexto marcado polo violento final ao dominio colonizador británico.[143] O libro é un dos menos coñecidos de Manning e desilusionouna o feito de que non foi incluído na lista dos preseleccionados para o Premio Booker.[144]

A principios de 1975 Manning comezou The Danger Tree, ao cal describiu por un tempo como «A cuarta parte da Balkan Trilogy»; finalmente, converteuse na primeira novela de The Levant Trilogy, na que continuou a historia dos Pringle en Oriente Medio.[145] O primeiro libro resultou ser moi dificultoso de escribir, en parte pola falta de confianza que tiña Manning no seu poder de inventiva: o libro xustapón a experiencia dun oficial novo na guerra do Deserto, Simon Boulderstone, coas vidas máis seguras dos Pringle e o seu círculo.[146] Manning, fascinada polas relacións entre irmáns e lembrando a morte do seu propio irmán, tamén desenvolveu no libro a relación entre Simon e o seu irmán máis vello, Hugo. Sentía que non tiña capacidade suficiente para escribir sobre soldados e sobre escenas militares; os primeiros críticos estiveron de acordo e consideraron os seus libros como pouco convincentes e improbables, aínda que máis tarde outros serían considerablemente máis amables.[147]

Soldados británicos en El Alamein durante a guerra do Deserto.

Algunhas partes do libro foron inventadas e outras baseáronse en incidentes da vida real. O primeiro capítulo de The Danger Tree describe a morte accidental do novo fillo de sir Desmond e lady Hooper. O incidente tivo unha base real: o fillo de oito anos de idade de sir Walter e lady Amy Smart morrera ao recoller unha bomba nun picnic no deserto, en xaneiro de 1943. Do mesmo xeito que como se describe na novela, os seus pais, esnaquizados pola dor, trataran de alimentar ao neno por un orificio na fazula.[77][80] Manning estivera enfadada durante moito tempo cos Smart, dado que estes non a incluíran a ela nin a Reggie dentro do seu círculo artístico no Cairo. Con todo, a escena pareceulle de mal gusto mesmo aos amigos de Manning, quen se enfureceron de que a silandeira e fiel lady Smart estivese asociada coa Lady Hooper de Manning, alguén totalmente diferente.[80][81] A pesar de que tanto sir Walter como a súa esposa faleceran na época da publicación, o editor de Manning recibiu unha carta documento escrita en representación da familia Smart, na cal protestaban pola escena e requirían que non houbese máis referencias ao incidente ou á parella en volumes futuros. Manning ignorou as dúas peticións.[80] Para crear o personaxe de Aidan Pratt inspirouse no actor, escritor e poeta Stephen Haggard, a quen coñecera en Xerusalén.[148] Do mesmo xeito que Pratt, Haggard suicidouse nun tren, durante unha viaxe do Cairo a Palestina, pero no caso de Haggard a causa fora o fin da súa relación cunha fermosa muller exipcia e non un amor homosexual non correspondido.[149] Despois de queixarse durante anos do seu editor, Heinemann, Manning cambiou a Weidenfeld & Nicolson e permaneceu con eles durante o resto da súa vida.[150] The Danger Tree resultou ser un considerable éxito de crítica e aínda que Manning volveuse a decepcionar porque a súa obra non fora seleccionada para o premio Booker, o Yorkshire Post seleccionouna como a súa Mellor Novela de 1977.[151] Previamente, en 1976, outorgáranlle a Orde do Imperio Británico.[1]

Con Memoirs de Bernard Montgomery como guía, a Manning foille máis doado escribir as escenas de batallas no segundo volume da triloxía, The Battle Lost and Won. Despois dun comezo lento, escribiu con seguridade e rapidez; completou o libro en sete meses e publicouno en 1978. O libro mostra a vida dos Pringle cando Rommel e os Afrika Korps achéganse a Alexandría, onde Guy dá clases. Exipto continúa sendo un lugar de privilexio e de intercambio sexual para os non combatentes, e o matrimonio dos Pringle vaise desintegrando aos poucos.[152]

Últimos anos[editar | editar a fonte]

A Manning afectoulle profundamente a repentina morte de Jerry Slattery en 1977, o seu amante e confidente durante máis dun cuarto de século.[153] Os últimos anos da escritora tamén se complicaron pola deterioración física; a artrite afectábaa cada vez máis,[154] debeu someterse a operacións de substitución de cadeira en 1976 e en 1979, e sufría de mala saúde en xeral pola amebíase que sufrira no Medio Oriente.[155] No entanto, Manning comezou a traballar na última novela de The Levant Trilogy, The Sum of Things, na cal Harriet acepta regresar ao Reino Unido, pero unha vez que se despide de Guy, cambia de opinión. A novela describe as viaxes de Harriet por Siria, Líbano e Palestina, observa a suposta viudez de Guy no Cairo despois de descubrir que o barco de Harriet afundira, e detalla as lesións de Simon Boulderstone sufridas durante a batalla do Alamein e a súa posterior recuperación.[156]

