Ovni
Un obxecto voante non identificado (abreviado comunmente como ovni) (
pronunciación (axuda · info)) é calquera obxecto, real ou aparente, e en principio autopropulsado polo aire, que non pode ser identificado polo observador e que permanece sen identificar despois dunha determinada investigación.
Recóllense avistamentos de fenómenos aéreos inusuais dende tempos antigos, pero o termo ovni, non apareceu ata 1947. Dende aquela, moitas persoas aseguran ter visto algún "ovni", ao que se lle atribúen significados militares ou extraterrestres. A existencia de ovnis e o conxunto de estudos que fan referencia a eles (a ufoloxía) son amplamente negados pola comunidade científica.
Na cultura popular en todo o mundo úsase xeralmente o termo "ovni" para referirse a calquera hipotética nave extraterrestre, aínda que a expresión en si mesma, realmente non define a natureza do fenómeno. As expresións «platillo voante» ou «platillo voador» tamén son usadas para describir aos ovnis.
Índice |
[editar] Investigación
[editar] Clasificación
As reclamacións de supostos ovnis déronse en moi diversas situacións: dalgunhas delas redactáronse informes; doutras ademais existen testemuños de vídeo e fotografías, na maior parte das ocasións suxeitas a polémica sobre a súa autenticidade. Pola súa forma de presentación tense realizado esta clasificación.
- Pantasmas de combate:
- (en inglés, foo fighter). A súa orixe remóntase á Segunda Guerra Mundial, cando pilotos combatentes de ámbolos bandos observaron determinados obxectos voantes non eran detectados polos radares. Observáronse como pequenas luces, aparentemente con masa, aínda que nalgún dos casos as pequenas luces cruzaban do exterior ao interior das cabinas dos pilotos. O seu tamaño, segundo os informes, ía desde os 10 centímetros ata os 5 metros, e foron descritas como bólas incandescentes. Na actualidade considérase que estes obxectos eran, en realidade, raios globulares.
- Esfera:
- Fenómeno onde se observan presuntamente corpos sólidos e opacos, aínda que se teñen citado avistamentos de esferas translúcidas ou luminosas, ríxidas ou flexibles.
- Disco:
- Fenómeno onde o obxecto tería unha forma plana, ás veces avultada no centro; serían luminosos ou presentarían un brillo metálico.
- Charuto:
- Fenómeno de forma cilíndrica ou similar, de gran tamaño (maior cás formas xa descritas), alongada e luminosa, aínda que tamén se describiu sen luminosidade nin brillo.
- Verme:
- Fenómeno de forma alongada con aparencia tubular, cun movemento aparentemente similar ao dos vermes. Entre os ufólogos é coñecido como 'Rod' ou 'EBANI' (Entidade Biolóxica Anómala Non Identificada). Tense dito que expulsan obxectos esféricos na atmosfera.
- Triángulo ou delta:
- Fenómeno de forma triangular, xeralmente con luz en cada un dos vértices. A maioría dos investigadores atribúen a súa orixe a aeronaves terrestres de carácter experimental ou secreto, descoñecidas para o mundo civil.
[editar] Sistemas de identificación
Os indicios da presunta existencia deste fenómeno chegan fundamentalmente a través de tres vías.
- Radar
- Probas fotográficas: fotos, películas e vídeos, ás que non sempre se lles atopou explicación.
- Perturbacións gravadas gravimétricas e magnéticas.
[editar] Ovnis en Galicia
O primeiro suposto avistamento de ovnis en Galicia remóntase ao 15 de outubro de 1945, cando un obxecto houbo de sobrevoar a zona dos Cantóns coruñeses e foi enxergado por un matrimonio. Porén, a etapa onde se rexistra un maior número de avistamentos comeza en 1995, cun avistamento no cuartel militar de Garabolos, ao norte da cidade de Lugo. Entre novembro de 1995 e o verán de 1996 rexístranse ducias de presuntos avistamentos en Galicia, en particular nas provincias de Lugo e da Coruña.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Conspiración. Web e foros sobre o fenómeno ovni (en castelán)
- Ufoevidence (en inglés)
- Escalofrío: OVNIs (en castelán)
- Imaxes do "Google Maps" de posibles "ovnis"
- O inexplicable: ovni (en castelán)
- Magonia: unha mirada crítica aos fenómenos supostamente paranormais (en castelán)
- Sitio que ofrece unha visión crítica do fenómeno ovni e dos seus promotores, como Jaime Maussan (en castelán)
- Formacións ovni (en castelán)
- Ovnis México - Sitio web dedicado á investigación do fenómeno ovni e temas do paranormal (en castelán)
- Jacques Vallee: Passport to Magonia - Section, "50 Years of UFO Landings (1868-1968)" (en castelán)
- Bloc do CEI Noticias sobre o mundo ovni, especialmente de avistamientos en España (en catalán)