Graham Greene

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

.

Non se debe confundir con Graham Greene (actor).
Tumba de Graham Greene

Graham Greene, nado en Berkhamsted (Hertfordshire) o 2 de outubro de 1904 e finado en Vevey (Suíza) o 3 de abril de 1991, foi un escritor e xornalista inglés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun director de escola, tivo unha mocidade difícil con varias tentativas de suicidio. Estudou en Oxford e tras graduarse traballou como xornalista, primeiro en Nottingham e logo foi redactor xefe de The Times (1926-1930), tras coñecer a Vivien Greene converteuse ao catolicismo e o feito relixioso condicionou as súas novelas. En 1941 ingresou no Foreign Office e foi recrutado polo M16, a axencia de espionaxe británica. Durante a Segunda Guerra Mundial estivo destinado en Serra Leoa. En 1954 foi correspondente de prensa en Indochina.

O estilo das súas novelas é contemporáneo e realista, os seus personaxes aparecen atormentados pola dúbida e marcados por unha vida desarraigada e miserable.

Obra[editar | editar a fonte]