The Sum of Things foi publicada de maneira póstuma, xa que o 4 de xullo de 1980 Manning sufriu un severo ataque mentres estaba nunha visita aos seus amigos na illa de Wight. Faleceu no hospital o 23 de xullo; Reggie, como era común, estaba en Irlanda e non estivo presente cando a súa esposa faleceu.[1][157] Non podía soportar vela «desvanecerse» e foise a Londres para manterse ocupado. Manning predixera desde sempre que Reggie, sempre impuntual, chegaría tarde ao seu funeral, e case estivo no certo. Ademais, o seu período de loito, caracterizado por transicións abruptas entre pranto e risas case histéricas, foi precisamente como imaxinara Manning a reacción de Guy Pringle ante a suposta morte de Harriet en The Sum of Things. Manning foi cremada e as súas cinzas enterradas na Mansión Billingham, na Illa de Wight.[1][158]

Manning queixárase desde había moito tempo sobre a falta de recoñecemento que recibira como escritora e non se consolaba cando o seu esposo e os seus amigos lle respondían que o seu talento sería recoñecido e as súas obras lidas nos vindieros anos. Dicía: «Quero ser famosa agora, Agora».[6][159] Como sempre temera, foi recoñecida como escritora e foi comezada a ler principalmente despois da súa morte; en 1987 levouse á televisión unha versión de Fortunes of War protagonizada por Emma Thompson e Kenneth Branagh, presentando a súa obra ante unha audiencia máis ampla.[6][160]

Obra[editar | editar a fonte]

Recepción[editar | editar a fonte]

Máis aló da popularidade póstuma de Fortunes of War, a maior parte dos libros de Manning son moi difíciles de atopar á venda e recibiron pouca atención por parte da crítica.[132][161] Dos seus libros, só Fortunes of War, School for Love, The Doves of Venus, The Rain Forest e A Romantic Hero continúan na imprenta.[162] Algunhas das súas novelas, principalmente Fortunes of War, foron traducidas ao francés, alemán, finés, danés, sueco, castelán, grego, romanés e hebreo.[45][163] Do mesmo xeito que durante a súa vida, as opinións están divididas; algúns aseguran que os seus libros están «estragados pola autoindulxencia e unha falta de autoxuízo», e critican os retratos estereotipados e caricaturados de grupos étnicos e relixiosos.[164][165][166][167] Outros eloxiaron a narrativa firme, perspicaz e convincente e a excelente caracterización.[110][168][169] Os seus argumentos presentábanse na forma de viaxes, odiseas e procuras tanto en sentido literal como metafórico.[166][170][171] O talento de Manning para as «exquisitas evocacións dos lugares», incluíndo os aspectos físicos, culturais e históricos, foi amplamente admirado,[45][166] e o crítico Walter Allen eloxiou o seu «ollo de pintora para o mundo visible».[172][167]

Fortunes of War[editar | editar a fonte]

A obra máis famosa de Manning, os seis libros que conforman Fortunes of War, foron descritos como «as novelas máis menosprezadas do século XX» e á autora como «unha das mellores expoñentes do roman-fleuve do século».[173][174] Escrita durante a Guerra Fría, máis de dezaseis anos despois do período que describe, The Balkan Trilogy, ambientada en Romanía e Grecia, é considerada como un dos maiores logros no que se refire ao tratamento literario da rexión durante a guerra, aínda que foi criticada polas imaxes do Balcanismo propias da Guerra Fría[49] e pola incapacidade de Manning para «deixar de lado a súa antipatía cara a todo o romanés».[174][50] The Levant Trilogy, ambientada en Oriente Medio, foi eloxiada polas súas detalladas descricións da experiencia de Simon Boulderstone na Guerra do Deserto e pola xuxtaposición dos Pringle e o seu matrimonio cos eventos importantes que sucedían no mundo.[1][175] Imprimíronse extractos da novela en antoloxías de literatura bélica composta por mulleres.[176][177] Theodore Steinberg sostén que Fortunes of War debe ser vista como unha novela épica, xa que ten un amplo alcance e un elenco grande de personaxes interesantes situados nun punto central da historia. Do mesmo xeito que outras novelas épicas, os libros desenvolven temáticas persoais e nacionais interrelacionadas. Hai referencias frecuentes á caída de Troia, como a produción de Guy Pringle da obra de Shakespeare Troilus and Cressida, na cal os expatriados británicos interprétanse a si mesmos mentres Romanía e Europa reflicten a destruída Troia.[178][173][179] Segundo a perspectiva de Steinberg, os libros tamén desafían as convencións típicas do xénero masculino sobre a novela épica ao mostrar a guerra principalmente mediante os ollos dun personaxe feminino «quen con frecuencia contrasta as súas percepcións coas dos homes que a rodean».[178] Pola contra, Adam Piette ve o libro como unha novela épica errada; considéraa o produto do desexo propio da época da Guerra Fría de reprimir o cambio, ilustrado mediante «o enfoque obstinadamente autocompasivo de Harriet cara ao seu matrimonio» sen loitar contra o radicalismo da guerra, e o destino das súas vítimas como o representa Guy e o seu compromiso político.[180]

Outras obras[editar | editar a fonte]

