Ion Antonescu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ion Antonescu
Ion antonescu.png
Ion Victor Antonescu
Primeiro Ministro de Romanía
Período: 5 de setembro de 1940 - 23 de agosto de 1944
Antecesor: Ion Gigurtu
Sucesor: Constantin Sănătescu
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 15 de xuño de 1882
Lugar: Piteşti, Romanía Flag of Romania.svg
Falecemento: 1 de xuño de 1946
Lugar: Jilava, Romanía Flag of Romania.svg
Organización: Ningún (Boas relacións coa Garda de Ferro)
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: {{{cónxuxe}}}
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s): foi tamén Condučator de Romanía (1940 - 1944)
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: Militar e político
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

Ion Victor Antonescu, nado o 15 de xuño de 1882 en Piteşti e finado o 1 de xuño de 1946 en Jilava, foi o primeiro ministro e conducător de Romanía do 4 de setembro de 1940 ó 23 de agosto de 1944.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na Primeira Guerra Mundial foi o axudante do xefe do exército romanés Constantin Preza, e foi o arquitecto da defensa de Moldavia fronte ós alemáns que xa conquistaran o resto do país. Recibiu condecoracións militares durante esta guerra e durante a Segunda Guerra dos Balcáns, onde gañou o alcume Câinele roşu (can vermello).

De 1922 a 1926, foi o agregado militar en Francia e Reino Unido de Romanía. Ó seu regreso, dirixiu a Şcoala Superioară de Război (Escola Superior de Guerra), foi Xefe do Estado Maior entre 1933 e 1934 e ministro de defensa entre 1937 e 1938. En 1940, o rei Carol II o nomea Primeiro Ministro, ós dous días obrigou ó rei a traspasarlle os poderes da xefatura do estado e nomeouse conducator (líder). Máis tarde, a URSS conquista Besarabia e o norte de Bucovina. O 30 de agosto de 1940, Hungría anexionábase a parte norte de Transilvania.

Para recupera-los territorios tomados polos soviéticos, Antonescu fixo un pacto con Alemaña. Tamén, aproximouse ó partido fascista romanés (a Garda de Ferro) e ofreceulles carteiras ministeriais (15 de setembro de 1940). Antonescu quixo logo ter baixo o seu mando á Garda de Aceiro, cuxas actividades antisemitas e paramilitares danaban a autoridade do estado. Ese período foi chamado Estado Nacional-Lexionario (Statul naţional-legionar), pero as esixencias dos fascistas ían a máis e finalmente a Garda sublevouse o 21 de xaneiro de 1941. Antonescu esmagou a rebelión, ilegalizou ó partido fascista e meteu presos ós seus dirixentes.

Romanía participou xunto con Alemaña, Bulgaria e Hungría na operación Barbarroxa. Recuperou os territorios roubados pola URSS e seguiu avanzando en territorio ruso. Capturou Odessa (onde tivo lugar a masacre de Odessa baixo orde de Antonescu). Pero o revés da guerra rematou por elevar as voces disidentes e os partidos tradicionais propuxeron un novo líder (o fillo do rei Carol) e arrestaron a Antonescu.

En maio de 1946, o Tribunal Popular de Bucarest, xa en mans soviéticas, atopouno culpable de crimes contra a paz por colaborar cos nazis. Foi executado o 1 de xuño de 1946.

Holocausto[editar | editar a fonte]

Ion Antonescu canda Adolf Hitler

Entre 280.000 e 380.000 xudeus romaneses foron asasinados en campos de concentración, asasinatos públicos, fame, enfermidades co coñecemento da autoridade executiva dirixida por Ion Antonescu. Outras minorías como os ciganos tamén foron represaliadas igual que se fora territorio ocupado polas SS.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ion Antonescu