Illa de Wight
| Wight | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
|||||
| Localización | |||||
|
[[]] |
|||||
| Datos | |||||
| Capital | Newport | ||||
| País | Inglaterra | ||||
| Linguas | |||||
| Poboación (2005) | 140.000 hab. | ||||
| Superficie | 380´00 km² | ||||
| Densidade | 368 hab./km² | ||||
| Concellos | |||||
| Coordenadas | 50°40′51″N 1°16′51″W / 50.68083°N 1.28083°W | ||||
| Maior Altura | |||||
A Illa de Wight é un condado insular situado na costa sur de Inglaterra, fronte á cidade de Southampton. Coloquialmente é coñecida como "A illa" (The island) polos seus habitantes. A súa poboación no ano 2003 era de 136.252 habitantes.
A illa de Wight é o único distrito unitario de Inglaterra que ten status de condado. Ten un único representante no Parlamento.
Historia [editar]
A maioría do territorio que compón a illa de Wight foi depositado durante o Cretáceo tardío, como parte do longo val fluvial en que consistía o que hoxe en día é a costa sur de Inglaterra. Os pantanos da rexión serviron para conservar fósiles. Por iso, a illa converteuse nunha das localizacións europeas máis interesantes para atopar restos de dinosauros.
A illa de Wight converteuse en illa nalgún momento da última idade de Xeo cando a crecida do mar separou a illa do continente. A illa formou parte da britania celta. Os romanos chamárona Vectis. Foi conquistada por Vespasiano durante a invasión romana. Logo dos romanos, a illa estivo ocupada polos jutos, unha tribo xermánica, ao comezo das invasións anglosaxoas.
Durante a conquista normanda fundouse o Castelo de Carisbrooke. A illa non volveu estar baixo o completo control da coroa ata que no ano 1293 foi vendida ao rei Eduardo I.
Henrique VIII fortificou a illa utilizando material procedente de antigos mosteiros. Sir Richard Worsley, capitan da illa, capitaneou a resistencia do último ataque francés no ano 1545.
Entre 1597 e 1602 construíronse as fortificaciones exteriores do castelo de Carisbrooke. Durante a guerra civil inglesa, o rei Carlos fuxiu cara á illa de Wight crendo que sería ben acollido polo gobernador Robert Hammond. Con todo, Hammond ordenou encarcerlar ao rei no castelo de Carisbrooke.
A raíña Vitoria fixo de Osborne House a súa residencia estival. Iso converteu a illa no principal lugar de vacacións para a realeza europea.
Lugares de interese [editar]
- As rocas chamadas The Needles
- O castelo de Carisbrooke
- Osborne House, residencia de verán da raiña Vitoria.
- O castelo de Yarmouth
|
|||||||