As outras obras de Manning foron catalogadas como precursoras das dúas triloxías.[166][167] A súa novela de preguerra, The Wind Changes (1937), ambientada en Irlanda, anticipa as obras vindeiras na súa «exploración discreta das relacións fronte á guerra como pano de fondo».[172] As súas obras de posguerra, as cales están ambientadas en forma alternada no seu fogar e no estranxeiro, considéranse pasos non exitosos no proceso de clarificar as súas ideas sobre unha guerra de expatriados e como escribir sobre elas. As novelas e historias ambientadas en Inglaterra e Irlanda están impregnadas co vello e co descontento, mentres que as do exterior resaltan o entusiasmo e a aventura das súas obras posteriores.[181] Dous libros ambientados en Xerusalén, The Artist Among the Missing (1949) e School for Love (1951), o seu primeiro éxito comercial e crítico, tamén son primeiros pasos na súa exploración de temas tales como a guerra, o colonialismo e o imperialismo británico.[166][1]

Manning escribiu críticas, adaptacións de radio, libretos e varios libros de non ficción.[182] O seu libro The Remarkable Expedition (1947) sobre Emin Paxá e Henry Stanley tivo críticas xeralmente favorables, e cando se reimprimiu en 1985 foi eloxiado polo seu humor, pola súa narración e pola súa xustiza cara a ambos os temas.[106][105][183] The Dreaming Shore (1950), un libro turístico sobre Irlanda, recibiu unha crítica desigual mesmo por parte do seu vello amigo Louis MacNeice, pero algúns extractos deste e doutros libros de turismo irlandés de Manning foron posteriormente admirados e incluídos en antoloxías.[184][185][186] O libro Extraordinary Cats (1967) trata principalmente sobre as amadas mascotas de Manning e a crítica de Stevie Smith no Sunday Times sostivo que o libro era «máis axitado que orixinal».[187] A autora publicou tamén dúas sagas de relatos curtos, Growing Up (1946), a cal foi moi ben recibida, e A Romantic Hero and Other Stories (1967); esta última inclúe outras historias do volume anterior e presenta un marcado sentido da mortalidade.[188]

Temáticas[editar | editar a fonte]

Guerra[editar | editar a fonte]

A diferenza doutras obras de ficción bélica escritas por mulleres durante este período, as obras de Manning non relatan a vida das esposas e fillas que quedaban no fogar. No seu lugar, as súas obras ficticias sobre Irlanda e sobre a Segunda guerra mundial mostran a vida dos combatentes e non combatentes na fronte e detrás das liñas.[166][189][44] As guerras, como as vía Manning, eran batallas para conseguir terras e influencia, e, segundo a historiadora Nancy Lewis, «coa súa variedade de imaxes e falsas impresións, Manning lémbranos que as guerras terrestres foron continuas».[190] Os seus libros non celebran o heroísmo británico nin a inocencia dos civís, senón que salientan que as causas e os perigos da guerra proveñen máis de dentro que de fóra, e que as ameazas máis grandes son os compatriotas británicos.[7][191] Os militares non son en absoluto heroes, e as respostas dos oficiais británicos preséntanse como ridículas.[192][193] En Fortunes of War, o conflito móstrase amplamente desde a óptica dunha muller civil, unha observadora, aínda que os libros posteriores inclúen o punto de vista do soldado Simon Boulderstone desde o campo de batalla.[44][166] Hai diferentes opinións sobre si logrou ou non ser fiel ás escenas de batalla en Fortunes of War; as primeiras críticas de Auberon Waugh e Hugh Massie cualificáronas como inverosímiles e non totalmente conseguidas, pero outros describiron o seu retrato das batallas como vívido, conmovedor e moi convincente.[194][166][170][173] Os seus libros serven como un indicio da guerra e os seus horrores; William Gerhardie notou en 1954 que Artist among the Missing «é unha guerra vista a través dun alcance tan reducido que a lente queima e case prende lume o papel».[190] Fai forte fincapé no efémera que é a vida; a morte e a mortalidade son unha presenza e preocupación constante para os civís e os soldados por igual; e a repetición –de historias, eventos e mortes– adoitaba dar «a impresión das vidas atrapadas nunha guerra interminable» para a cal non se albiscaba un final posible.[170][195]

Colonialismo e imperialismo[editar | editar a fonte]

Unha das principais temáticas das obras de Manning é o Imperio británico en decadencia[167] As súas obras de ficción comparan as visións deterministas e imperialistas da historia coas que aceptan a posibilidade de cambio para aqueles desprazados polo colonialismo.[167] As obras de Manning toman unha forte postura contra o imperialismo británico, e critican duramente o racismo, o antisemitismo e a opresión de finais da era colonial británica.[166][196][197] Segundo Steinberg, «presenta ao imperialismo británico como un sistema corrupto e que se serve só a si mesmo, que non só merece ser desarmado, senón que está a piques de selo».[198] Os personaxes británicos das novelas de Manning asumen case na súa totalidade a lexitimidade da superioridade e o imperialismo británicos, e loitan contra a súa posición como opresores que non son benvidos en países aos que foron levados para expandir a influencia colonizadora da súa nación.[199][174] Segundo esta óptica, o personaxe de Harriet, marxinada como exiliada e muller, é tanto opresora como oprimida, mentres que os personaxes como Guy, o príncipe Yakimov e Sophie fan gala de varias formas de poder e autoridade sobre o próximo, reflectindo neste microcosmos os conflitos nacionais e o imperialismo do Imperio británico.[200][201][202][44] Phyllis Lassner, quen escribiu moitos libros sobre a literatura de Manning desde unha perspectiva colonial e posterior á colonia, notou que nin aos personaxes máis amables se lles perdoa a súa complicidade como colonizadores; a reacción dos Pringle afirma «a relación conflitiva entre o seu propio status como exiliados da colonia e como colonizadores» e os exipcios nativos, aínda que se lles dá moi pouca voz directa en The Levant Trilogy, afirman a subxectividade do seu país.[203]

En The Artist Among the Missing (1949), Manning detalla as tensións raciais que se crean cando se mestura o imperialismo e o multiculturalismo, e, como nas súas outras novelas bélicas, avalía a contradición política: os británicos querían derrotar ao nazismo e ao mesmo tempo manter a súa propia explotación colonizadora.[204] School for Love (1951) é a historia dun neno orfo que realiza unha viaxe decepcionante a unha cidade habitada por árabes, xudeus e por unha presenza colonizadora represiva representada na novela polo personaxe frío, santurrón e antisemita de Miss Bohun.[205]

Manning explora estas temáticas non só nas súas principais novelas ambientadas en Europa e en Oriente Medio, senón tamén na súa obra ficticia ambientada en Irlanda, The Wind Changes (1937) e en oito relatos curtos que foron escritos a principios da súa carreira.[167] Nestes libros, as actitudes colonialistas reprodúcense mediante os estereotipos dos católicos do sur como persoas salvaxes, primitivas e indisciplinadas, mentres que os habitantes do norte caracterízanse como persoas eficientes e ben ordenadas. Os personaxes principais, desprazados, loitan por atopar o seu lugar en grupos sociais cuxos valores xa non aceptan.[167] Manning tamén se destacou polo seu enfoque directo sobre o impacto do final do control colonial. The Rain Forest (1974) presenta un punto de vista posterior moi pesimista, no cal satiriza os valores dos expatriados británicos nunha illa ficticia. Tamén critica aos que se involucraron no movemento independentista e mostra unha imaxe desesperanzada das futuras perspectivas posteriores á independencia da illa.[166]

Desprazamento e alteridade[editar | editar a fonte]

O desprazamento e a alienación son temáticas habituais nos libros de Manning. Os personaxes adoitan estar illados, afastados física e emocionalmente dos contextos familiares, e atópanse nunha constante procura dun lugar ao que pertencer.[167][190][206] Esta crise de identidade pode reflectir a propia vida de Manning, filla dunha nai irlandesa e dun pai británico que era oficial naval.[167][174] En 1969, díxolle a un entrevistador: «Síntome moi confundida sobre quen son, nunca sentín realmente que pertencese a un lugar determinado».[167] Nas súas novelas ficticias bélicas, o conflito crea ansiedade, desprazamento emocional e distancia adicionais, xa que os personaxes non poden comunicarse entre si.[44][190][207] Eve Patten nota «o sentido penetrante de liminalidade (a mestura das técnicas literarias coas propias das artes plásticas)» e a figura recorrente do refuxiado na obra de Manning. O interese no desprazamento reforzouse coas experiencias aterradoras e desorientadoras da propia Manning como refuxiada durante a guerra.[92] As súas viaxes tamén a colocaron en contacto directo coa situación moito máis grave doutros refuxiados de guerra, incluíndo os xudeus que buscaban asilo a bordo do Struma.[92] O exilio tiña as súas recompensas para os refuxiados literarios tales como Manning, xa que lle posibilitaba coñecer diferentes culturas e presentáballe «unha civilización pasada, máis esplendorosa», segundo dixo ela mesma na súa crítica da poesía británica de 1944.[208][92] Os seus libros, con todo, reflicten a súa profunda preocupación pola realidade da maior parte dos refuxiados, quen se representan como «un Outro degradado e desmoralizado», desafiando as nocións occidentais compracentes de estabilidade e nacionalidade.[92]

Manning foi catalogada como unha escritora orientalista, cuxas descricións das culturas adoitan salientar as paisaxes exóticas e estranxeiras.[92][171] Esta característica preséntase nítidamente nas súas novelas ambientadas en Romanía. Nestas, os historiadores notan que Manning consideraba a Romanía como un «Outro» exótico, un legado do Imperio Otomán localizado nos límites da Europa civilizada e na fronteira co Oriente non civilizado.[171][173] A súa perspectiva negativa da alteridade dos romaneses levouna a describilos como unha poboación aniñada que vive vidas decadentes, con mulleres pasivas e inmorais, invadida pola corrupción e todo nun ambiente salvaxe e non civilizado. Isto contrasta coa súa percepción máis positiva sobre Grecia e Europa Occidental como o centro da civilización e da vida ordenada noutros libros.[45][171] Con todo, a alteridade, ao manterse coa idea colonial do que era exótico presente na literatura occidental, desvanécese cada vez máis a medida que os personaxes recoñecen, mediante unha maior exposición co país, lazos coa cultura occidental.[171] A súa descrición de Romanía provocou que Fortunes of War fose prohibida por ser considerada «literatura sediciosa» polo goberno comunista do país.[45]

Xénero e feminismo[editar | editar a fonte]

Os libros de Manning non poden clasificarse facilmente como parte do canon feminista.[45][209] Aínda que a escritora apoiaba os dereitos da muller, en particular a remuneración idéntica polo mesmo traballo, non foi parte do movemento feminista; escribiu que «[as militantes] fan un espectáculo de si mesmas. Ningunha pode considerarse unha beleza. A maioría ten a cara como copos de avena».[210] Nos seus libros, Manning usa a palabra «feminino» nun sentido despectivo, e tende a asocialo coa autocompracencia, estupidez e astucia que considera propias do seu xénero,[45] e a realización para as mulleres represéntase mediante os roles convencionais de esposa, nai e todo o que corresponde só á esfera privada.[7] Elizabeth Bowen sinalou que Manning tivo «unha experiencia de vida case masculina» que influenciou as súas obras sobre mulleres e guerras.[166] Manning non se vía a si mesma como unha escritora, senón máis ben como un escritor que daba a casualidade de que era muller, e a principios da súa carreira ocultaba o seu xénero mediante a utilización de pseudónimos e iniciais.[211][212] Resultáballe máis fácil crear personaxes masculinos[212] e en xeral as súas novelas tendían a minimizar as diferenzas entre os xéneros, xa que escribía sobre xente en xeral no canto de sobre mulleres en particular.[209] Harriet Pringle, por exemplo, atravesa un proceso de autodescubrimiento e de fortalecemento como individuo sen demostrar unha solidariedade feminista particular cara ao seu sexo.[45] En The Doves of Venus (1960), baseado na amizade de Manning con Stevie Smith, os personaxes femininos mostran «o resentimento propio da década de 1950, máis a miúdo asociado cos homes novos».[166] Treglown fixo un comentario sobre a maneira en que os primeiros libros de Manning, polo xeral, aproximábanse de maneira directa ao sexo, a miúdo promovido polos personaxes femininos. A súa aproximación fíxose menos directa nos volumes posteriores, cunha descrición máis discreta do sexo, a sensualidade e a frustración sexual en Fortunes of War.[166][45] O crítico Richard Sugg interpretou que os personaxes femininos de Manning castigábanse a si mesmos por infrinxir as normas da sociedade sobre o seu xénero, por exemplo, por experimentar sentimentos eróticos.[213] Pola contra, Treglown expuxo a hipótese de que reflectían o loito de Manning polo seu fillo, falecido antes de nacer.[166]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Rose of Rubies (1929) – como Jacob Morrow
  • Here is Murder (1929) – como Jacob Morrow
  • The Black Scarab (1929) – como Jacob Morrow
  • The Wind Changes (1937)
  • Remarkable Expedition: The Story of Stanley's Rescue of Emin Pasha from Equatorial Africa (The Reluctant Rescue nos Estados Unidos) (1947)
  • Growing Up (1948)
  • Artist Among the Missing (1949)
  • The Dreaming Shore (1950)
  • School for Love (1951; publicado en España en 1952)[214]
  • A Different Face (1953)
  • The Doves of Venus (1955)
  • My Husband Cartwright (1956)
  • The Great Fortune (The Balkan Trilogy; 1960; foi publicado en España en 1961)[215]
  • The Spoilt City (The Balkan Trilogy; 1962)
  • Friends and Heroes (The Balkan Trilogy; 1965)
  • Colección Fortunes of War: the Balkan Trilogy (1981)
  • Extraordinary Cats (1967)
  • A Romantic Hero, and other stories (1967)
  • The Play Room (The Camperlea Girls nos Estados Unidos) (1969)
  • The Rain Forest (1974)
  • The Danger Tree (The Levant Trilogy; 1977)
  • The Battle Lost and Won (The Levant Trilogy; 1978)
  • The Sum of Things (The Levant Trilogy; 1980)
  • Antoloxía titulada Fortunes of War: the Levant Trilogy (1982)[216]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 Dick, Kay; rev. Taylor, Clare L. (2004). "Manning, Olivia Mary (1908-1980)". Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press. ISBN 9780198614111. doi:10.1093/ref:odnb/31408. Consultado o 22 de abril de 2010. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 58-59
  3. 3,0 3,1 Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 187-90
  4. 4,0 4,1 Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 125-7
  5. 5,0 5,1 Braybrooke & Braybrooke 2004, p. 164
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Bostridge, Mark (21 de novembro de 2004). Just say how much you admire me. Independent On Sunday. p. 31. 
  7. 7,0 7,1 7,2 DeCoste, Damon Marcel (2005). "The literary response to the Second World War". En Shaffer, Brian W. A Companion to the British and Irish Novel 1945–2000. Wiley-Blackwell. pp. 3–20. ISBN 1-4051-1375-8. 
  8. Algunhas fontes datan o seu ano de nacemento en 1911, posiblemente debido ós coñecidos problemas de Manning coa súa idade. A biografía de Braybrooke e Braybrooke e o Oxford Dictionary of National Biography dan a data como 1908. Braybrooke & Braybrooke 2004, p. 1
  9. Smith, Gordon. "Royal Navy casualties, killed and died, October 1941" (en inglés). Naval History. Consultado o 18 de xullo de 2010. 
  10. 10,0 10,1 Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 2-7
  11. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 5-9, 21-22
  12. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 10-13, 23
  13. Braybrooke & Braybrooke 2004, p. 24
  14. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 13-15
  15. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 15-20
  16. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 20, 24
  17. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 23-25
  18. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 26, 30
  19. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 28, 31-33
  20. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 1-2, 34
  21. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 42-4
  22. 22,0 22,1 Mr. Hamish Miles: Translator and Critic (Obituary). The Times. 29 de decembro de 1937. p. 12. 
  23. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 44-47
  24. 24,0 24,1 24,2 24,3 Spalding 1988, p. 106
  25. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 47-49
  26. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 1, 49
  27. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 49-50
  28. Miss Olivia Manning: Author of the 'Balkan Trilogy' (Obituary). The Times. 24 de xullo de 1980. p. 1. 
  29. 29,0 29,1 Braybrooke & Braybrooke 2004, p. 60
  30. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 49-51
  31. Braybrooke & Braybrooke 2004, p. 52
  32. Braybrooke & Braybrooke 2004, p. 45
  33. Braybrooke & Braybrooke 2004, p. 66
  34. 34,0 34,1 34,2 Barbera, Jack; McBrien, William (1985). Stevie, a biography of Stevie Smith. Londres: Heinemann. pp. 128-9. ISBN 0-434-44105-8. 
  35. 35,0 35,1 35,2 Spalding 1988, p. 107
  36. Braybrooke & Braybrooke 2004, p. 57
  37. 37,0 37,1 37,2 37,3 37,4 Meyers, Jeffrey (2001). Privileged Moments: Encounters with Writers. Madison: University of Wisconsin Press. p. 112. ISBN 0-299-16944-8. 
  38. 38,0 38,1 38,2 Cooper 1989, p. 154
  39. 39,0 39,1 39,2 Thomas, Jeanette; Harrison, B. (2004). "Smith, Reginald Donald (1914-1985)". Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press. ISBN 9780198614111. doi:10.1093/ref:odnb/65435. Consultado o 29 de decembro de 2008. 
  40. 40,0 40,1 40,2 40,3 Macintyre, Ben; Pavia, Will (3 de marzo de 2007). "The bumbling British hero who was a Communist 'spy'". The Times. 
  41. 41,0 41,1 41,2 41,3 Spalding 1988, p. 108
  42. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 59, 71
  43. 43,0 43,1 Federal Research Division (2004). Romania, A Country Study. Kessinger Publishing. pp. 79, 291–92. ISBN 1-4191-4531-2. 
  44. 44,0 44,1 44,2 44,3 44,4 Hopley, Claire (13 de agosto de 2000). War's ravaging of a troubled region. Washington Times. p. B7. 
  45. 45,0 45,1 45,2 45,3 45,4 45,5 45,6 45,7 45,8 Gavriliu, Eugenia (2001). "Gender influences on the construction of otherness in Olivia Manning's «The Balkan Trilogy»". Travel writing and the female imaginary. Biblioteca del Dipartimento di lingue e letterature straniere moderne dell’Università degli studi di Bologna 27. Bologna: Pàtron editore. pp. 75–90. ISBN 9788855526029. 
  46. 46,0 46,1 Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 76-78
  47. Braybrooke & Braybrooke 2004, p. 74
  48. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 71, 186
  49. 49,0 49,1 49,2 Hammond, Andrew (2004). The Balkans and the West: constructing the European other, 1945-2003. Ashgate Publishing. pp. 44–46, 54–55. ISBN 9780754632344. 
  50. 50,0 50,1 Boia, Lucian (2001). History and myth in Romanian consciousness. Central European University Press. p. 185. ISBN 9789639116979. 
  51. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 77, 81
  52. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 82-83
  53. Webb, Adrian Leonard (2008). "Vienna Award (Second)". The Routledge companion to Central and Eastern Europe since 1919. Nova Nueva York: Routledge. p. 333. ISBN 9780203928172. 
  54. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 78-80, 82-83
  55. 55,0 55,1 Braybrooke & Braybrooke 2004, p. 90
  56. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 92-93
  57. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 86-88
  58. Braybrooke & Braybrooke 2004
  59. Bowen 1995
  60. Braybrooke & Braybrooke 2004
  61. Braybrooke & Braybrooke 2004
  62. Bowen 1995, p. 39
  63. Cooper 1989, p. 77
  64. Cooper 1989
  65. Braybrooke & Braybrooke 2004
  66. Braybrooke & Braybrooke 2004
  67. Cooper 1989, p. 80
  68. Braybrooke & Braybrooke 2004
  69. Hastings, Max. The Second World War: A World in Flames. Osprey Publishing. ISBN 1-84176-830-8. 
  70. Braybrooke & Braybrooke 2004, p. 99
  71. Braybrooke & Braybrooke 2004, p. 100
  72. 72,0 72,1 Braybrooke & Braybrooke 2004, p. 104
  73. 73,0 73,1 73,2 Cooper 1989, p. 155
  74. Lawrence Durrell: A Biography. Londres: Faber & Faber. 1963. ISBN 9780571172481. 
  75. Braybrooke & Braybrooke 2004, p. 109
  76. Cooper 1989
  77. 77,0 77,1 Cooper 1989, p. 157
  78. Cooper 1989, p. 159
  79. Braybrooke & Braybrooke 2004, p. 110
  80. 80,0 80,1 80,2 80,3 Braybrooke & Braybrooke 2004
  81. 81,0 81,1 Cooper 1989, p. 158
  82. Cooper 1989
  83. Braybrooke & Braybrooke 2004
  84. 84,0 84,1 Cooper 1989, p. 156
  85. Braybrooke & Braybrooke 2004, p. 106
  86. Barbera; McBrien. Stevie, a biography of Stevie Smith. Londres: Heinemann. ISBN 0-434-44105-8. 
  87. Braybrooke & Braybrooke 2004, p. 66
  88. Spalding 1988, p. 109
  89. Hamilton. The Oxford companion to twentieth-century poetry in English. Oxford: Oxford University Press. ISBN 0-19-866147-9. 
  90. Bergonzi (1993). Wartime and aftermath: English literature and its background, 1939–60. Oxford: Oxford University Press. ISBN 0-19-289222-3. 
  91. Butler. "Egypt: Constructed Exiles of the Imagination". Contested Landscapes: Movement, Exile and Place. Oxford, UK: Berg Publishers. ISBN 1-85973-467-7. 
  92. 92,0 92,1 92,2 92,3 92,4 92,5 Patten (2007). "Olivia Manning, Imperial Refugee". That Island Never Found. Four Courts Press. ISBN 978-1-84682-072-4. 
  93. Bowen 1995
  94. Lawrence Durrell: A Biography. Londres: Faber & Faber. 1963. ISBN 9780571172481. 
  95. Braybrooke & Braybrooke 2004
  96. 96,0 96,1 Cooper 1989, p. 200
  97. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 113
  98. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 113-18
  99. 99,0 99,1 Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 118-19
  100. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 119-21
  101. Braybrooke & Braybrooke 2004, p. 122
  102. Braybrooke & Braybrooke 2004, p. 126
  103. Braybrooke & Braybrooke 2004, p. 167
  104. Braybrooke & Braybrooke 2004, p. 129
  105. 105,0 105,1 Collins, Jean (19 de xaneiro de 1986). Dr. Pasha, Our Stanley Presumes. San Francisco Chronicle. p. 8. 
  106. 106,0 106,1 Braybrooke & Braybrooke 2004, p. 130
  107. Braybrooke & Braybrooke 2004, p. 133
  108. Braybrooke & Braybrooke 2004, p. 162
  109. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 128, 133
  110. 110,0 110,1 110,2 Foster, Roy (15 de abril de 2005). "Friendly disdain". Financial Times. Consultado o 24 de abril de 2010. 
  111. Braybrooke & Braybrooke 2004, p. 242
  112. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 168, 201-2, 236
  113. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 137-9, 164
  114. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 142-43, 170, 252-3
  115. Braybrooke & Braybrooke 2004, p. 17
  116. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 139-40
  117. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 145-47
  118. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 151, 169-70
  119. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 153-54
  120. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 155-57, 168, 223
  121. Spalding 1988, p. 105
  122. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 157-59
  123. Spalding 1988, pp. 194-195
  124. 124,0 124,1 Spalding 1988, p. 196
  125. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 228-231
  126. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 228-31
  127. Braybrooke & Braybrooke 2004, p. 202
  128. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 202-04
  129. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 159-62, 221
  130. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 164-65
  131. 131,0 131,1 Barbera, Jack; McBrien, William (1985). Stevie, a biography of Stevie Smith. Londres: Heinemann. p. 160. ISBN 0-434-44105-8. 
  132. 132,0 132,1 Steinberg 2005, p. 89
  133. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 66-69, 166
  134. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 173-76
  135. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 177, 199, 201
  136. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 178-79
  137. Braybrooke & Braybrooke 2004, p. 182
  138. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 183-87
  139. Braybrooke & Braybrooke 2004, p. 199
  140. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 199-200, 206-09
  141. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 212-14
  142. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 232-36
  143. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 215-19
  144. Braybrooke & Braybrooke 2004, p. 219
  145. Braybrooke & Braybrooke 2004, p. 246
  146. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 246-8
  147. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 248-49
  148. Cooper 1989, pp. 159-60
  149. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 249-50
  150. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 159, 162
  151. Braybrooke & Braybrooke 2004, p. 262
  152. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 251-54
  153. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 139-140
  154. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 243-44
  155. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 140, 26
  156. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 256-58
  157. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 267-69
  158. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 269-74, 280-282
  159. Braybrooke & Braybrooke 2004, p. 270
  160. Nye, Robert (13 de novembro de 2004). Misery loves herself. The Scotsman. p. 10. 
  161. Cooper 1989, p. 160
  162. Olivia Manning. Bowker's Global Books in Print. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2009. Consultado o 25 de abril de 2010. 
  163. Olivia Manning. WorldCat. Consultado o 25 de abril de 2010. 
  164. Hensher, Philip (30 de outubro de 2004). The lady's not for exhuming. The Spectator. pp. 46–47. 
  165. Stevenson, Randall (1993). A reader's guide to the twentieth-century novel in Britain. University Press of Kentucky. p. 91. ISBN 9780813108230. 
  166. 166,00 166,01 166,02 166,03 166,04 166,05 166,06 166,07 166,08 166,09 166,10 166,11 166,12 166,13 Treglown, Jeremy (2007). "Olivia Manning and her Masculine Outfit". British Fiction After Modernism: The Novel at Mid-Century. Basingstoke: Palgrave Macmillan. pp. 145-156. ISBN 1-4039-8642-8. 
  167. 167,00 167,01 167,02 167,03 167,04 167,05 167,06 167,07 167,08 167,09 Salmon, Mary (outono de 1986) «Nowhere to Belong the Fiction of Olivia Manning.» En The Linen Hall Review, volume 3, número 3, pp. 11-13. JSTOR. Consultado o 27 de abril de 2015.
  168. Steinberg 2005, p. 120
  169. Clark, Alex (31 de outubro de 2004). A craving for fame. Sunday Times. p. 49. 
  170. 170,0 170,1 170,2 Morris, Robert K. (1987). "Olivia Manning's Fortunes of War: Breakdown in the Balkans, Love and Death in the Levant". En Biles, Jack. British novelists since 1900. New York: AMS Press. pp. 233-252. ISBN 0-404-63201-7. 
  171. 171,0 171,1 171,2 171,3 171,4 Godeanu, Oana (2005). The Construction of Exoticism in Olivia Manning's Balkan Trilogy: An Imagological Approach (PDF). British and American Studies 11. pp. 199–210. Consultado o 21 de febreiro de 2022. 
  172. 172,0 172,1 Bowker, Gordon (2 de decembro de 2004). Bringing a reputation in from the cold. The Independent. p. 37. 
  173. 173,0 173,1 173,2 173,3 Meyers, Jeffrey (setembro de 2009). The play's the thing. The New Criterion 28. pp. 22–27. 
  174. 174,0 174,1 174,2 174,3 Patten, Eve (4 de decembro de 2004). Skepticism with a historic purpose. Irish Times. p. 13. 
  175. Lassner 2004, p. 38
  176. Sheldon, Sayre P. (1999). Her war story: twentieth-century women write about war. Carbondale: Southern Illinois University Press. pp. 148–156. ISBN 0-8093-2246-3. 
  177. Richler, Mordecai (1993). Writers on World War II: an anthology. Vintage. pp. 59–62. ISBN 0-09-922581-6. 
  178. 178,0 178,1 Steinberg 2005, pp. 90-93, 120
  179. Hartley 1997, p. 185
  180. Piette, Adam (2004). Marcus, Peter; Nicholls, eds. The Cambridge history of twentieth-century English literature. Cambridge, UK: Cambridge University Press. pp. 431–32. ISBN 0-521-82077-4. OCLC 186361607. 
  181. Hartley 1997, pp. 181-3
  182. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 128-29
  183. Drabelle, Dennis (21 de outubro de 1985). Pasha, I presume. Washington Post. 
  184. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 149-50
  185. Meaney, Geraldine (2002). "Identity and Opposition: Women's writing, 1890–1960". En Bourke, Angela. The Field day anthology of Irish writing: Irish women's writing and traditions V. New York University Press. p. 979. 
  186. Hooper, Glenn (2001). The tourist's gaze: travellers to Ireland, 1800–2000. Cork University Press. pp. 181–82, 205–207. ISBN 9781859183236. 
  187. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 64-65
  188. Braybrooke & Braybrooke 2004, pp. 131-33, 199-201
  189. Lassner 2004, p. 32
  190. 190,0 190,1 190,2 190,3 Lewis, Nancy (1995). Lawrence Durrell and Olivia Manning: Egypt, War, and Displacement 4. Deus Loci: the Lawrence Durrell Journal. pp. 97–104. 
  191. Hartley 1997, pp. 182-3
  192. Hartley 1997, pp. 182-3, 185, 191-2
  193. Lassner 1998, p. 194
  194. Braybrooke & Braybrooke 2004, p. 248
  195. Hartley 1997, pp. 192, 196
  196. Lassner 2004, pp. 2-4, 7, 18-23, 33
  197. Steinberg 2005, p. 109
  198. Steinberg 2005, p. 108
  199. Steinberg 2005, pp. 100-106
  200. Lassner 1998, pp. 233-34
  201. Steinberg 2005, pp. 96-100
  202. Lassner 2004, p. 39
  203. Lassner 2004, pp. 36-37, 40
  204. Lassner 2004, pp. 33-34
  205. Lassner 2004, pp. 19-28
  206. Steinberg 2005, pp. 89-90
  207. Rossen, Janice (2003). Women writing modern fiction: a passion for ideas. Basingstoke: Palgrave Macmillan. p. 28. ISBN 0-333-61420-8. 
  208. Hartley 1997, p. 181
  209. 209,0 209,1 Rossen, Janice (2003). Women writing modern fiction: a passion for ideas. Basingstoke: Palgrave Macmillan. pp. 11-14. ISBN 0-333-61420-8. 
  210. Braybrooke & Braybrooke 2004, p. 169
  211. Braybrooke & Braybrooke 2004, p. 143
  212. 212,0 212,1 Chamberlain, Lesley (24 de decembro de 2004). Stuck in the Balkans. Times Literary Supplement. p. 12. 
  213. Sugg, Richard P. (1992). Jungian literary criticism. Evanston, Ill: Northwestern University Press. p. 161. ISBN 0-8101-1017-2. 
  214. Foi publicado co título Escuela de amor pola editorial Ahr. "Escuela de Amor, libro de Olivia Manning". Price Minister. Consultado o 23 de xullo de 2010. [Ligazón morta]
  215. En España foi publicado co título La gran fortuna por Plaza y Janés. "La gran fortuna". Google Books. Consultado o 23 de xullo de 2010. [Ligazón morta]
  216. Bourke, Angela (ed.). "Olivia Manning". The Field day anthology of Irish writing: Irish women's writing and traditions V. New York University Press. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]